Orde de San Basilio Magno
| Orde de San Basilio Magno | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Escudo | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Parte de
| |||||||
|
Relixión
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Cargo dirixente
| |||||||
|
Fundador/a
| |||||||
|
Presidente/a
| |||||||
|
Número de membros
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||
A Orde de San Basilio Magno (en latín: Ordo Sancti Basilii Magni; en ucraíno: Чин Святого Василія Великого), tamén coñecida como Orde Basiliana de San Xosafat, é un instituto relixioso masculino de dereito pontificio e de rito bizantino. Os seus membros engaden ao seu nome as siglas O.S.B.M.
Historia
[editar | editar a fonte]Os monxes basilianos tiveron un papel importante na difusión do cristianismo na Rus de Kíiv. Coa Unión de Brest da Metrópole de Kíiv coa Igrexa Católica, o metropolita Yosyf Rutskyi e o bispo Yosafat Kuntsevych reformaron o monasticismo segundo o modelo das ordes relixiosas latinas, e favoreceron a unión de varios monasterios baixo o goberno dun protoarquimandrita. O papa Urbano VIII aprobou a orde cun breve do 20 de agosto de 1631.
Logo das particións de Polonia a orde sufriu moito por mor da persecución tsarista e xosefinista. En 1882 o papa León XIII promoveu a restauración da orde, o que foi posíbel especialmente grazas ao traballo e Andrei Sheptytskyi. O papa Pío XII aprobou o 14 de xuño de 1954 as novas constitucións da orde.