Solomon Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Solomon Jones
Solomon Jones Pacers 2009.jpg
Axente libre
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 16 de xullo de 1984 (35 anos)
Flag of Florida.svg Eustis, Florida
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
Instituto Mount Dora, Florida
Universidade Daytona State (2002–2004)
South Florida (2004–2006)
NBA Draft 2006 / Rolda: 2 / Elección: 33

Por Atlanta Hawks

Carreira dende 2006
Historial de equipos
Atlanta Hawks (2006–2009)
Indiana Pacers (2009-2011)
Los Angeles Clippers (2012)
New Orleans Hornets (2012)
Liaoning Flying Leopards (2013)
New York Knicks (2013)
Orlando Magic (2013–2014)
Erie BayHawks (2014)
Changsha Bank Guangdong (2014)
Oklahoma City Blue (2017)

Solomon Jones III, nado o 16 de xullo de 1984 en Eustis, Florida, é un xogador profesional norteamericano de baloncesto que actualmente é axente libre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Solomon foi á Mount Dora High School, dende onde saltou á Universidade de Florida do Sur. A súa primeira tempada pasouna en branco, e no seu ano sophomore asinou 6,6 puntos e 6,2 rebotes. Foi na súa terceira tempada cando amosou unhas calidades que se viron reflectidas nos seus números: 13,2 puntos, 9,2 rebotes e 3,1 tapóns, rematando 2º na clasificación de reboteadores e taponadores da Big East nun equipo frouxo coma Florida do Sur (que paradoxalmente compite nunha grande conferencia como a Big East). Algúns dos seus mellores partidos foron estes: 7 puntos, 17 rebotes, 5 asistencias e 5 tapóns fronte a Villanova; 12 puntos, 12 rebotes e 6 tapóns fronte aos Huskies e 23 puntos (9 de 10 en tiros), 9 rebotes, 3 asistencias e 2 tapóns fronte a Georgetown.

NBA[editar | editar a fonte]

Solomon Jones foi elixido polos Atlanta Hawks no Draft da NBA de 2006 no posto nº 33. No seu ano coma rookie fixo 3,3 puntos e 2.2 rebotes nunha tempada na que unicamente contou con minutos cando os partidos estaban resoltos. A súa mellor actuación chegou no último encontro dos Hawks, fronte aos Indiana Pacers, onde asinou 14 puntos, 8 rebotes e 2 tapóns. Outra das súas actuacións máis salientables tivo lugar o 23 de decembro fronte aos Detroit Pistons, onde fixo o seu primeiro e único dobre-dobre ata o momento: 10 puntos e 10 rebotes. O 30 de xullo de 2009 asinou polos Indiana Pacers coma axente libre.

En 2012, uniuse aos Los Angeles Clippers,[1] pero foi cortado tras xogar 10 partidos.[2] O 15 de febreiro de 2012, asinou un contrato de dez días cos New Orleans Hornets.[3] O 27 de febreiro de 2012, asinou cos Hornets un segundo contrato de dez días.[4]

O 12 de abril de 2013, asinou un contrato cos New York Knicks..[5] Foi cortado tres días máis tarde.[6]

En setembro de 2013, asinou cos Orlando Magic.[7] O 4 de xaneiro de 2014, foi cortado polos Magic.[8] O 10 de febreiro de 2014, foi adquirido polos Erie BayHawks da NBA Development League.[9]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jones in the Middle". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2012. 
  2. "CLIPPERS WAIVE JONES". NBA.com. 2012-02-07. Consultado o 2012-02-18. 
  3. "HORNETS SIGN SOLOMON JONES". NBA.com. 2012-02-15. Consultado o 2012-02-18. 
  4. "HORNETS SIGN SOLOMON JONES". NBA.com. 2012-02-27. Consultado o 2012-03-01. 
  5. "Knicks sign Solomon Jones for rest of season". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2013. Consultado o 31 de outubro de 2013. 
  6. Knicks Waive Solomon Jones
  7. Magic Sign Osby, Four Others; Prepare for Camp
  8. "Magic Waive Solomon Jones". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 4 de xaneiro de 2014. Consultado o 4 de xaneiro de 2013. 
  9. BayHawks Add Nine-Year NBA Veteran

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]