Saltar ao contido

Fiorella Faltoyano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFiorella Faltoyano

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1949 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Málaga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1966 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeJosé Luis Tafur Editar o valor en Wikidata
ParellaFernando Méndez-Leite Editar o valor en Wikidata
PaiRamón Pardo Arias Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0266540 Allocine: 49671 Allmovie: p195882 TCM: 919770 BNE: XX1640603 Editar o valor en Wikidata

María Blanca Fiorella Renzi Gil, coñecida como Fiorella Faltoyano, nada en Málaga o 19 de outubro de 1949, é unha actriz española de orixe galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixe familiar

[editar | editar a fonte]

Cando naceu Fiorella Faltoyano coñeceu unicamente a súa nai, María Asunción Gil Paradela (1921-2007), filla á súa vez do político católico afincado en Monforte de Lemos, Andrés Gil Municio (falecido en 1957[1]). Quen lle deu o apelido Renzi foi o italiano Giovanni Renzi, que casou daquela coa nai, mentres que o nome artístico llo deu a parella posterior da súa nai, o empresario malagueño Constantino Faltoyano, e que foi tamén o pai dos seus dous medio-irmáns, Mauricio e Constantino, tamén empresarios.

O nome do pai non se soubo ata o ano 2012, cando unhas probas de ADN sinalaron a quen fora alcalde de Pantón, Ramón Pardo Arias, falecido en 1998. Pardo Arias e Gil Paradela foran mozos durante varios anos, pero ao pouco de quedar embarazada a nai de Fiorella Faltoyano separáronse para sempre[2][3][4].

Carreira artística

[editar | editar a fonte]

De nena viviu en Málaga e en Madrid. Cursou estudos dramáticos e en 1967 debutou coa compañía teatral de Nati Mistral. Case ao mesmo tempo aparece no filme Club de solteros, de Pedro Mario Herrero e acada popularidade como actriz nos programas de teatro en televisión Hora once, Teatro de siempre, Estudio 1 ou Novela e como presentadora do espectáculo ¡Señoras y señores!, na versión realizada por José María Quero en 1974-75.

En 1977 logra o seu maior éxito cinematográfico como protagonista de Asignatura pendiente, de José Luis Garci, xunto a José Sacristán. Con Garci e Sacristán repite en Solos en la madrugada (1978) e en Canción de cuna (1994). Roda outras películas, entre elas La colmena (1982) e Después del sueño (1992), de Mario Camus; ¡Biba la banda! (Ricardo Palacios, 1987); La sombra del ciprés es alargada (Luis Alcoriza, 1990) e La sal de la vida (Eugenio Martín, 1996).

Paralelamente potenciou a súa carreira televisiva, ao participar en La máscara negra (1982), Tango (1991), La Regenta (1995), Hermanos de leche (1994-95), Cuéntame cómo pasó (2003-04), Obsesión (2005), Hospital Central (2006), Alfonso, el príncipe maldito (2010) ou Amar en tiempos revueltos (2011).

Para o teatro protagonizou Ellas, la extraña pareja (2001-02), La calumnia (2004-07), Agnes de Dios (2007-09) e Galdosiana (2009-10), obras en que compartiu cartel e labores de produción coa actriz Cristina Higueras a través da súa compañía Nueva Comedia.[5]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]
Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos
AñoCategoríaPelículaResultado
1994Mellor actrizCanción de cunaGañadora

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou co produtor cinematográfico José Luis Tafur Carande, de quen tivo un fillo. Logo de separarse del comezou unha nova relación sentimental co director de cine Fernando Méndez-Leite. Ten dúas netas[6].

Libros publicados

[editar | editar a fonte]
  • Aprobé en Septiembre. Memorias de una conocida actriz y de una desconocida mujer. Editorial: La Esfera de los Libros. Ano: 2014.[7] ISBN 9788490600160
  • El ojo de la cerradura. Historias inquientes. Editorial: Grupo Sar Alejandría. Ano: 2024. ISBN: 9788412441277.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Necrolóxica de Andrés Gil Municio en ABC, 27/10/1957.
  2. "La actriz Fiorella Faltoyano demuestra ser hija de un exalcalde de Pantón" El Progreso, 30/1/2012
  3. Redacción (26 de xaneiro de 2012). "Fiorella Faltoyano prueba ser hija de un exalcalde de Pantón". laregion.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2025.
  4. Redacción (4 de febreiro de 2012). "«Necesitaba saber quién era mi padre»". abc.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2025.
  5. "Web da produtora de Teatro Nueva Comedia". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2012. Consultado o 06 de xaneiro de 2013.
  6. "Fiorella Faltoyano: "Mis nietas me vuelven loca, pero viven en Bermudas" Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Diez Minutos
  7. Agapea

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]