John Kennedy Toole

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Kennedy Toole
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1937
Nova Orleáns (Luisiana)
Morte26 de marzo de 1969
Biloxi (Mississippi)
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Intoxicación Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
Alcee Fortier High School (en) Traducir
Tulane University (pt) Traducir
Tulane University School of Liberal Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , catedrático , guionista , militar , novelista , xornalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorTulane University (pt) Traducir
Hunter College (en) Traducir
Universidade de Luisiana em Lafayette (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Rango militarsoldado Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
NaiThelma Toole (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0867487 Allocine: 84630 Allmovie: p660234
Bitraga: 2913 WikiTree: Toole-1029 Find a Grave: 6940509 Editar o valor em Wikidata

John Kennedy Toole, nado en Nova Orleáns (Luisiana) o 17 de decembro de 1937 e finado en Biloxi (Mississippi) o 26 de marzo de 1969, foi un escritor estadounidense, autor da novela A conxura dos necios, obra gañadora do Premio Pulitzer de ficción en 1981. Suicidouse en 1969 aos 31 anos tras non conseguir publicar esta novela, sendo editada con enorme éxito en 1980 grazas á insistencia de súa nai, Thelma Toole. Tamén escribiu The Neon Bible aos dezaseis anos, novela que Toole non intentou publicar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de John e Thelma Toole, tivo unha infancia bastante sobreprotexida en Nova Orleáns, dominado por súa nai Thelma Ducoing Toole, a cal non lle deixaba xogar con outros nenos. Foi un bo estudante. Tras graduarse na Universidade de Tulane, realizou un graduado superior en lingua inglesa na Universidade de Columbia, e logo pasou un ano como profesor asistente de inglés na Universidade do Suroeste de Luisiana (actualmente a UL Lafayette) en Lafayette, Luisiana. Despois trasladouse a Nova York para ocupar un posto de profesor no Colexio Hunter. Tamén dedicou algo de tempo en sacarse un doutoramentoen Columbia, aínda que non o acabou porque tivo que acudir a filas no Exército dos Estados Unidos en 1961, onde serviu dous anos en Porto Rico, ensinándolle inglés aos recrutas hispano falantes en Fort Buchanan.

Despois deste tempo no exército, Toole regresou a Nova Orleáns para vivir cos seus pais e dar clases no Dominican College. Pasou tempo deambulando polo Barrio Francés con músicos, e, polo menos nunha ocasión, axudoulle a un amigo músico co seu segundo traballo vendendo tamais nun posto na rúa. Despois de que Toole se graduase con honores na universidade de Tulane, traballou brevemente nunha fábrica de roupa masculina. Ambos escenarios xogaron un importante papel na realización da súa novela A conxura dos necios.

Toole enviou o seu manuscrito da novela A conxura dos necios a Simon and Schuster. Despois dun interese positivo inicial polo libro, o editor rexeitouno, dicindo que o libro "non trataba realmente de nada", aínda que realmente a razón principal da negativa era que a novela metía demasiado o dedo na chaga. Toole comezou a deteriorarse rapidamente logo de perder a esperanza de ver publicado o seu libro, que el consideraba unha obra mestra. Comezou a beber e a descoidar as súas actividades profesionais, deixou de ensinar nas clases de Tulane, caendo nunha profunda depresión.

Toole matouse o 26 de marzo de 1969, despois de desaparecer de Nova Orleáns, poñendo un extremo dunha mangueira no tubo de escape do seu coche e o outro na ventá do condutor. A nota de suicidio que deixou foi destruída pola súa nai, que fixo declaracións confusas sobre o seu contido. Foi enterrado no cemiterio de Greenwood en Nova Orleáns.

Algúns biógrafos propuxeron que un factor na súa depresión era a confusión sobre a súa sexualidade. Un amigo opinou que a súa dominante nai non lle permitiu abrir os seus sentimentos cara a ningunha muller. Outros coñecidos e parentes de Toole desaproban a idea de que fora homosexual.

Despois da morte de Toole, súa nai insistiulle ao autor Walker Percy para que lera o manuscrito da Conxura dos necios, tarefa á que finalmente cedeu, apaixonándose polo libro, escribíndolle o prólogo na súa primeira publicación en 1980.