Saltar ao contido

Richard Ford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRichard Ford

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Jackson, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Míchigan
Universidade da Califórnia em Irvine (pt) Traducir
Great Falls High School (en) Traducir
Universidade Washington em St. Louis (pt) Traducir
Universidade de Míchigan
Murrah High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, autor, novelista, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorBowdoin College (pt) Traducir
Universidade de Columbia
Universidade do Mississippi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela e conto Editar o valor en Wikidata
MovementoRealismo sucio e Kmart realism (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0285840 BNE: XX1723484 Bitraga: 732 Musicbrainz: 1f1118d2-a5ca-4943-9120-7625c7f7c983 Discogs: 2570257 Editar o valor en Wikidata

Richard Carrel Ford, nado en Jackson, Mississippi, Estados Unidos o 16 de febreiro de 1944, é un escritor estadounidense.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Familia e primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Fillo de Parker Carrel, vendedor ambulante de amidón, que morreu cando Ford tiña 16 anos e de Edna Ford. O seu avó, Ben Shelley, era o xerente do Marion Hotel en Little Rock . De neno, Ford pasou moitos veráns no hotel e lembra que as estadías lle permitiron entrar no mundo adulto, e que as observacións das relacións entre homes e mulleres iluminaron despois parte da súa obra literaria.[2]

Ford padecía un certo grao de dislexia que parece que lle axudou a desenvolver un interese pola literatura.

De mozo traballou como socorrista no "Little Rock Country Club" e no ferrocarril de Arkansas como axudante de maquinista.[3] Alistouse nos "marines" pero foi dado de alta por mor dunha hepatite.

Asistiu á Davis Elementary School en Jackson. En 1966 recibiu o título de Bachelor of Arts (BA) pola Universidade Estatal de Míchigan e en 1970 o MFA pola Universidade de California. Despois dunha breve etapa na facultade de dereito, comezou a escribir ficción e volveu a Little Rock para traballar como profesor adxunto na Central High School de Flint, Míchigan.[4]

Con 23 anos, o 28 de marzo de 1968, casou con Kristina, unha antiga compañeira de escola. Kristina é licenciada en Filosofía e profesora na Universidade de Nova York. A parella, que non ten fillos, vive actualmente no barrio francés de Nova Orleans.

Carreira literaria

[editar | editar a fonte]

En 1976 publicou a súa primeira novela " A Piece of My Heart" e en 1981 " The Ultimate Good Luck ". As malas vendas obrigárono a abandonar a ficción e pasou a traballar como reporteiro deportivo para a revista New York Inside Sports, pero en 1982 foi despedido e volveu á literatura con " The sportswriter " protagonizada por Frank Bascombe, que foi citada pola revista Time . como unha das cinco mellores novelas de 1986 e finalista do premio PEN/Faulkner.

Ademais da súa actividade xornalística e literaria, Ford desenvolveu unha ampla actividade académica como docente:

  • 1976: A Piece of My Heart
  • 1981: The Ultimate Good Luck
  • 1983: American Tropical
  • 1986: The sportwriter
  • 1987: Rock Springs
  • 1990: Wildlife,
  • 1991: Bright Angel
  • 1992: Editor
  • 1995: Independence Day
  • 1997: Women with Men
  • 1998: My Mother in Memory
  • 2002: A Multitude of Sins
  • 2006: The Lay of the Land
  • 2012: Canada
  • 2015: Let Me Be Frank With You
  • 2017: Between Them: Remembering My Parents

Tamén recompilou contos de autores estadounidenses:

  • 1990: American Short Stories
  • 1992: The Granta Book of the American Short Story
  • 1987: Academia Americana de Artes e Letras para a Literatura
  • 1995: Premio Pulitzer de ficción
  • 1996: Premio Pen/Faulkner de ficción
  • 1994: Premio Rea ao relato curto
  • 2013: Prix Femina Etranger e Medalla Andrew Carnegie á Excelencia por " Canadá "
  • 2016: Premio Princesa de Asturias das Letras
  • 2019: Premio da Biblioteca do Congreso á ficción estadounidense
  1. "Guardian profile: Richard Ford". the Guardian (en inglés). 2003-02-08. Consultado o 2022-12-06. 
  2. "Encyclopedia of Arkansas". Encyclopedia of Arkansas (en inglés). Consultado o 2022-12-06. 
  3. "Biografía de personajes históricos y celebridades. Enciclopedia biográfica". www.buscabiografias.com. Consultado o 2022-12-06. 
  4. "Famous People in the World - Lists of Trending Celebrities in 2022, Ratings & Bios". www.thefamouspeople.com (en inglés). Consultado o 2022-12-06. 
  5. "Llibres en català". Grup62 (en catalán). Consultado o 2022-12-06.