Yin-Yang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Taijitu (太极图), máis comunmente coñecido como Yin e yang, é un símbolo chinés dun sistema de crenzas chamado taoísmo. Tamén está estilizado como Yinyang ou Yin-Yang.[1] Representa a idea de que a natureza está formada por forzas e enerxía opostas pero complementarias.[2]

É unha representación gráfica das forzas opostas pero complementarias do Yin e o Yang.

Características e significado[editar | editar a fonte]

  • Deseño Básico: Consiste en dous "peixes" xiratorios, un de cor branca (Yang) e outro de cor negra (Yin). Cada un destes "peixes" contén un punto da cor oposta no seu interior. Ambos os dous lados conteñen a cor oposta dentro de si mesmos para representar a idea principal do dualismo. Algúns exemplos destes opostos equilibrados son: Luz e Escuridade, Masculino e Feminino, Expansión e Contracción, Arriba e Abaixo, Sol e Lúa e Movemento e Repouso.[3]
  • Interdependencia: O deseño mostra como o Yin e o Yang están interconectados e non poden existir o un sen o outro. A presenza do punto de cor oposta en cada metade subliña esta interdependencia e a idea de que cada forza contén a semente da súa contrapartida.
  • Fluxo e cambio: O movemento circular do deseño reflicte a natureza cambiante do universo e a transición constante entre o Yin e o Yang. As forzas non son estáticas; en certos momentos e circunstancias, unha pode predominar sobre a outra, pero este estado é temporal e sempre suxeito a cambio.
  • Taoísmo: O Taijitu é profundamente taoísta na súa orixe e significado. Reflicte a filosofía taoísta de equilibrio, harmonía e a interacción constante entre as forzas opostas do universo. Aínda que o Taijitu está máis asociado co taoísmo, tamén se atopa noutras tradicións e prácticas chinesas, como o confucianismo e a medicina tradicional chinesa.
  • Segundo algúns, a ciencia tamén inclúe ese ideal de dualismo nalgunhas áreas, por exemplo o electromagnetismo: os imáns requiren polo norte e polo sur para que sexa funcional e se mova. En química, os protóns pódense representar por Yang e os electróns por Yin.[4] O Nobel de Física Niels Bohr en 1947, levou un emblema cun taijitu en vermello e negro, co lema contraria sunt complementa ("os opostos son somplementarios).[5] O físico Fritjof Capra publicou o libro The Tao of Physics en 1975 que resumiu en que "a ciencia non precisa misticismo e o misticismo non precisa ciencia. Porén, o ser humano precisa ambas as dúas cousas".[6]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

O yin e o yang pódense ver á esquerda da bandeira de Mongolia. Outros países como o Tíbet, ou Estados-nación como Corea do Sur ou Singapur levan o Taijitu na bandeira ou outros símbolos oficiais.

A representación gráfica do concepto tornouse un elemento de mercadeo, e mesmo unha filosofía popular similar aos proverbios de que todo yin ten o seu yang (por exemplo, a comida é esencial para vivir, pero comer moito causa problemas de saúde e comer pouco causa fame).

Algúns exemplos en varios eidos:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Yinyang ; Definition, Meaning, & Facts". www.britannica.com (en inglés). 2023-08-14. Consultado o 2023-08-22. 
  2. "What Do Yin and Yang Represent?". ThoughtCo (en inglés). Consultado o 2023-08-22. 
  3. "Yin&Yang". ancient.eu. 
  4. "The Tao of Physics: An Exploration of the Parallels between Modern Physics and Eastern Mysticism: Fourth Edition, Updated (978-1-57062-519-0) - The Tao of Physics". web.archive.org. 2010-10-09. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2010. Consultado o 2023-08-22. 
  5. Michon, Gerard. "Escutcheons of Science - Armorial of Scientists - Numericana". www.numericana.com (en inglés). Consultado o 2023-08-22. 
  6. Capra, Fritjof (2010-09-14). The Tao of Physics: An Exploration of the Parallels between Modern Physics and Eastern Mysticism (en inglés). Shambhala Publications. ISBN 978-1-59030-835-6. 
  7. "El recurs del buit en la pintura de Ma Yuan" (PDF). Openaccess.uoc.edu (en catalán). 
  8. Liongaming683 (2023-04-25). "Tales of Symphonia Remastered - El Yin para compensar el Yang [Reseña]". Geeks Magazine (en castelán). Consultado o 2023-08-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]