Saltar ao contido

Alizée

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlizée

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Alizée Jacotey Editar o valor en Wikidata
21 de agosto de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Ajaccio, Francia Editar o valor en Wikidata
Altura161 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónartista discográfico, cantante, bailarina Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop francesa (pt) Traducir, pop dance e electropop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoRCA Records
Jive
Epic Records
Universal Music Group
Polydor Records
Sony Music Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGrégoire Lyonnet (2016–)
Jérémy Chatelain (2003–2012) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webalizee-officiel.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1354244 Allocine: 485461
Facebook: alizeelyonnetofficiel Twitter: mellealizee Instagram: alizeeofficiel Tumblr: alizeeofficiel MySpace: alizeeofficiel Youtube: UCHIv0QHRLwTqWTPYoh_5ppQ Souncloud: alizee-official Spotify: 53deL58uye6fCqRK4COtR4 iTunes: 13129725 Last fm: Alizée Musicbrainz: a344d1d3-bc5e-4a59-95f1-814999d009ac Songkick: 419140 Discogs: 30422 Allmusic: mn0000010817 Deezer: 6714 Genius: Alizee Editar o valor en Wikidata

Alizée Jacotey, nada en Ajaccio (Córsega) o 21 de agosto de 1984,[1] é unha cantante francesa. O seu nome artístico é Alizée (a forma feminina en francés de alizé para os ventos alisios).[2] Foi descuberta por Mylène Farmer, mentres participaba no programa de talentos Graines de star en 1999.[3] Coa colaboración de Mylène Farmer e Laurent Boutonnat, Alizée lanzou dous álbums, os cales tiveron éxito dentro e fóra de Francia.

O seu primeiro álbum chamouse Gourmandises (Larpeiradas en galego), que recibiu un disco de platino tres meses despois do seu lanzamento en 2001. De Gourmandises saíu o seu éxito máis famoso, "Moi... Lolita", que acadou o número un nas listas de vendas de Europa e Asia. Alizée interpretaba o papel dunha Lolita. Despois de Gourmandises, en 2003 saíu o seu segundo álbum de estudio titulado Mes courants électriques, que non tivo tanto éxito coma o seu predecesor, aínda que alcanzou un número de vendas tamén considerable. Despois do seu lanzamento, Alizée deu unha xira de 43 concertos en Francia e tamén algúns en Bélxica e Suíza.

Alizée casou co cantante francés Jérémy Chatelain en 2003[4] e tivo un fillo con el en 2005.[5] A principios de 2004 fixo unha pausa na súa carreira musical, que retomou a finais de novembro de 2007 co álbum Psychédélices.[6]

Despois dun grande éxito en Latinoamérica e Asia, e un éxito moderado en Europa con Psychédélices, Alizée deu un cambio radical no seu estilo pasando do pop psicodélico do seu anterior álbum ao mainstream. Vinculouse co selo independente Institubes e uniuse a artistas do xénero como Chateau Marmont, Rob, Tahiti Boy, Adanowsky e outros que colaboraron na súa cuarta produción, Une enfant du siècle, que saíu oficialmente á venda o 29 de marzo de 2010.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Alizée medrou en Ajaccio, Córsega.

É filla de Michelle (empresaria) e Joseph (informático), e ten un irmán máis novo, Johann. Alizée dende pequena sentiu unha grande afección pola danza, que empezou a practicar en L'école du Spectacle.[7] Aos 4 anos empezou a familiarizarse co mundo do espectáculo,[8] tomando clases de teatro e canto, apoiada por Monique Mufraggi, a súa mestra, e dirixida por Patrick Fiori.

No ano 1995 unha aeroliña francesa realizou un concurso invitando a nenos a debuxar un avión e o deseño máis orixinal sería reproducido a escala dun avión real. Alizée, de 11 anos, inscribiuse ao concurso e inspirada polo libro O Principiño realizou o seu deseño. O seu debuxo resultou gañador e foi premiada cunha viaxe ás Maldivas, ademais de reproducir o seu debuxo nun avión ó que bautizaron Alizée.[7]

En 1999, Alizée realizou unha audición no César Palace de Ajaccio para un programa de novos talentos chamado Graines de star, cantando a canción "La vie ne m'apprend rien" de Daniele Balavoine. A súa segunda audición tras pasar a primeira rolda foi o 16 de decembro, en París, co tema "Waiting for tonight" de Jennifer Lopez. O 25 de febreiro de 2000, apareceu no programa interpretando a canción "Ma prière" de Axelle Red coa que quedou en segundo lugar.

