Nuno Treez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNuno Treez
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxograr Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galego-portuguesa Editar o valor em Wikidata

Nuno Treez foi un xograr galego[1] cuxas cantigas forman parte do hipotético Cancioneiro de xograres galegos, polo que se pode deducir que é un xograr de profesión e tamén de orixe galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa obra relaciónase cunha ermida consagrada a San Clemente, en base a iso, estudosos como Ramón Menéndez Pidal sosteñen que era un xograr e sitúano nunha illa de Pontevedra de Bueu.[2] Con todo, o profesor Xosé Luís Couceiro, apunta a que pode proceder do municipio coruñés de Narón, onde houbo unha ermida dedicada a San Clemente. o profesor Xabier Ron Fernández sostén que se trata dun xograr galego natural da localidade ourensá de Trez que aparece na documentación do mosteiro de Montederramo.[2][3]   

As dúbidas sobre o apelido Treez[editar | editar a fonte]

O apelido deste xograr foi amplamente debatido e, aínda que o máis aceptado é Treez, hai outras opinións.

Obra[editar | editar a fonte]

De Nuno Treez coñécense catro cantigas, todas do subxénero de cantigas de romaría:[4] «Des quando vos fostes daqui»[5], «San Clemenço do mar»[6], «Non vou eu a San Clemenço orar e faço gram razom» e «Estava-m' em San Clemenço, u fora fazer oraçom».

San Clemenço do mar,
se mi d'el non vingar,
non dormirei.

San Clemenço senhor,
se vingada non for,
non dormirei.

Se vingada non for
do fals'e traedor,
non dormirei.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Motivos naturalistas e configurações simbólicas na cantiga de amigo" (PDF). Instituto de Filosofia. Consultado o 1 de setembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-04-17. 
  3. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-17. 
  4. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-17. 
  5. "Nuno Treez". Cantigas medievais galego-portuguesas. Consultado o 1 de setembro de 2016. 
  6. "Nuno Treez". Cantigas medievais galego-portuguesas. Consultado o 1 de setembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]