Cormac McCarthy
(1973) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Charles Joseph McCarthy Jr. 20 de xullo de 1933 Providence (Estados Unidos de América) |
Morte | 13 de xuño de 2023 (89 anos) Santa Fe (Estados Unidos de América) |
Lugar de sepultura | valor descoñecido |
Residencia | Santa Fe (2001–2023) El Paso (1983–2001) Knoxville (pt) (1981–) Santa Fe (1980–) Lexington (1979–1980) Nashville (1978–1979) Tucson (1977–1977) El Paso (1977–1977) Rockford (pt) (–1971) Louisville (pt) (1971–1977) Eivisa (1966–) París (–1966) Knoxville (pt) (–1965) Irlanda (1965–) Condado de Sevier (pt) (–1964) Asheville (1964–) Knoxville (pt) (1962–) Chicago (1960–1962) Knoxville (pt) (1957–1960) Knoxville (pt) (1937–1953) Providence (1933–1937) Alasca Nova Orleáns Washington, D.C. |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Knoxville Catholic High School (en) - diploma de escola secundaria (valor descoñecido–1951) Universidade do Tennessee (pt) - Artes liberais (1951–1953) |
Actividade | |
Campo de traballo | Drama, Prosa, guión cinematográfico e filme |
Ocupación | novelista, guionista de cinema, escritor, dramaturgo, guionista |
Período de actividade | 1965 - 2022 |
Empregador | Santa Fe Institute (pt) |
Membro de | |
Influencias | |
Representante | Amanda Urban (en) |
Carreira militar | |
Rama militar | Forza Aérea dos Estados Unidos de América |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Pai | Charles J. McCarthy |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | The Cormac McCarthy Journal (en) |
Sitio web | cormacmccarthybooks.com |
sen valor |
Charles McCarthy,[1] nado en Providence (Rhode Island) o 20 de xullo de 1933 e finado en Santa Fe (Novo México) o 13 de xuño de 2023, foi un escritor estadounidense, coñecido como Cormac McCarthy.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Rhode Island, en 1937 mudouse coa súa familia a Knoxville, onde o seu pai traballaba como avogado para Tennessee Valley Authority.[2] Ingresou na Universidade de Tennessee (1951-52 e 1957-59) mais non chegou a graduarse. Durante os anos de universidade publicou os seus dous primeiros relatos.
En 1961 casou coa súa compañeira Lee Holleman, coa que tivo un fillo, Cullen. Mentres Lee estaba a coidar do neno, McCarthy pediulle que buscase un traballo para que el se puidese dedicar plenamente á literatura. Consternada coa situación, Lee marchou a Wyoming, onde solicitou o divorcio e conseguiu emprego como mestra.[3]
A primeira novela de McCarthy, The Orchard Keeper, foi publicada por Random House en 1965. Ese verán embarcou no Sylvania para visitar Irlanda e alí coñeceu a Anne DeLisle, que traballaba no barco de cantante e coa que casou en Inglaterra en 1966. Ese mesmo ano recibiu unha bolsa da Rockefeller Foundation que empregou en viaxar polo sur de Europa ata chegar a Eivisa, onde escribiu a súa segunda novela, Outer Dark. Despois regresou aos Estados Unidos e a novela foi publicada en 1968 con boas críticas.[4]
En 1969 o matrimonio mudouse a Louisville, Tennessee, e compraron un pendello que McCarthy restaurou.[4] Alí escribiu Child of God, baseada en sucesos reais, publicada en 1973. En 1976 separouse de Anne e mudouse a El Paso, Texas e en 1979 publicou a súa novela Suttree, que levaba sendo escrita desde había vinte anos.
Cos cartos do MacArthur Fellows Program (1981) escribiu a novela Blood Meridian, publicada en 1985. Unha enquisa a escritores feita en 2006 por The New York Times Magazine para escoller as mellores novelas estadounidenses dos vinte e cinco anos anteriores incluíuna como a terceira, tras Beloved, de Toni Morrison e Underworld, de Don DeLillo. En 1992 recibiu o National Book Award e o National Book Critics Circle Award por All the Pretty Horses. A novela de 2006 A estrada foi recoñecida internacionalmente e gañou o premio Pulitzer.
Celoso da súa intimidade deu a súa primeira entrevista televisiva o 5 de xuño de 2007 no programa The Oprah Winfrey Show, despois de que a súa presentadora Oprah Winfrey escollese a novela A estrada como o libro do seu club de lectura para abril de 2007.[5] En outubro dese ano a revista Time publicou unha conversa entre McCarthy e os irmáns Coen sobre a adaptación da novela No Country for Old Men.[6]
Obra
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- The Orchard Keeper (1965) ISBN 0-679-72872-4
- Outer Dark (1968) ISBN 0-679-72873-2
- Child of God (1973) ISBN 0-679-72874-0
- Suttree (1979) ISBN 0-679-73632-8
- Blood Meridian (1985) ISBN 0-679-72875-9
- All the Pretty Horses (1992) ISBN 0-679-74439-8
- The Crossing (1994) ISBN 0-679-76084-9
- Cities of the Plain (1998) ISBN 0-679-74719-2
- No Country for Old Men (2005) ISBN 0-375-70667-4
- A estrada (2006) ISBN 0-307-38789-5
Relatos
[editar | editar a fonte]Guións
[editar | editar a fonte]- The Gardener's Son (1976) ISBN 0-88001-481-4
- The Sunset Limited (2011)
- The Counselor (2013)[9]
Obras teatrais
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Don Williams. New Millennium Writings, ed. "Cormac McCarthy Crosses the Great Divide". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2014.
- ↑ Cormac McCarthy Society (ed.). "Cormac McCarthy: A Biography". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2012. Consultado o 27 de abril de 2012.
- ↑ "Obituary: Lee McCarthy". The Bakersfield Californian. 29 de marzo de 2009.
- ↑ 4,0 4,1 Arnold, Edwin (1999). University Press of Mississippi, ed. Perspectives on Cormac McCarthy. ISBN 1-57806-105-9.
- ↑ [1] (ed.). "Your Reader's Guide to The Road". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2008. Consultado o 14 de xullo de 2014.
- ↑ "A conversation between author Cormac McCarthy and the Coen Brothers, about the new movie No Country for Old Men". Time. 18 de outubro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2012. Consultado o 14 de xullo de 2014.
- ↑ [The Phoenix, October 1959, pp. 3–6]
- ↑ [The Phoenix, March 1960, pp. 3–4]
- ↑ Author Cormac McCarthy Sells His First Spec Script THE COUNSELOR
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Cormac McCarthy Society Arquivado 17 de xullo de 2009 en Wayback Machine.
- Etnrevista en The New York Times (1992).
- Southwestern Writers Collection en Witliff Collection, Texas State University
- Science Friday – Connecting Science and Art – Diálogo entre McCarthy, Werner Herzog e Lawrence Krauss (8 de abril de 2011).
- Luce, Dianne C. (26 de outubro de 2011). University Press (UP) of Mississippi and The Cormac McCarthy Society, ed. "Cormac McCarthy: A Bibliography" (PDF). Perspectives on Cormac McCarthy (Southern Quarterly Series). Consultado o 11 de xullo de 2013.
- Cormac McCarthy