Ray Bradbury

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ray Bradbury
Nome completoRaymond Douglas Bradbury
AlcumeElliott, William
Nacemento22 de agosto de 1920
Lugar de nacementoWaukegan
Falecemento5 de xuño de 2012 e 6 de xuño de 2012
Lugar de falecementoOs Ánxeles
SoterradoWestwood Village Memorial Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónUnitário-Universalismo
Alma máterLos Angeles High School
Ocupaciónguionista, poeta, escritor, prosista, novelista, escritor de ciencia ficción e dramaturgo
PaiPoni Adams
CónxuxeMarguerite Bradbury
FillosBettina F. Bradbury
Coñecido porFahrenheit 451
PremiosPrometheus Award - Hall of Fame, World Fantasy Award for Life Achievement, Bram Stoker Award for Lifetime Achievement, First Fandom Hall of Fame award, Helmerich Award, Prémio Pulitzer Honorário de Citação, Ross Macdonald Literary Award, Valentine Davies Award, World Horror Convention Grand Master Award, Damon Knight Memorial Grand Master Award, Inkpot Award, Comendador das Artes e as Letras, National Medal of Arts, Premios Emmy, Sir Arthur Clarke Award, California Library Hall of Fame, Science Fiction and Fantasy Hall of Fame, Premio Hugo ó mellor relato curto, Premio Hugo á mellor novela, Geffen Award, star on Hollywood Walk of Fame, Ordre des Arts et des Lettres, Retro Hugo Award for Best Novel e The George Pal Memorial Award
Na rede
https://raybradbury.com
IMDB: nm0001969 Allocine: 52665 Allmovie: p7905
Bitraga: 1239 Musicbrainz: 6b9750c5-04c3-45b4-aef2-55b8c957a923 Discogs: 29785 WikiTree: Bradbury-980 Find a Grave: 20679865 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ray Douglas Bradbury, nado en Waukegan (Illinois) o 22 de agosto de 1920 e finado o 6 de xuño de 2012[1], foi un escritor estadounidense de ciencia ficción e de misterio. Deuse a coñecer polos seus relatos breves de ciencia ficción, que deron lugar á colección de Crónicas marcianas publicadas en 1950. É coñecido sobre todo pola súa novela Fahrenheit 451 na que se describe un mundo no que os libros están prohibidos e o pensamento crítico é perseguido.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo de nai sueca e pai americano. O seu avó e bisavó foran editores de xornais. Dende pequeno revelouse como un ávido lector e incipiente escritor. Os seus primeiros dous libros Dandelion Wine e Something Wicked This Way Comes representan a cidade de Waukegan como "unha vila verde" e son autobiográficos. A familia de Bradbury viviu en Tucson (Arizona) dende 1926 a 1927 e dende 1932 a 1933, retornando sempre a Waukegan. Finalmente trasladáronse aos Ánxeles (California) en 1934 cando tiña 13 anos.

Estudou ata bacharelato nesta cidade pero decidiu non ir á universidade. Para vivir tivo que dedicarse a vender periódicos, formándose a si mesmo nos lugares dos que sempre máis gustou, as bibliotecas. Influenciado polos heroes de ciencia ficción como Flash Gordon e Buck Rogers, Bradbury comezou a publicar contos de ciencia ficción en fancines en 1938. A escribir como medio de vida dedicouse dende 1942. O seu primeiro libro, a colección Dark Carnival, foi publicado en 1947. Casou con Marguerite McClure en 1947, e ten 4 fillas.

Obra[editar | editar a fonte]

Adaptacións cinematográficas[editar | editar a fonte]

Os filmes Chegou do espazo exterior (1953) de Jack Arnold, Fahrenheit 451(1966) de François Truffaut, e O ruído do trono (2005) de Peter Hyams están baseados nos textos homónimos de Ray Bradbury.

Notas[editar | editar a fonte]