Nese mesmo ano, Alizée coñeceu a Mylène Farmer e a Laurent Boutonnat, grazas á súa actuación en Graines de star, quen buscaban a unha artista nova que interpretara a canción que compuxeran, "Moi... Lolita". Despois de realizar probas en estudios de gravación e obter resultados reveladores, Alizée foi elixida para interpretar este tema. Pronto gravaron o primeiro sinxelo que máis tarde chegaría a vender máis de dous millóns e medio de unidades só en Francia.

1999 - 2001 Gourmandises, "Moi... Lolita" e éxito internacional

[editar | editar a fonte]

Mylène Farmer e Laurent Boutonnat produciron o primeiro álbum, titulado Gourmandises (Larpeiradas), con letras inspiradas nas vivencias, desexos e gustos de Alizée. As súas cancións falan de adolescencia, de dúbidas, de amor e das súas ansias de vivir. En só tres meses xa era disco de platino con 300 000 copias vendidas. O segundo sinxelo, L'Alizé, saíu á venda ó mesmo tempo que o álbum, conseguiu tamén un grande éxito e subiu rapidamente ao primeiro posto da lista de vendas con máis de 700 000 copias vendidas.

O éxito das súas cancións traspasou fronteiras, xa era coñecida en moitos países europeos en 2001, así como no Xapón, en Corea do Sur e no Canadá. Os premios pola súa carreira artística non se fixeron de rogar, pronto recibiu o seu primeiro galardón de M6 Awards. Posteriormente, recibiu o premio NRJ Music Awards, por Revelación Francesa do Ano. En Alemaña e nos Países Baixos recibiu o disco de ouro por manterse nas listas de vendas por bastantes semanas. Tamén recibiu un recoñecemento por mellor sitio web.[9]

2003: Mes Courants Electriques

[editar | editar a fonte]

Mes courants électriques (As miñas correntes eléctricas en galego) é o segundo álbum de Alizée e foi lanzado o 18 de marzo de 2003. Este álbum ten versións en inglés de catro das súas cancións. Foi comercializado en distintas rexións con diferente contido. A versión francesa non contén ningunha versión en inglés, que se incluíron na versión internacional. A versión xaponesa cambiou o nome de "J'en ai marre" polo de "Mon bain de mousse", mentres que en Hong Kong e noutras partes de Asia foi lanzado un disco dobre e un disco interactivo cos vídeos de "Moi… Lolita" e "I'm fed up" (versión en inglés de "J'en ai marre"). O álbum vendeu en Francia 259 000 exemplares, foi certificado como dobre disco de ouro. Pero é unha cifra baixa se se compara con Gourmandises que vendeu 800 000 copias só en Francia.

O primeiro sinxelo, "J'en ai marre", saíu á venda o 25 de febreiro de 2003, chegou ó cuarto lugar nas listas francesas e vendeu máis de 200 000 copias polo que foi certificado como disco de Ouro. Os seguintes sinxelos, "J'ai pas vingt ans" e "A contre-courant", non tiveron tanta sorte ao situarse no décimo sétimo e no vixésimo segundo lugar, respectivamente.

2004: Alizée En Concert e tres anos de silencio

[editar | editar a fonte]
Alizée asinando autógrafos en 2007.

Co lanzamento do segundo álbum Alizée fixo unha xira de concertos por Francia e algúns en Bélxica e Suíza. A xira comezou cun concerto o 23 de agosto de 2003 no Olympia e concluíu no Le Zénith, ambas salas en París, o 17 de xaneiro de 2004.

Un disco compacto e DVD, titulados Alizée En Concert (presentando escenas seleccionadas dos seus 43 concertos) foi lanzado en outono de 2004. O disco contiña cancións dos seus dous álbums mentres que o DVD tiña as presentacións en vivo das cancións, ensaios dunha das súas cancións e a realización dalgúns dos seus vídeos musicais. O disco situouse no trixésimo oitavo lugar dos máis vendidos de Francia mentres que o DVD chegou ao primeiro lugar.

O disco compacto e o DVD (xunto cos seus outros dous álbums) foron relanzados no 2007 por Universal Music en México (debido á popularidade alcanzada por Alizée neste país) como un paquete de DVD+CD. Os discos compactos e o DVD chegaron á cima das listas de vendas o 28 de maio de 2007, manténdose bastante tempo nesa posición.

2007 - 2009: Psychédélices

[editar | editar a fonte]
Alizée actuando no 2008.

