OGAE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

OGAE (siglas de Organisation Génerale des Amateurs de l'Eurovision, Organización Xeral de Amantes de Eurovisión) é unha organización internacional fundada en 1984, en Savonlinna, Finlandia, por Jari-Pekka Koikkalainen.[1] Consiste nunha rede de 40 clubs de fans do Festival da Canción de Eurovisión dentro e fóra de Europa, non gobernamental, apolítica e sen ánimo de lucro.[2]

Organiza anualmente catro competicións sen ánimo de lucro para promocionar a música popular entre os fans de Eurovisión por todo o planeta.[3] Frecuentemente traballa en cooperación coa Unión Europea de Radiodifusión para axudala a promocionar o Festival de Eurovisión, e tamén estabeleceu unha relación estreita coas emisoras nacionais dos países participantes.[3]

O actual presidente da Rede OGAE Internacional é Maiken Mäemets, de OGAE Finlandia, que sucedeu no cargo en 2011 a Antonis Karatzikos, de OGAE Grecia. Na convención anual dos membros da OGAE o 17 de maio de 2013 en Malmö, Suecia, Mäemets foi reelixido para outros dous anos.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Aínda que o Festival de Eurovisión comezou en 1956, a Rede Ogae Internacional fundouse en 1984, por parte de Jari-Pekka Koikkalainen, en Savonlinna, Finlandia.[1] A rede está aberta aos países que participan ou participaron no festival. Varios outros países dentro e fóra de Europa que non teñen a súa propia rede OGAE, entre outros Australia, Letonia, Casaquistán, Mónaco, San Mariño, Suráfrica e os Estados Unidos, participan baixo o nome OGAE Resto do Mundo.[5]

Cada ano, a OGAE organiza catro competicións sen ánimo de lucro: OGAE Song Contest, OGAE Second Chance Contest, OGAE Vídeo Contest e OGAE Home Composed Song Contest.[3] O exercicio cooperativo da Rede OGAE é promocionar a música popular nacional por todo o mundo en colaboración cos fans do Festival de Eurovisión, así como estabelecer unha relación estreita entre as emisoras nacionais e a promoción do propio festival a un maior número de xente.[3]

Ramas de OGAE[editar | editar a fonte]

Europa:      Países participantes da OGAE      Resto do mundo da OGAE

OGAE ten na actualidade 40 membros, incluíndo dous en Alemaña. Son:

OGAE Resto do mundo[editar | editar a fonte]

Resto do mundo:      Países participantes da OGAE      Resto do mundo da OGAE

Os países que non teñen unha rede OGAE propia por dereito, pero son membros activos ou asociados da UER, están unificados en OGAE Resto do mundo. Os países que constitúen esta rede OGAE son:

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Bosnia-Hercegovina, a República Checa, Xeorxia, Hungría, Letonia, Marrocos, Mónaco, Montenegro, San Marino, Eslovaquia e Ucraína participaron no festival, pero non teñen aínda unha membresía completa de OGAE, polo que están tamén dentro de Resto do mundo.

Concursos OGAE[editar | editar a fonte]

OGAE Eurovision Song Contest Poll[editar | editar a fonte]

O Premio Fan Marcel Bezençon entregouse en 2002 e 2003, votado polos membros de OGAE. Despois desapareceu e foi substituído polo Composer Award en 2004.

Ano Gañador Canción Intérprete Posto Puntos
2002 España Finlandia Addicted to You Laura Voutilainen 20.ª 24
2003 Suecia España Dime Beth 8.ª 81

Cada ano desde 2007, OGAE conduciu unha enquisa previa a Eurovisión na que cada club nacional xunto a OGAE Resto do mundo votan a todas as cancións, usando o mesmo sistema de votación que o festival (as máis votadas por cada club reciben de 1 a 8, 10 e 12 puntos, e os países non poden votarse a si mesmos). Os gañadores desta enquisa son:

