Saltar ao contido

Volgogrado

Volgogrado
 Nome orixinal
Волгоград (ru) dende 1961
Сталинград (ru) dende 1925 ata 1961 Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Волгоград (ru) dende 1961
Валгаград (be) dende 1961
Volgográd (hu) dende 1961
Volgograd (en) dende 1961
Волгоград (uk) dende 1961
Валгаград (be-tarask) dende 1961
Stalingrad (en) dende 1925 ata 1961
Sztálingrád (hu) dende 1925 ata 1961
Сталинград (ru) dende 1925 ata 1961
Сталинград (bg) dende 1925 ata 1961
Сталінград (be-tarask) dende 1925 ata 1961
Сталінград (uk) dende 1925 ata 1961
Сталінград (be) dende 1925 ata 1961
Царицын (ru) dende 1589 ata 1925
Царыцын (be-tarask) dende 1589 ata 1925
Caricin (hu) dende 1589 ata 1925
Царыцын (be) dende 1589 ata 1925
Царицин (uk) dende 1589 ata 1925
Tsaritsyn (en) dende 1589 ata 1925
Царицин (bg) ata 1925 Editar o valor en Wikidata
 Alcume
    Волжская твердыня (ru) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
волгоградец, волгоградка, волгоградцы (ru)
валгаградцы (be-tarask)
volgogradenc (ca)
валгаградка (be-tarask)
валгаградзец (be-tarask)
volgogradenca (ca) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
Fotomontaxe
 Epónimo
Características
 Situación patrimonial
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Irina Guseva (en) Traducir (2013 - 2014)
Andrej Kosolapov (en) Traducir (2014 - 2018)
Q112993224 Traducir (2021 - 2026) Editar o valor en Wikidata
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
1589 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Historia
 Premios e distincións
Localización
 Situado en
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
100.000 (1909) valor descoñecido
100.800 (1914) valor descoñecido
998.000 (1990) valor descoñecido
1.005.000 (1991) valor descoñecido
1.004.000 (1992) valor descoñecido
1.002.000 (1993) valor descoñecido
1.000.000 (1994) valor descoñecido
999.000 (1995) valor descoñecido
999.000 (1996) valor descoñecido
981.909 (2009) valor descoñecido
1.021.215 (2010) valor descoñecido
1.016.137 (2016) valor descoñecido
1.015.586 (2017) valor descoñecido
1.013.533 (2018) valor descoñecido
1.004.763 (2021) balance demográfico
1.018.898 (2024) balance demográfico
1.012.219 (2025) balance demográfico Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   859 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   80 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal400001–400138 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap3374767 Editar o valor en Wikidata
VIAF239459316 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07_h1 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX457360
Wikidata G:Commons C:Commons

Volgogrado[1] (en ruso, Волгоград; Volgograd Ru-Volgograd.ogg /vɐlɡəˈɡrat/ ) é unha cidade situada na Federación Rusa e antigamente chamada Tsaritsyn entre 1598 e 1925 e Stalingrado entre 1925 e 1961.[2] Está situada no óblast homónimo, na confluencia dos ríos Volga e Tsaritsa. As súas orixes remóntanse á creación dun centro de apoio ao comercio fluvial nas marxes altas do río Volga e para establecer unha cidade fronteiriza no norte do Cáucaso. Alcanzou a fama e o recoñecemento mundial por ser sitio dunha das máis cruentas batallas da segunda guerra mundial, a batalla de Stalingrado, na cal soldados soviéticos resistiron heroicamente os intentos de conquista por parte das forzas nazis entre xuño de 1942 e febreiro de 1943, a un altísimo custo de vidas humanas.

A cidade en 1623.

Fundada en 1589 co nome de Tsaritsyn que foi tomado do río Tsaritsa (do tártaro Sary Su, Auga Amarela). A fortaleza foi establecida coa fin de defender a inestable fronte sur do Imperio Tsarista, converténdose co tempo nun importante centro de tránsito e de comercio. Foi capturada polos cosacos en dúas oportunidades, a primeira en 1670 baixo a sublevación encabezada por Stenka Razin, e posteriormente en 1774 por Yemelián Ivánovich Pugachev. A finais do século XIX era un dos máis importantes portos fluviais do Volga.

Durante a guerra civil rusa a cidade e os seus arredores foron centro de grandes combates entre os bolxeviques e os menxeviques, que a tomaron en 1918 baixo o mando de Anton Ivanovich Denikin. Foi recuperada polos revolucionarios ao ano seguinte, para tomar o nome de Stalingrado, por ser Stalin quen a conquistou para o Exército Vermello nunha decisiva vitoria durante a guerra civil. Durante o réxime soviético converteuse nun importante centro industrial altamente perfeccionado, ademais de ser un centro neurálxico para o transporte fluvial e o transporte de bens por ferrocarril.

Durante a segunda guerra mundial (coñecida en Rusia como a Gran Guerra Patriótica) converteuse no centro da máis sanguenta batalla da Historia[Cómpre referencia], a batalla de Stalingrado. Esta foi un episodio decisivo na segunda guerra mundial tanto para o sostemento da resistencia da Unión Soviética contra o Exército de Adolf Hitler, como tamén como punto de crebe do avance nazi durante a guerra. Os exércitos de Alemaña, Italia e Romanía, trataron de tomala como un sitio estratéxico para conquistar a Unión Soviética pero un rápido xiro do millón de homes de Stalin rodearon a cidade e iniciaron unha desesperada resistencia. A batalla iniciouse o 21 de agosto de 1942 e durou ata o 2 de febreiro de 1943, coa rendición do mariscal de campo Friedrich Paulus e todo o VI Exército Alemán.

A batalla custou entre 1.7 e 2 millóns de mortos entre soldados do Eixo e forzas soviéticas. En recoñecemento ao heroísmo mostrado polo Exército Vermello e os seus habitantes, a cidade recibiu a condecoración de "Cidade Heroica" en 1945, ademais de recibir de agasallo conmemorativo pola defensa, unha espada especialmente confeccionada para o efecto por orde do rei do Reino Unido Xurxo VI. A reconstrución da devastada cidade tomou varios anos, durante a cal creouse un gran complexo conmemorativo da batalla chamado Mamaev Kurgan, no outeiro homónimo. Existe un gran museo que mostra pezas e armamento utilizados durante o asedio, tales como o fusil usado polo francotirador Vasili Záitsev, heroe da Unión Soviética e protagonista da película Inimigo ás portas.

Durante o proceso de desestalinización iniciado a fins da década de 1950, a cidade foi rebautizada co nome de Volgogrado, que literalmente significa "cidade do Volga". Este feito foi curiosamente prexudicial para a cidade, xa que ninguén relacionaba a Volgogrado coa famosa cidade da guerra. Ata houbo unha breve pero forte campaña en 1985 durante o goberno de Konstantín Chernenko para retomar o nome que tanta fama lle deu. Ata na actualidade existe un certo grao de apoio para retomar o nome entre a poboación local, aínda que non hai noticias diso de parte do goberno federal[Cómpre referencia].

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno0200.000400.000600.000800.0001.000.0001.200.00019001920194019601980200020202040VolgogradoEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "Volgogrado". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2196.
  2. ↑ "Stalingrado". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1967.