O seu terceiro álbum chamado Psychédélices foi lanzado o 3 de decembro de 2007 sendo "Mademoiselle Juliette" o primeiro sinxelo do seu álbum. O sinxelo foi transmitido na radio francesa NRJ o 27 de setembro de 2007 por primeira vez e saíu de maneira dixital o día 30. O vídeo do mesmo lanzouse en novembro.

Alizée decidiu deixar neste álbum aos seus padriños artísticos, Mylène Farmer e Laurent Boutonnat. Deixando atrás a súa imaxe de Lolita e mostrando unha imaxe máis madura. Para este novo álbum colaboraron con ela músicos coma Bertrand Burgalat, Daniel Darc, Oxmo Puccino, Jean Fauque e seu marido, Jérémy Chatelain. O seu segundo sinxelo é "Fifty-Sixty", cun vídeo que oficialmente se estreou en Internet a comezos de maio, e debutou na televisión francesa durante o mes de xuño, dito vídeo forma parte da triloxía "Fifty Sixty", composta por dous vídeos máis baseados en remixes de "Fifty-Sixty".

Despois do moderado éxito de "Fifty-Sixty" anunciouse o lanzamento de "La isla bonita" a súa versión do éxito de Madonna como terceiro sinxelo exclusivo para México, logrando consolidarse na radio a nivel nacional.

Alizée realizou unha xira mundial que a levou por diferentes países, o primeiro concerto desta xira foi realizado en Moscova o 19 de maio, seguido por 5 concertos en México durante o mes de xuño, ditos concertos realizáronse en importantes cidades, entre elas: Cidade de México, Guadalaxara, Monterrey, Puebla e unha presentación especial na Feira de San Marcos en Aguascalientes, esta última fóra do tour. Despois do grande éxito en dito país, a corsa presentou 3 concertos no Canadá e continuou co tour simultaneamente. "Ki M´aime Me Suive" produtora francesa encargada de organizar o tour, estimou que o público superou os 50 000 espectadores.

A lista de cancións deste tour estivo composto na súa maior parte polas cancións do álbum Psychédélices, aínda que tamén ten cancións dos seus anteriores álbums, nos cales Alizée tivo que modificar a música de cancións como "J’en ai marre" e "Moi lolita", xa que Mylène Farmer e Laurent Boutonnat non lle concederon os permisos de dereitos de autor, polo cal só a letra se mantivo orixinal mentres que a instrumentación cambiou.

Alizée como DJ invitado no Hotel Ritz de París no 2010.

2010: Une enfant du siècle, nova imaxe e novo estilo musical

[editar | editar a fonte]

O seu cuarto álbum, Une enfant du siècle, producido en parte por Chateau Marmont, foi lanzado o 29 de marzo 2010. Foi aclamado pola crítica e por significar un cambio radical do estilo de Alizée. Aínda así, o álbum só chegou á posición 23 do top francés e caeu inmediatamente para saír do top unhas semanas despois, vendendo apenas 5 000 exemplares en Francia. Une enfant du siécle só foi distribuído en dous países. Namentres Alizée viaxou a Israel para participar na homenaxe a Serge Gainsbourg o 28 de xullo de dito ano en Tel Aviv, onde interpretou a súa versión do sinxelo "Dis-lui Toi que Je t'aime" de Vanessa Paradis. Para a promoción deste CD, posou na revista de orixe francesa Technikart, na que saíu coa aparencia da cantante Madonna no seu sinxelo "Like a Virgin". "Les Collines (Never Leave You)", o sinxelo promo do cal se desprende o vídeo do mesmo nome, foi publicado unha semana despois do lanzamento. Tralo éxito foi pre-nomeada ao álbum do ano no evento anual francés Victoires de la Musique.

2011 - Presente: participacións, quinto álbum de estudio e filantropía

[editar | editar a fonte]

Alizée participou por sexta vez no espectáculo de Les enfoirés "L'oeil des Enfoirés" en Montpellier. Alizée participou no sinxelo "Des Ricochets" con máis de 44 artistas, lanzado polo grupo París-África fundado por UNICEF na loita contra a desnutrición similar a "We Are the World" de USA for Africa.

Tamén formou parte dos artistas que gravaron a dúo con Alain Chamfort o álbum de estudio Elles & Lui e o sinxelo "Clara veut la Lune". Alizée ten participado en varios espectáculos na TF1 coma as xeracións 90 e 2000.

Logo do último disco de Alizée.

Dende o 1 ata o 6 de febreiro do 2012; Alizée participou en Les Enfoirés co novo espectáculo "Le bal de Les Enforiés" no auditorio Zenith de Lión, que esgotou entradas. Despois desta semana en Lión, a prensa comezou o rumor dun romance con M. Pokora, porén, ambos negaron o informe.

