Carl Sandburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carl Sandburg
Carl Sandburg NYWTS.jpg
Nacemento6 de xaneiro de 1878
 Galesburg
Falecemento22 de xullo de 1967
 Flat Rock
SoterradoCarl Sandburg Birthplace Historic Site
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enLombard College
Ocupaciónpoeta, musicólogo, historiador, novelista, escritor, guionista, xornalista, biógrafo, sindicalista e escritor de literatura infantil
PremiosPrémio Pulitzer de História, Medalla Presidencial da Liberdade e Prémio Pulitzer de Poesia
editar datos en Wikidata ]

Carl August Sandburg, nado en Galesburg, Illinois o 6 de xaneiro de 1878 e finado en Flat Rock, Carolina do Norte o 22 de xullo de 1967 foi un poeta, escritor e editor estadounidense. Gañou en tres ocasións o premio Pulitzer, dúas pola súa poesía e un pola súa biografía de Abraham Lincoln. Durante a súa vida, Sandburg foi recoñecido como "unha figura fundamental da literatura contemporánea", especialmente polos volumes das súas compilacións de versos, incluíndo Chicago Poems (1916), Cornhuskers (1918) e Smoke and Steel (1920).[1] Gozou de "atractivo sen rival como poeta no seu día, quizais a causa da amplitude das súas experiencias que o conectan con tantos fíos da vida estadounidense",[2] e na súa morte en 1967, o presidente Lyndon B. Johnson observou que "Carl Sandburg era máis que a voz dos Estados Unidos, máis que o poeta da súa forza e xenio. El era os Estados Unidos".[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carl Sandburg naceu nunha cabana de tres cuartos en 313 East Third Street en Galesburg, Illinois, fillo de Clara Mathilda (de solteira Anderson) e August Sandberg,[4] ambos de orixe sueca.[5] Adoptou o alcume de "Charles" ou "Charlie" na escola elemental arredor do tempo no que el e os seus dous irmáns máis vellos cambiaron o deletreo do seu apelido a "Sandburg".[4][6][7]

Aos trece anos, deixou a escola e comezou a conducir un camión de leite. Dende os catorce aos dezasete ou dezaoito, traballou como porteiro na barbería do Union Hotel en Galesburg.[8] Tras isto, volveu estar na ruta do leite outros dezaoito meses. Entón fíxose albanel e traballador de granxa nas chairas de trigo de Kansas.[9] Tras pasar un tempo no Lombard College en Galesburg,[10] traballou como servente de hotel en Denver e como estibador de carbón en Omaha. Comezou a súa carreira como escritor como xornalista para o Chicago Daily News. Despois escribiu poesía, historia, biografías, novelas, literatura infantil e crítica cinematográfica. Tamén recompilou e editou libros de baladas e folclore. Pasou a maior parte da súa vida no Medio Oeste antes de mudarse a Carolina do Norte.

Sandburg ofreceuse voluntario para ir ao exército e foi enviado a Porto Rico co 6th Illinois Infantry durante a guerra hispano-americana,[11] desembarcando en Guánica, Porto Rico o 25 de xullo de 1898, aínda que nunca foi enviado a combate. Asistiu á academia de West Point só dúas semanas, antes de suspender un exame de matemáticas e gramática. Volveu entón ao Lombard College, mais abandonouno sen graduarse en 1903. Entón mudouse a Milwaukee, Wisconsin, e uniuse ao Partido Socialdemócrata. Sandburg traballou de secretario de Emil Seidel, alcalde socialista de Milwaukee entre 1910 e 1912.[12]

En 1907, coñeceu a Lilian Steichen (1883-1977) no despacho do Partido Socialdemócrata e casaron o ano seguinte. O irmán de Lilian era o fotógrafo Edward Steichen. Sandburg e a súa dona, á que chamaba Paula, tiveron tres fillas. Mudáronse a Harbert, Míchigan e despois aos suburbios de Chicago. Tamén viviron en Evanston, Illinois, antes de establecerse no 331 South York Street de Elmhurst,[13] Illinois, entre 1919 e 1930. Durante ese tempo, Sandburg escribiu Chicago Poems (1916), Cornhuskers (1918) e Smoke and Steel (1920).[1] En 1919, gañou o premio Pulitzer pola súa colección Cornhuskers.[14] En Elmhurst tamén escribiu tres libros infantís: Rootabaga Stories (1922), Rootabaga Pigeons (1923) e Potato Face (1930). Ademais escribiu Abraham Lincoln: The Prairie Years, biografía en dous volumes (1926), The American Songbag (1927) e o libro de poemas Good Morning, America (1928). A familia marchou para Míchigan en 1930.

