Ryan Hollins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ryan Hollins
Axente libre
Información persoal
Nacemento 10 de outubro de 1984 (39 anos)
Illinois Pasadena (California)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 104 kg (230 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Instituto John Muir (Pasadena, California)
Universidade UCLA (2002–2006)
NBA Draft 2006 / Rolda: 2 / Elección: 50
Por Charlotte Bobcats
Carreira dende 2006
Historial de equipos
Charlotte Bobcats (2006–2009)
Fort Worth Flyers (NBA D-League) (2006)
Dallas Mavericks (2009)
Minnesota Timberwolves (2009–2010)
Cleveland Cavaliers (2010–2012)
Boston Celtics (2012)
Los Angeles Clippers (2012–2014)
Sacramento Kings (2014–2015)
Washington Wizards (2015)
Memphis Grizzlies (2015–2016)
Gran Canaria (2016–2017)
Auxilium Torino (2017)

Ryan Kenwood Hollins, nado o 10 de outubro de 1984 en Pasadena (California), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que é axente libre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hollins, cos Cavaliers, fai un mate sobre Yi Jianlian.

Hollins foi elixido na segunda rolda (50ª posición) do Draft da NBA de 2006 polos Charlotte Bobcats. Foi o 100º xogador de UCLA en ser elixido no Draft da NBA. Na súa tempada coma rookie, xogou en 27 partidos e acadou 2.6 puntos por encontro.

Durante a pretempada de 2008, os Bobcats fixéronlle unha oferta e Hollins converteuse en axente libre restrinxido.[1] O 25 de xullo de 2008, asinou a oferta que lle fixeran para quedar un ano máis cos Charlotte Bobcats.[2]

O 16 de xaneiro de 2009, Hollins foi traspasado aos Dallas Mavericks xunto con Matt Carroll a cambio de DeSagana Diop.[3]

O 3 de agosto de 2009, asinou polos Minnesota Timberwolves un contrato por tres anos cun valor de 7 millóns de dólares.[4] Os Mavericks non igualaron a oferta, e Hollins foise a Minnesota.[5]

O 26 de xullo de 2010, Hollins foi traspasado aos Cleveland Cavaliers xunto ao base Ramon Sessions e unha elección da segunda rolda do Draft da NBA de 2013, a cambio de Delonte West e Sebastian Telfair.[6] O 20 de marzo de 2012, foi cortado polos Cavaliers.[7]

Asinou cos Boston Celtics o 23 de marzo de 2012.[8] Hollins xogou en 15 partidos da tempada regular cos Celtics, e en 17 de 20 partidos nos Playoffs, aportando enerxía e capacidade reboteadora.

O 23 de xullo de 2012, asinou cos Los Angeles Clippers.[9]

O 18 de setembro de 2014, Hollins asinou cos Sacramento Kings.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Offers Extended to Okafor and Hollins, Option Picked Up on Davidson". NBA.com. 2008-07-01. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2009. Consultado o 2009-08-04. 
  2. "Bobcats Re-sign Ryan Hollins". NBA.com. 2008-07-25. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2008. Consultado o 2009-08-04. 
  3. "Mavericks Acquire Carroll and Hollis; Trade Diop". NBA.com. 2009-01-16. Consultado o 2009-01-17. 
  4. "Wolves Sign Restricted Free Agent Ryan Hollins". NBA.com. 2009-08-03. Consultado o 2009-08-04. 
  5. Nichols, Bill (2009-08-10). "Dallas Mavericks won't match T-wolves' offer to Hollins". Dallas Morning News. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2009. Consultado o 2009-08-10. 
  6. "Cavaliers Acquire Sessions and Hollins from Minnesota". NBA.com. 2010-07-26. Consultado o 2010-07-27. 
  7. Cleveland Cavaliers waive center Ryan Hollins
  8. Celtics sign center Ryan Hollins
  9. "Clippers sign Ryan Hollins". NBA.com. 2012-07-23. Consultado o 2012-07-23. 
  10. "Kings Sign Center Ryan Hollins". NBA.com. 18 de setembro de 2014. Consultado o 18 de setembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]