O último disco de Alizée, 5, tiña prevista a súa saía a finais de 2012, pero finalmente atrasou a súa saída ata o 25 de marzo de 2013 cando Sony Music o puxo á venda. "À cause de l'automne", o primeiro sinxelo do disco apareceu o 4 de xullo de 2012.[10]

Música e voz

[editar | editar a fonte]
Alizée en Les enfoirés 2008.

Alizée posúe unha gama vocal mezzo-soprano e comezou a súa carreira musical con cancións que ela describe como "música pop soul". En 2000 irrompeu no mundo da música e converteuse nunha sensación mundial sendo a cantante francesa con máis éxito nun largo período de tempo, Alizée é coñecida por mesturar sons electrónicos co pop. No seu primeiro álbum Alizée utiliza o pop mesturado co Euro Pop con sons suaves, World Music e a clásica chanson francesa. No segundo disco utilizou máis música house, instrumentais e sons electrónicos mesturados cos sons do seu álbum pasado. No terceiro álbum cambiou a maior parte dos sons dos seus dous últimos discos remprazándoos con sons psicodélicos e World Music con música moi rítmica. O sinxelo "Fifty-Sixty" dedicouno á memoria da falecida modelo Edie Sedgwick. Para o seu cuarto álbum fixo un cambio radical no estilo de música cun novo xénero para a súa carreira, o mainstream, con este radical cambio de xénero deu un estilo menos rítmico en comparación cos seus tres últimos discos, que recibiron gabanzas pola crítica.

Influencias

[editar | editar a fonte]
Alizée actuando no Point Ephémère de París en 2010.

Alizée mencionou en varias ocasións a Madonna como unha das súas grandes inspiracións, así como o precursor da Chanson francesa Serge Gainsbourg, Whitney Houston e tamén á súa ex protectora Mylène Farmer. Ela ten dito que lle agrada o estilo de Gwen Stefani e que se inspirou nesta artista para o seu álbum Psychedelices, ao igual que na banda virtual Gorillaz. As súas influencias musicais son o pop en moitas das súas raíces, World Music, a chanson francesa, a música house, o mainstream e o hip hop entre outros.

Imaxe pública

[editar | editar a fonte]

Alizée mostrou no seu debut un estilo libre coma unha lolita chea de inocencia, éxito que a levou a conseguir un premio World Music Award. Na súa segunda etapa uniu unha gran parte do estilo do seu debut, pero máis eléctrico e co cabelo en capas, pero sempre sen demasiada maquillaxe. Despois de dous anos de silencio regresou cun estilo psicodélico e chic, cambio co que cativou a un público novo na súa carreira. Para o seu cuarto álbum fixo un cambio radical tanto no estilo de música e como na imaxe cunha maquillaxe máis madura.

Alizée converteuse nunha icona da cultura pop internacional inmediatamente despois de comezar a súa carreira musical. A NRJ radio referiuse a ela como: "Unha das voces máis polémicas e cantantes femininas do século XXI que irrompeu no mundo da música aos 17 anos cun éxito en todo o mundo que a consolidaría co nome "A Raíña do Europop" encabezando a auxe do europop post-milenario... Alizée dende o principio cultivou unha mestura dunha doce e inocencia de lolita e a forza e talento que fixo romper o banco só con esa imaxe". Está na lista SACEM por ter o "álbum máis vendido por unha artista francesa en solitario nos últimos 30 anos" polo álbum debut Gourmandises que vendeu en tres meses 700 000 copias só en Francia e máis de 4 250 000 vendas en Europa occidental só no ano 2001.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. "Moi... Lolita" — 4'16
  2. "Lui ou toi" — 4'15
  3. "L'Alizé" — 4'15
  4. "J.B.G." — 3'55
  5. "Mon Maquis" — 5'40
  6. "Parler tout bas" — 4'35
  7. "Veni Vedi Vici" — 4'20
  8. "Abracadabra" — 4'00
  9. "Gourmandises" — 4'10
  10. "À quoi rêve une jeune fille" — 4'05
  1. "J'en ai marre!"
  2. "I'm Fed Up!" ("J'en ai marre!" — versión en inglés)
  3. "À Contre-courant"
  4. "Toc de mac"
  5. "Amélie m'a dit"
  6. "Amelie" ("Amélie m'a dit" — versión en inglés)
  7. "C'est trop tard"
  8. "Tempête"
  9. "J'ai pas vingt ans!"
  10. "I'm Not Twenty!" ("J'ai pas vingt ans!" — versión en inglés)
  11. "Hey! Amigo!"
  12. "Youpidou"
  13. "Youpidoo" (versión en inglés)
  14. "Couer déjà pris"
  1. "Intralizée"
  2. "L'Alizé"
  3. "Hey! Amigo!"
  4. "Toc de Mac"
  5. "J'en ai marre!"
  6. "Lui Oi Toi"
  7. "Gourmandises"
  8. "Mon Maquis"
  9. "J.B.G."
  10. "Moi... Lolita"
  11. "Amélie M'a Dit"
  12. "Parler Tout Bas"
  13. "C'est Trop Tard"
  14. "Youpidoo"
  15. "Tempête"
  16. "A Contre Courant"
  1. "Mademoiselle Juliette"
  2. "Fifty Sixty"
  3. "Mon Taxi Driver"
  4. "Jamais Plus"
  5. "Psychédélices"
  6. "Décollage"
  7. "Par Les Paupières"
  8. "Lilly Town"
  9. "Lonely List"
  10. "Idéaliser"
  11. "L’effet"
  1. "Eden, Eden"
  2. "Grand Central"
  3. "Limelight"
  4. "La Candida"
  5. "Les Collines (Never Leave You)"
  6. "14 Décembre"
  7. "A Cœur Fendre"
  8. "Factory Girl"
  9. "Une Fille Difficile"
  10. "Mes Fantômes"

