Herb Caen
Herb Caen | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de abril de 1916 |
Lugar de nacemento | Sacramento |
Falecemento | 1 de febreiro de 1997 |
Lugar de falecemento | San Francisco |
Causa | cancro de pulmón |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Sacramento Charter High School |
Ocupación | xornalista |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Herbert Eugene Caen, coñecido como Herb Caen, nado en Sacramento (California) o 3 de abril de 1916 e finado en San Francisco o 1 de febreiro de 1997, foi un xornalista estadounidense. Foi gañador do Premio Pulitzer, e atribúeselle a invención do termo beatnik, que ridiculiza á xeración beat.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Escribiu durante case toda a súa vida para o xornal San Francisco Chronicle, dende fins da década do 30 ata a súa morte. Publicou unha colección de ensaios baixo o título de Baghdad-by-the-Bay, en 1949. Morreu en 1997 e o seu funeral foi un dos acontecementos máis destacados da historia recente da cidade de San Francisco.