Ano Gañador Canción Intérprete Posto Puntos Subcampión 3.er posto
2007 Serbia Molitva (Молитва) Marija Šerifović 268 Suíza Suíza Belarús Belarús
2008 Suecia Suecia Hero Charlotte Perrelli 18.ª 47 Suíza Suíza Serbia Serbia
2009 Noruega Noruega Fairytale Alexander Rybak 1.º 387 Francia Francia Suecia Suecia
2010 Dinamarca Dinamarca In a Moment Like This Chanée and N'evergreen 4.º 149 Israel Israel Alemaña Alemaña
2011 Hungría Hungría What About My Dreams? Kati Wolf 22.ª 53 Francia Francia Reino Unido
2012 Suecia Suecia Euphoria Loreen 1.ª 372 Italia Italia Islandia Islandia
2013 Dinamarca Dinamarca Only Teardrops Emmelie de Forest 1.ª 281 San Marino San Marino Noruega Noruega
2014 Suecia Suecia Undo Sanna Nielsen 3.ª 218 Hungría Hungría Israel Israel
2015 Italia Italia Grande amore Il Volo 3.ª 292 Suecia Suecia Estonia Estonia
2016 Francia Francia J'ai cherché Amir Haddad 257 Rusia Rusia Australia Australia
2017 Italia Italia Occidentali's Karma Francesco Gabbani 334 Bélxica Bélxica Suecia Suecia
Cores de fondo
gañou a final   segunda na final  
tercera na final non chegou á final

OGAE Song Contest[editar | editar a fonte]

O OGAE Song Contest é un concurso en son no que todos os clubs nacionais OGAE poden participar cunha canción orixinal publicada nos 12 meses anteriores nos seus respectivos países, interpretada nun dos idiomas oficiais do país.[6][7]

Ano Ganador Canción Intérprete Puntos Organizador N.º de participantes
1986 Alemaña Alemaña Stimmen in Wind Juliane Werding 16 Finlandia Savonlinna 5
1987 Israel Israel Ba'ati Eleiha Yardena Arazi 83 Finlandia Savonlinna 10
1988 Alemaña Alemaña Explosion Mary Roos 83 Cardiff 10
1989 Noruega Noruega Hjem Karoline Krüger e Anita Skorgan 93 Alemaña Berlín 13
1990 Italia Italia Vattene amore Mietta e Amedeo Minghi 136 Noruega Oslo 18
1991 Francia Francia Désenchantée Mylène Farmer 151 Italia Pisa 17
1992 Portugal Portugal Se o dia nascesse Nucha 115 Francia París 16
1993 Italia Italia La solitudine Laura Pausini 154 Francia Montargis 20
1994 Grecia Grecia Ftes Sabrina 116 Italia Pisa 19
1995 España España Cada vez Paloma San Basilio 144 Grecia Atenas 21
1996 España España Me quedaré solo Amistades Peligrosas 159 España As Palmas de Gran Canaria 16
1997 España España Amor perdido Marta Sánchez 199 España As Palmas de Gran Canaria 22
1998 Polonia Polonia Im Wiecej Ciebie tym mniej Natalia Kukulska 125 España As Palmas de Gran Canaria 16
1999 Francia Francia Jardin de lumière Leyla Doriane 169 Grecia Atenas 24
2000 Suecia Suecia Svarta änkan Nanne 168 Francia París 26
2001 Francia Francia Moi... Lolita Alizée 189 Suecia Umeå 24
2002 Reino Unido What If Kate Winslet 126 Francia París 25
2003 Francia Francia Cassé Nolwenn Leroy 183 Southampton 27
2004 Rusia Rusia Grezy Varvara 178 Francia Lión 27
2005 Italia Italia Da grande Alexia 164 Rusia Moscova 28
2006 Grecia Grecia Mambo Elena Paparizou 244 Italia Pisa 30
2007 España España Qué no daría yo Rebeca 179 Grecia Atenas 29
2008 Croacia Croacia Ruža u kamenu Franka Batelić 164 España Zaragoza 27
2009 Reino Unido Viva la Vida Coldplay 248 Croacia Zagreb 30
2010 Reino Unido Heartbreak (Make Me a Dancer) Freemasons feat. Sophie Ellis-Bextor 228 Londres 27
2011 Reino Unido Someone Like You Adele 189 Londres 26
2012 Italia Italia Per sempre Nina Zilli 219 Londres 26
2013 España España Te despertaré Pastora Soler 237 Italia Bologna 30
2014 Francia Francia Derniere Danse Indila 251 España España 26
2015 Francia Francia Andalouse Kendji Girac 248 Francia Francia 31
2016 España España Sofía Álvaro Soler 234 Francia Francia 28
2017

OGAE Second Chance Contest[editar | editar a fonte]

O OGAE Second Chance Contest (Concurso OGAE Segunda Oportunidade) é un evento visual fundado en 1987 e organizado polos membros de OGAE.[8] Na primeira edición de 1987 competiron catro nacións. Antigamente era un evento de só son, pero cos anos evolucionou co uso do vídeo e na actualidade DVD e Youtube.[9]