Álbums en vivo e edicións especiais

[editar | editar a fonte]
  • 17 de novembro de 2000: Alizée recibiu o seu primeiro premio, Revelación Femenina Francófona, nos premios M6.
  • 16 de decembro de 2000: Alizée foi nomeada ao premio Petite Princesse á Mellor Cantante.
  • 25 de decembro de 2000: Alizée recibiu o Trophée des Anges, un premio que outorgan os nenos.
  • 20 de xaneiro de 2001: Alizée recibiu dous premios, Revelación Francófona e Mellor Sitio Musical de Internet, polos NRJ Music Awards.
  • 17 de febreiro de 2001: Alizée foi nomeada en Victoires de la musique polo álbum debut do ano (Gourmandises).
  • 31 de maio de 2001: Alizée, Mylène Farmer e Laurent Boutonnat recibiron o premio Vincent Scotto da SACEM pola canción "Moi… Lolita".
  • Xuño de 2001: Alizée recibiu un premio na cerimonia de Hit FM Awards en Rusia.
  • Setembro de 2001: Alizée recibiu o premio «Mellor Éxito Internacional Nunca Lanzado en EU», pola canción "Moi… Lolita", nos segundos premios DMX Awards.
  • Novembro de 2001: Alizée recibiu un premio DMX Awards ao Éxito Internacional pola canción "Moi… Lolita", que soaba en varios países.
  • 25 de decembro de 2001: Alizée recibiu por segundo ano consecutivo o Trophée des Anges.
  • 19 de xaneiro de 2002: Alizée foi nomeada na categoría "Artista Francófona Femenina do Ano" polos NRJ Awards, finalmente Mylène Farmer gañou o premio.
  • 6 de marzo de 2002: Alizée recibiu o World Music Awards por ser a artista de fala francesa que máis discos vendeu ese ano.
  • 16 de outubro de 2008: Alizée foi nomeada aos MTV Latin America Awards, celebrados en México na categoría: Mellor Artista Nova Internacional.
  • 18 de febreiro de 2010: Alizée foi pre-nomeada a Victoires de la musique, na categoría de Mellor álbum do ano por Une enfant du siècle.
  1. Redacción (5 de xaneiro de 2021). "Alizée : ses succès, sa vie... Biographie de la chanteuse star des années 2000". linternaute.fr (en francés). Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  2. Eric Harkleroad (27 de setembro de 2001). "French teen queen breaks the mold". Daily Princetonian. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 11 de novembro de 2012. 
  3. Clark County Official Records Inquiry System Arquivado 04 de outubro de 2009 en Wayback Machine. ; n° certificat D617606.
  4. Biographie - Alizée Arquivado 02 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. sur RFI Musique.
  5. « Le texte intégral de la déposition du général Rondot » Arquivado 07 de maio de 2008 en Wayback Machine., en L'Express del 11 de mayo 2006.
  6. 7,0 7,1 Biografía de Alizée, en RFI Musique Arquivado 05 de novembro de 2009 en Wayback Machine. (consultado o 12 de setembro de 2007)
  7. Instant-mag 2 « Alizée », Pierre-Alexandre Bescos, p.44
  8. Wowpedia - Dancing
  9. "Alizée Art - The name of the album released". Consultado o 21 de abril de 2013.