Joel Freeland
![]() | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1987 (36 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 112 kg (247 lb) |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Farnham Heath End School |
Universidade | Farnborough College of Technology |
NBA Draft | 2006 / Rolda: 1 / Elección: 30 Por Portland Trail Blazers |
Carreira | 2005–2017 |
Historial de equipos | |
Gran Canaria B (2005–2006) Gran Canaria (2006–2009) CB Málaga (2009–2012) Portland Trail Blazers (2012–2015) → Idaho Stampede (2012) CSKA Moscova (2015–2017) |
Joel Daniel Freeland, nado o 7 de febreiro de 1987 en Aldershot, Hampshire, é un ex xogador de baloncesto profesional británico.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras pasar por dous equipos ingleses, Freeland chegou ó segundo equipo do CB Gran Canaria da Liga EBA. Na tempada 2005-06, Freeland fixo 14.8 puntos, 7.6 rebotes, 0.7 asistencias, 1.0 roubos e 0.8 tapóns por partido.
O 28 de xuño de 2006, foi elixido polos Portland Trail Blazers na 30ª posición do Draft da NBA de 2006. Porén, os Blazers recomendáronlle a súa volta a Europa para mellorar o seu xogo. En agosto de 2006, asinou un contrato por dous anos co Gran Canaria da Liga ACB.[1]
En 2009, Freeland fichou polo Unicaja Málaga, asinando un contrato de 5 anos cun valor de 4.5 millóns de euros.[2]
O 13 de xullo de 2012, Freeland asinou un contrato de tres anos cos Portland Trail Blazers.[3] O 14 de decembro de 2012, foi asignado ós Idaho Stampede da NBA D-League, e foi chamado de volta dous días despois.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Freeman jugará en la ACB con el Gran Canaria Grupo Dunas - Marca.com
- ↑ "Euroleague.net UNICAJA bulks up with Joel Freeland.". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2012. Consultado o 23 de marzo de 2013.
- ↑ "Trail Blazers Sign British Forward Joel Freeland". iamatrailblazersfan.com. 13 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1987
- Nados en Hampshire
- Xogadores de baloncesto de Inglaterra
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers
- Xogadores do CB Gran Canaria
- Xogadores do CB Málaga
- Xogadores dos Portland Trail Blazers
- Xogadores do PBC CSKA Moscova
- Xogadores de baloncesto olímpicos do Reino Unido
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012