Sylvia Plath
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
| Sylvia Plath | |
|---|---|
| Alcume | Victoria Lucas |
| Nacemento | 27 de outubro de 1932 |
| Boston | |
| Falecemento | 11 de febreiro de 1963 |
| Londres | |
| Causa | asfixia |
| Soterrado | Heptonstall |
| Nacionalidade | Estados Unidos de América |
| Etnia | Austrian American |
| Relixión | Unitarismo |
| Alma máter | Smith College |
| Ocupación | poetisa, escritora, novelista, ensaísta, autobiógrafa, autora de diarios e escritora de literatura infantil |
| Pai | Otto Plath |
| Nai | Aurelia Plath |
| Cónxuxe | Ted Hughes |
| Fillos | Frieda Hughes e Nicholas Hughes |
| Coñecido/a por | The Bell Jar e Ariel |
| Premios | Prémio Pulitzer de Poesia, Glascock Prize e Programa Fulbright |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Sylvia Plath, nada en Boston en 1932 e finada en Londres en 1963,[1] foi unha poeta e novelista estadounidense cuxa obra constitúe unha dobre procura desesperada da realidade do mundo e da identidade feminina.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Plath naceu o 27 de outubro de 1932 no seo dunha familia de clase media no barrio de Jamaica Plain (Massachusetts), e pasou a súa infancia en Winthrop. Xa de nena apuntaba maneiras de escritora, chegando a publicar o seu primeiro poema aos 8 anos. A pesar da súa aparente estabilidade, no seu interior incubaba graves problemas psíquicos que tiñan a súa orixe na morte de seu pai (un especialista en abellas e profesor de Bioloxía na Universidade de Boston) a causa dunha embolia pulmonar cando a poeta contaba con 8 anos.
A escritora comezou os estudos universitarios no Smith College (Massachusetts) e, grazas a unha bolsa de estudos Fulbriht, trasladouse á Universidade de Cambridge. Durante a súa época de estudos, Plath sufriu unha depresión crónica (agora sábese que padecía un trastorno bipolar), chegando incluso a un intento de suicidio no 1952, algo que detallou máis tarde na novela A campá de cristal (The Bell Jar). Graduouse con honores[2] tres anos máis tarde, despois dunha tempada de recuperación nun psiquiátrico. Foi en Cambridge onde a escritora coñeceu o que sería o seu marido, Ted Hughes,[3] un poeta inglés co que casaría en 1956.
Entre xullo de 1957 e outubro de 1959, Plath deu clases no Smith College ata que se trasladou, xunto co seu home, a Boston, onde a escritora asistiu a seminarios con Robert Lowell e con Anne Sexton. Este traslado debeuse ó insoportable que se lle fixo a súa estancia no Smith College, comezando así unha nova etapa de inestabilidade. Cando Plath quedou embarazada, regresaron ao Reino Unido, instalándose primeiro en Londres e logo en North Tawton (Devon). En 1960 publicou a súa primeira recompilación, O coloso (The Colossus) e, en 1962 o matrimonio separouse, apenas dous anos despois do nacemento do seu segundo fillo. Esta separación debeuse, por enriba de todo, á aventura amorosa que Hughes mantiña coa poeta Assia Wevill, aínda que é posible que Olwyn Hughes, irmá do poeta, interferise na súa relación. Plath estaba posuída polos celos, non soportaba que o seu home se fixase noutras mulleres, tal era a súa obsesión que Hughes, acurralado, decidiu deixala, quedando a poeta ao bordo dun abismo.
A escritora retornou a Londres cos seus dous fillos, pero ela, que ao longo da súa vida sufrira numerosas depresións, rematou coa súa vida asfixiándose con gas o 11 de febreiro de 1963.
Obra[editar | editar a fonte]
O seu primeiro libro, O coloso (1960), puxo en evidencia a meticulosidade do seu oficio e un estilo moi persoal, aínda que moitas veces foi descrito como convencional e carente do drama das súas obras posteriores. Ariel (1965) está considerado como o seu mellor libro de poemas, o cal, ao igual que a poesía publicada despois do seu suicidio, reflicte un ensimesmamento e unha obsesión pola morte. A campá de cristal (1963), novela que publicou co pseudónimo de Victoria Lewis, é o testemuño do seu propio derrubamento psíquico provocado por unha sucesión de fracasos sentimentais e polas complicadas relacións que mantivo cos homes. Con Poemas completos, editado polo seu home no 1981, Plath gañou, postumamente, o premio Pulitzer no 1982. Outras obras publicadas despois da súa morte son os poemarios Cruzando a auga (1971) e Árbores de inverno (1972), e Johnny Panic e a Biblia de soños, un libro de contos. O viúvo de Plath converteuse no editor do seu legado persoal e literario, supervisando e editando a publicación dos seus manuscritos.
Obras[editar | editar a fonte]
Prosa[editar | editar a fonte]
- A campá de cristal (The Bell Jar) (1963).
- Cartas a casa (Letters home) (1975).
- Johnny Panic e a Biblia de soños (Johnny Panic and the Bible of Dreams) (1977).
- Os diarios de Sylvia Plath (The Journals os Sylvia Plath) (1982).
- The Magic Mirror (1989), a tese para Smith College.
- The Unabridged Journals of Sylvia Plath (2000).
Poesía[editar | editar a fonte]
- O Coloso (The Colossus) (1960).
- Ariel (1965).
- Three Women: A Monologue for Three Voices (1968).[4]
- Cruzando a auga (Crossing the water) (1971).
- Árbores de inverno (1972).
- Poemas completos (The Collected Poems) (1981).
Obras para nenos[editar | editar a fonte]
- The Red Book (1976).
- The It-Doesn't-Matter-Suit (1996).
- Collected Children's Stories (2001).
- Mrs. Cherry's Kitchen (2001).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Encyclopædia Britannica. "Sylvia Plath: Biography, Poems, Books, & Facts" (en inglés). Consultado o 13-2-2018.
- ↑ Robert F. Howe Instituto Smithsoniano (11-2003). "Seeing Sylvia Plath". Smithsonian Magazine (en inglés). Consultado o 13-2-2018.
- ↑ Danuta Kean (11-4-2017). "Unseen Sylvia Plath letters claim domestic abuse by Ted Hughes". The Guardian (en inglés). Consultado o 13-2-2018.
- ↑ http://medhum.med.nyu.edu/view/1165
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sylvia Plath |
- Sylvia [1] (2003), de Christine Jeffs.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Peter K. Steinberg - A celebration, this is: A website for Sylvia Plath. (en inglés)
|