John Coltrane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
John Coltrane
John Coltrane in 1963.jpg
John Coltrane en 1963
Nacemento23 de setembro de 1926
 Hamlet, Carolina do Norte, EUA
Falecemento17 de xullo de 1967 (40 anos)
 Huntington Nova York, EUA
CausaCancro hepático
SoterradoPinelawn Memorial Park
NacionalidadeEstadounidense
EtniaAfroamericano
Alma máterCombs College of Music e William Penn High School
OcupaciónMúsico, compositor
CónxuxeAlice Coltrane
FillosRavi Coltrane
Coñecido porA Love Supreme, Giant Steps, Giant Steps, My Favorite Things, Naaima, Ascension, Coltrane changes e Sheets of sound
PremiosGrammy á carreira artística, 100 Greatest African Americans, Prémio Pulitzer de Música e North Carolina Music Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]
A casa de John Coltrane en Filadelfia

John William Coltrane, nado en Hamlet (Carolina do Norte) o 23 de setembro de 1926 e finado en Nova York o 17 de xullo de 1967, de alcume Trane, foi un saxofonista e compositor de jazz estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que existen gravacións súas dende 1946, a carreira discográfica de Coltrane non comezou ata 1955. De 1957 en adiante gravou e produciu ducias de álbums, moitos deles non editados até anos despois da súa morte.

Foi un dos músicos máis influentes da historia do jazz. Reformulou o jazz moderno e foi a principal influencia das sucesivas xeracións de saxofonistas. Xunto cos saxofonistas tenores Coleman Hawkins, Lester Young e Sonny Rollins, alterou fondamente a linguaxe do instrumento.

Morreu de cancro de fígado aos 40 anos o 17 de xullo de 1967 no hospital Huntington de Long Island. O seu funeral tivo lugar catro días despois na igrexa luterana de San Pedro, na cidade de Nova York. O servizo foi iniciado polo Albert Ayler Quartet e rematado polo Ornette Coleman Quartet. Foi inhumado no cemiterio Pinelawn en Farmingdale, Nova York.

Discografía seleccionada[editar | editar a fonte]

Con Prestige e Blue Note[editar | editar a fonte]

  • Coltrane (1957)
  • Blue Train (1958)
  • John Coltrane with the Red Garland Trio (1958)
  • Soultrane (1958)

Con Atlantic[editar | editar a fonte]

  • Giant Steps (1960)
  • Coltrane Jazz (1961)
  • My Favorite Things (1961)
  • Olé Coltrane (1961)

Con Impulse![editar | editar a fonte]

  • Africa/Brass (1961)
  • Live! at the Village Vanguard (1962)
  • Coltrane (1962)
  • Duke Ellington & John Coltrane (1963)
  • Ballads (1963)
  • John Coltrane and Johnny Hartman (1963)
  • Impressions (1963)
  • Live at Birdland (1964)
  • Crescent (1964)
  • A Love Supreme (1965)
  • The John Coltrane Quartet Plays (1965)
  • Ascension (1966)
  • New Thing at Newport (1966)
  • Meditations (1966)
  • Live at the Village Vanguard Again! (1966)
  • Kulu Sé Mama (1967)
  • Expression (1967)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]