Saltar ao contido

Jordan Farmar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJordan Farmar

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1986 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónWilliam Howard Taft Charter High School (en) Traducir
Birmingham High School (en) Traducir
Universidade de California, Os Ánxeles
Escola hebrea Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso81 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Número deportivo1 Editar o valor en Wikidata
Convocado porLos Angeles Lakers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2004–2006 UCLA Bruins
2006–2010 Los Angeles Lakers
2007–2007 cesión South Bay Lakers
2010–2012 Brooklyn Nets
2011–2011 Maccabi Tel Aviv B.C.
2012–2013 Anadolu Efes S.K.
2013–2014 Los Angeles Lakers
2014–2015 Los Angeles Clippers
2015–2015 Darüşşafaka S.K.
2015–2016 Maccabi Tel Aviv B.C.
2016–2016 Memphis Grizzlies
2016–2016 Sacramento Kings

Jordan Robert Farmar, nado nos Ánxeles (California) o 30 de novembrode 1986, é un xogador de baloncesto estadounidense, que debutou como profesional na National Basketball Association (NBA) nas filas de Los Angeles Lakers durante a tempada 2006-07 e onde conseguiu dous aneis de campión.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

High School

[editar | editar a fonte]

Durante a súa tempada como xogador de instituto, foi considerado un dos mellores xogadores da súa cidade, Os Ánxeles, chegando a anotar 54 puntos nun partido. Terminou cunha media de 27,5 puntos e 6,5 asistencias, o que lle valeu ser recoñecido polo xornal Los Angeles Times como o xogador do ano.

Universidade

[editar | editar a fonte]

Asistiu soamente durante un ano á prestixiosa UCLA, onde estaba considerado un dos mellores bases anotadores da NCAA. Levou ao seu equipo, os Bruins, á final do campionato, onde perderon con Florida Gators por 57-73. Ao finalizar o campionato, anunciou a súa decisión de entrar no Draft da NBA. Tivo unha media durante esa tempada de 13,5 puntos e 5,1 asistencias.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido no draft de 2006 por un dos equipos da súa cidade, os Lakers, no posto 26 da primeira rolda. Impresionou aos observadores de tódolos equipos polo seu impresionante salto en vertical de 1,06 metros. Levando a camiseta co número 5 ás costas, asumiu a súa status de rookie, xogando unha media de 15,1 minutos por partido, e cunha media de 4,4 puntos e 1,9 asistencias.

Durante esa tempada, foi descendido ao equipo da NBA Development League de Los Angeles D-Fenders, filial do seu equipo, onde tan só disputou un partido, regresando de novo ao persoal dos Lakers. A tempada 2007-08 a súa progresión fíxolle ser un dos primeiros recambios utilizados por Phil Jackson, dobrando as súas estatísticas en practicamente todos os apartados. En 2010 asinou un contrato cos New Jersey Nets por 3 anos e 12 millóns de dólares.

O 3 de agosto de 2011, Farmar asinou un contrato dun ano co Maccabi Tel Aviv da Ligat ha'Al de Israel.[1]

O 11 de xullo de 2012, foi traspasado xunto a Anthony Morrow, , Jordan Williams, Johan Petro, DeShawn Stevenson e unha elección da primeira rolda do Draft de 2013 ós Atlanta Hawks a cambio de Joe Johnson.[2] Un día despois, foise a xogar a Turquía, tras asinar un contrato de tres anos co Anadolu Efes.[3]

O 17 de xullo de 2013, Farmar volveu ós Lakers.[4]

O 9 de xullo de 2014, Farmar asinou cos Los Angeles Clippers.[5] Foi cortado o 16 de xaneiro de 2015.[6] En 36 partidos, fixo 4.6 puntos, 1.9 asistencias e 1.2 rebotes por encontro.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2011. Consultado o 03 de agosto de 2011. 
  2. "TWO MAJOR TRANSACTIONS SIGNIFICANTLY RESHAPE HAWKS FUTURE". NBA.com. 11 de xullo de 2012. Consultado o 11 de xullo de 2012. 
  3. "Anadolu Efes Istanbul officially signs Jordan Farmar". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2012. Consultado o 13 de xullo de 2012. 
  4. Lakers Sign Jordan Farmar
  5. CLIPPERS SIGN FARMAR AND HAWES
  6. Markazi, Arash (16 de xaneiro de 2015). "Clippers waive Jordan Farmar". ESPN.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2015. Consultado o 20 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]