Voivodato de Volinia (1566-1795)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do voivodato na República das Dúas Nacións.

O voivodato de Volinia (en polaco: województwo wołyńskie; en lituano: Voluinės vaivadija; en ucraíno: Волинське ваяводзтва) foi unha división administrativa do Gran Ducado de Lituania (dende 1566), cedida a partir de 1569 á Coroa do Reino de Polonia. A súa capital foi a cidade de Łuck (hoxe en Ucraína). Desapareceu coa terceira partición de Polonia en 1795, sendo anexionado polo Imperio Ruso e incorporado á gobernación de Volinia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]