Emmelie de Forest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Emmelie de Forest
Emmelie de Forest, ESC2013 press conference 12 (crop).jpg
Emmelie no 2013
Nome completo Emmelie Charlotte-Victoria de Forest
Nacemento 28 de febreiro de 1993 (25 anos)
Orixe Randers, Dinamarca Dinamarca
Ocupación(s) Cantante, compositora
Instrumento(s) Voz
Tempo en activo 2013 - actualidade
editar datos en Wikidata ]

Emmelie Charlotte-Victoria de Forest, nada o 28 de febreiro de 1993 en Randers, é unha cantante e compositora danesa.

Logo de gañar o Dansk Melodi Grand Prix 2013, representou a Dinamarca no Festival de Eurovisión 2013 que se celebrou en Malmö (Suecia) coa canción "Only Teardrops", proclamándose gañadora do certame.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emmelie de Forest actuando no Festival de Eurovisión 2013.

Forest comezou a cantar aos 9 anos. Aos 14 anos, colaborou co músico escocés Fraser Neill, facendo aparicións en varios festivais e centros culturais. En 2011 mudouse de Mariager (Xutlandia Setentrional) a Copenhaguen e inscribiuse na escola de cantantes 'Complete Vocal Institute' de Katrine Sadolins.

Foi unha dos dez participantes do Dansk Melodi Grand Prix, que determina o representante de Dinamarca en Eurovisión, que se celebrou o 26 de xaneiro de 2013, onde gañou coa canción "Only Teardrops".[1]

Emmelie de Forest representou a Dinamarca no Festival de Eurovisión celebrado en Malmö (Suecia) o 18 de maio de 2013. Presentouse coa canción "Only Teardrops" e, partindo como favorita,[2] acabou gañando o certame con 281 puntos,[3] onde alcanzou unha marxe de 53 puntos respecto ao que quedou segundo, Acerbaixán.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Only Teardrops (2013)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]