Cada verán, despois do Festival de Eurovisión, cada membro pode enviar unha canción que non logrou gañar no proceso nacional de selección do seu país para o festival. Os membros de cada país escollen entre as cancións que non gañaron para que lles represente no evento. Os votos envíanos os membros OGAE á organización de cada ano. Os votos comunícanos portavoces especiais desde 1993.[10]

OGAE Vídeo Contest[editar | editar a fonte]

O OGAE Vídeo Contest é un evento en vídeo no que, de forma similar ao OGAE Song Contest, todos os membros nacionais de OGAE poden participar cunha canción orixinal publicada nos 12 meses anteriores nos seus países. Non hai obrigación de que estea interpretada nun idioma do propio país.

Participación[editar | editar a fonte]

45 países foron representados no festival polo menos unha vez. Esta é unha lista dos anos nos que debutaron:

Ano País que debuta
2003 Albania, Armenia, Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina, Finlandia Finlandia, Francia, Alemaña Alemaña, Grecia Grecia, Islandia Islandia, Israel, Italia Italia, Macedonia do Norte Macedonia do Norte,
Malta Malta, Países Baixos Países Baixos, Noruega Noruega, Portugal Portugal, Rusia Rusia, Eslovenia Eslovenia, España España, Turquía Turquía, Reino Unido Reino Unido
2004 Bulgaria Bulgaria, Croacia Croacia, Luxemburgo Luxemburgo, Serbia e Montenegro
2005 Irlanda Irlanda, Casaquistán (como o resto do mundo), Polonia Polonia, Ucraína Ucraína
2006 Moldavia Moldavia, Serbia Serbia, Sudáfrica Suráfrica (como o resto do mundo)
2007 Andorra Andorra, Austria Austria, Estonia Estonia, Letonia Letonia, Namibia Namibia (como o resto do mundo)
2010 Australia Australia (como o resto do mundo)
2012 Bélxica Bélxica, Estados Unidos de América Estados Unidos (como o resto do mundo)
2013 Belarús Belarús
2014 Acerbaixán, Montenegro Montenegro, Eslovaquia Eslovaquia
2016 Hungría Hungría, Australia Australia, Romanía Romanía, Suecia Suecia, Suíza Suíza, República Checa República Checa, Chipre Chipre

Gañadores[editar | editar a fonte]

Seis países gañaron o concurso desde que comezou en 2003. Os países con máis éxito no festival foron Rusia e Francia, que gañaron o mesmo tres veces cada un.

Ano País Vídeo Intérprete Puntos Cidade anfitrioa
2003 Francia "Fan" Pascal Obispo 122 Istanbul
2004 Portugal Portugal "Cavaleiro Monge" Mariza 133 Francia Fontainebleau
2005 Ucraína Ucraína "I Will Forget You" Svetlana Loboda 171 Portugal Lisboa
2006 Italia Italia "Contromano" Nek 106 Izmir
2007 Rusia Rusia "LML" Via Gra 198 Italia Florencia
2008 Rusia Rusia "Potselui" Via Gra 140 Moscova
2009 Rusia Rusia "Karma" Yin-Yang 142 San Petersburgo
2010 Polonia Polonia "Kim tu jestem" Justyna Steczkowska 85 Volgogrado
2011 Francia "Lonely Lisa" Mylène Farmer 96 Polonia Wrocław
2012 Italia Italia "È l'amore che conta" Giorgia 135 Francia París
2013 Bélxica Bélxica "Papaoutai" Stromae 144 Italia Turín
2014 Francia "Tourner dans le vide" Indila 141 Bélxica Bruxelas
2015 Alemaña Alemaña "Gäa" Oonagh 122 Francia París
2016 Reino Unido Reino Unido "Hymn For The Weekend" Coldplay 673 Alemaña Lüneburg

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Eurovision Fanclub Network". OGAE. 
  2. "Club History". OGAE Finland. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2012. Consultado o 18 de maio de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Company Overview". OGAE International Network. 
  4. "OGAE International Board members elected". ESCToday. 
  5. "About OGAE Rest of the World". OGAE RoW. 
  6. "OGAE Song Contest Results: 1986 - 2011". Sechuk,com. 
  7. "OGAE Song Contest Results: 2012". OGAE Croatia. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 18 de maio de 2017. 
  8. "About us". OGAE. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 18 de maio de 2017. 
  9. "Contest Background". sechuk.com. 
  10. "Statistics and other Useless Information". sechuk.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]