È stata la mano di Dio
È stata la mano di Dio | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | È stata la mano di Dio |
Director | Paolo Sorrentino |
Produtor |
|
Guión | Paolo Sorrentino |
Intérpretes |
|
Música | Lele Marchitelli |
Fotografía | Daria D'Antonio |
Montaxe | Cristiano Travaglioli |
Estudio | The Apartment |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Festival de Venecia: 2 de setembro de 2021 |
Duración | 130 minutos[1] |
Orixe | Italia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
|
È stata la mano di Dio é un filme italiano de 2021 escrito, dirixido e producido por Paolo Sorrentino. Está protagonizado por Filippo Scotti, Toni Servillo, Teresa Saponangelo, Marlon Joubert, Luisa Ranieri, Renato Carpentieri, Massimiliano Gallo, Betti Pedrazzi, Biagio Manna e Ciro Capano. O filme ten referencias autobiográficas á mocidade de Sorrentino en Nápoles.
Competiu polo León de Ouro na 78ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde gañou o Gran Premio do Xurado e onde Filippo Scotti recibiu o Premio Marcello Mastroianni. Estreouse nos cinemas de Italia o 24 de novembro de 2021, e en liña a través de Netflix o 15 de decembro de 2021. Foi escollido como candidato de Italia para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[2] sendo nomeado xunto a outros catro filmes.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Na década de 1980, Fabietto (Filippo Scotti) é un rapaz de Nápoles que vive co seu pai Saverio Schisa (Toni Servillo) e a súa nai Maria Schisa (Teresa Saponangelo). Non ten moitos amigos nin amante e quere estudar filosofía na facultade. Polo momento, escoita principalmente música e ve como Diego Maradona xoga no seu equipo local, o Napoli. O seu irmán Marchino (Marlon Joubert) lévao a audicións de interpretación e empatizaa co seu afecto pola súa tía Patrizia (Luisa Ranieri), con problemas emocionais. Entón, a traxedia golpea a familia Schisa e Fabietto chega á maioría de idade dun xeito cruel e brutal.[3][4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Filippo Scotti como Fabietto Schisa
- Toni Servillo como Saverio Schisa
- Teresa Saponangelo como Maria Schisa
- Luisa Ranieri como Patrizia
- Massimiliano Gallo como Franco
- Renato Carpentieri como Alfredo
- Marlon Joubert como Marchino Schisa
- Betti Pedrazzi como Baronesa Focale
- Biagio Manna como Armando
- Ciro Capano como Capuano
- Enzo De Caro como San Gennaro
- Sofya Gershevich como Yulia
- Roberto Oliveri como Maurizio
- Lino Musella como Mariettiello
- Cristiana Dell'Anna como irmá de Armando
- Monica Nappo como Silvana
- Carmen Pommella como Annarella
- Adriano Saleri como asistente de Fellini
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Hand of God". Festival Internacional de Cinema de Venecia. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Oscar 94^ Edizione: "È stata la mano di Dio" È il film Italiano designato per la categoria "International Feature Film Award"". ANICA. 26 de outubro de 2020. Consultado o 26 de outubro de 2020.
- ↑ Bradshaw, Peter (1 de decembro de 2021). "Paolo Sorrentino tells his own Maradona story". The Guardian. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ Marius, Marley (3 de decembro de 2021). "Paolo Sorrentino tells his own Maradona story". Vogue. Consultado o 9 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- È stata la mano di Dio na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)