En 1940 gañou o premio Pulitzer de Historia polos catro volumes The War Years, secuela de Abraham Lincoln, e en 1951 novamente o premio Pulitzer de Poesía por Complete Poems.[14][15][note 1]

En 1945 mudouse a Connemara, propiedade rural de 246-acre (100 ha) en Flat Rock, Carolina do Norte. Aquí produciu pouco máis dun terzo da súa obra publicada e viviu coa súa esposa, fillas e dous netos.[16]

O 12 de febreiro de 1959, por mor da conmemoración do 150 aniversario do nacemento de Abraham Lincoln, o Congreso realizou unha sesión conxunta para oír o actor Fredric March nunha lectura dramatizada do discurso de Gettysburg, seguida dun discurso de Sandburg.[17]

Sandburg apoiou o movemento polos dereitos civís e foi o primeiro home branco galardonado pola NAACP coa placa de prata como un "profeta principal dos dereitos civís no noso tempo".[18]

"Remembrance Rock" na tumba de Sandburg

Sandburg faleceu por causas naturais en 1967 e foi incinerado. As súas cinzas foron enterradas baixo a "Remembrance Rock", unha rocha de granito situada detrás da súa casa natal.[19][note 2]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • In Reckless Ecstasy (1904) (poesía, publicado orixinalmente como Charles Sandburg)
  • Incidentals (1904) (poesía e prosa, publicado orixinalmente como Charles Sandburg)
  • Plaint of a Rose (1908) (poesía, publicado orixinalmente como Charles Sandburg)
  • Joseffy (1910) (prosa, publicado orixinalmente como Charles Sandburg)
  • You and Your Job (1910) (prosa, publicado orixinalmente como Charles Sandburg)
  • Chicago Poems (1916) (poesía)
  • Cornhuskers (1918) (poesía)
  • Chicago Race Riots (1919) (prosa, con introdución de Walter Lippmann)
  • Clarence Darrow of Chicago (1919) (prosa)
  • Smoke and Steel (1920) (poesía)
  • Rootabaga Stories (1922) (contos infantís)
  • Slabs of the Sunburnt West (1922) (poesía)
  • Rootabaga Pigeons (1923) (contos infantís)
  • Selected Poems (1926) (poesía)
  • Abraham Lincoln: The Prairie Years (1926) (biografía)
  • The American Songbag (1927) (cancións folclóricas)[20][21]
  • Songs of America (1927) (cancións folclóricas, compiladas por Sandburg e editadas por Alfred V. Frankenstein)
  • Abe Lincoln Grows Up (1928) (biografía para nenos)
  • Good Morning, America (1928) (poesía)
  • Steichen the Photographer (1929) (historia)
  • Early Moon (1930) (poesía)
  • Potato Face (1930) (contos infantís)
  • Mary Lincoln: Wife and Widow (1932) (biografía)
  • The People, Yes (1936) (poesía)
  • Abraham Lincoln: The War Years (1939) (biografía)
  • Storm over the Land (1942) (biografía, fragmentos de Abraham Lincoln: The War Years)
  • Road to Victory (1942) (catálogo de exposición, texto de Sandburg e imaxes de Edward Steichen, publicado polo Museum of Modern Art)
  • Home Front Memo (1943) (ensaios)
  • Remembrance Rock (1948) (novela)
  • Lincoln Collector: the story of the Oliver R. Barrett Lincoln collection (1949) (prosa)
  • The New American Songbag (1950) (cancións folclóricas)
  • Complete Poems (1950) (poesía)
  • The Wedding Procession of the Rag Doll and the Broom Handle and Who Was In It (1950) (conto infantil)
  • Always the Young Strangers (1953) (autobiografía)
  • Selected Poems of Carl Sandburg (1954) (poesía, editada por Rebecca West)
  • The Family of Man (1955) (catálogo de exposición, imaxes de Edward Steichen)
  • Prairie-Town Boy (1955) (autobiografía, esencialmente fragmentos de Always the Young Strangers)
  • Sandburg Range (1957) (prosa e poesía)
  • Harvest Poems, 1910–1960 (1960) (poesía)
  • Wind Song (1960) (poesía)
  • Honey and Salt (1963) (poesía)
  • The Letters of Carl Sandburg (1968) (correspondencia, editada por Herbert Mitgang)
  • Breathing Tokens (poesía, editada por Margaret Sandburg) (1978) (poesía)
  • Ever the Winds of Chance (1983) (autobiografía, comezada por Sandburg e completada por Margaret Sandburg e George Hendrick)
  • Carl Sandburg at the Movies: a poet in the silent era, 1920–1927 (1985) (selección das súas críticas de filmes mudos, compiladas e editadas por Dale Fetherling e Doug Fetherling)
  • Billy Sunday and other poems (1993) (editado con introdución de George Hendrick e Willene Hendrick)
  • Poems for Children Nowhere Near Old Enough to Vote (1999) (compilado e con introdución de George e Willene Hendrick)
  • Poems for the People. (1999) 73 poemas inéditos dos seus primeiros anos en Chicago, editados con introdución de George Hendrick e Willene Hendrick
  • Abraham Lincoln: The Prairie Years and the War Years (2007) (edición ilustrada con introdución de Alan Axelrod)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O premio Pulitzer de Poesía foi establecido en 1922 pero na actualidade a organización considera como os primeiros gañadores tres receptores de premios especiais de 1918 e 1919.
  2. A súa esposa e dúas das súas fillas tamén foron enterradas aquí.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Danilov, Victor (26 de setembro de 2013). Famous Americans: A Directory of Museums, Historic Sites, and Memorials. Scarecrow Press. p. 198. Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 
  2. Heitman, Danny (marzo-abril de 2013). "A Workingman's Poet". Humanities. Consultado o 6 de xaneiro de 2014. 
  3. Orixinal en inglés: Carl Sandburg was more than the voice of America, more than the poet of its strength and genius. He was America. Callahan, North (1 de outubro de 1990). Carl Sandburg: His Life and Works. Pennsylvania State University Press. p. 233. ISBN 978-0271004860. Consultado o 7 de xaneiro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 Sandburg, Carl (1953). Always the Young Strangers. Nova York: Harcourt, Brace and Company. pp. 29, 39.  O apelido do pai de Sandburg era orixinalmente "Danielson" ou "Sturm". El non sabía ler nin escribir e aceptaba calquera outro deletreo que empregase a xente. O mozo Carl, a súa irmá Mary e o seu irmán Mart cambiárono a "Sandburg" na escola elemental.
  5. History
  6. Sandburg en 1953 non puido recordar as razóns do cambio, pero conta que poder pronunciar correctamente "ch" era un sinal de asimilación entre os inmigrantes suecos.
  7. Penelope Niven (18 de agosto de 2012). "American Masters: Carl Sandburg Timeline". PBS. Consultado o 19 de xaneiro de 2014. 
  8. Prairie-Town Boy, por Carl Sandburg, 1955. "timforsythe.com"
  9. Selected Poems of Carl Sandburg, editado por Rebecca West, 1954
  10. Carl Sandburg College. "History" Arquivado 7 de febreiro de 2013 en Wayback Machine.
  11. Mason, Jr., Herbert Molloy (1999). Kolb, Richard K., ed. VFW: Our First Century. Lenexa, Kansas: Addax Publishing Group. pp. 13, 90. ISBN 1-88611072-7. LCCN 99-24943. 
  12. "Revolt Develops Poet", The Western Comrade, vol. 2, no. 3 (xullo de 1914), páx. 23.
  13. A casa foi demolida e no seu lugar construíuse un aparcadoiro.
  14. 14,0 14,1 "Poetry". The Pulitzer Prizes. Consultado o 24 de novembro de 2013.
  15. "12 Search Results". Pulitzer.org. Consultado o 25 de abril de 2013. 
  16. "Sandburg Grandchildren - Carl Sandburg Home National Historic Site (U.S. National Park Service)". www.nps.gov (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 
  17. "Nation Honor Lincoln On Sesquicentennial" (PDF). Yonkers Herald-Statesman (Northern Illinois University Libraries). Associated Press. 11 de febreiro de 1959. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 de novembro de 2013. Consultado o 25 de abril de 2013. Congress gets into the act tomorrow, when a joint session will be held. Carl Sandburg, famed Lincoln biographer, will give and address, and actor Fredric March will read the Gettysburg Address. 
  18. "Carl Sandburg cited by NAACP". Baltimore Afro-American. 30 de novembro de 1965. 
  19. "Carl Sandburg's ashes placed under Remembrance Rock". The New York Times. 2 de outubro de 1967. p. 61. 
  20. "Carl Sandburg Sings On WMAQ Today". The Milwaukee Journal. 10 de xaneiro de 1928. Consultado o 6 de decembro de 2010. 
  21. "The American Songbag (1927)". Archive.org. Consultado o 25 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Niven, Penelope. Carl Sandburg: A Biography. Nova York: Scribner's, 1991.
  • Sandburg, Carl. The letters of Carl Sandburg. Nova York: Harcourt, Brace & World, 1968.
  • Sandburg, Helga. A Great and Glorious Romance: The Story of Carl Sandburg and Lilian Steichen. Nova York: Harcourt Brace Jovanovich, 1978.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]