Shannon Brown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Shannon Brown
Shannon Brown Naval Medical Center.jpg
Axente libre
Escolta
Información persoal
Nacemento 29 de novembro de 1985 (32 anos)
Flag of Illinois.svg Maywood, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Información da carreira
Instituto Proviso East High School
Universidade Michigan State (2003–2006)
NBA Draft 2006 / Rolda: 1 / Elección: 25

Por Cleveland Cavaliers

Carreira dende 2006
Historial de equipos
Cleveland Cavaliers (2006-2008)
Chicago Bulls (2008)
Charlotte Bobcats (2008-2009)
Los Angeles Lakers (2009-2011)
Phoenix Suns (2011-2013)
San Antonio Spurs (2014)
New York Knicks (2014)
Miami Heat (2014)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2009, 2010)
Información en nba.com

Shannon Brown, nado o 29 de novembro de 1985 en Maywood, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto que é axente libre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

High School[editar | editar a fonte]

Brown asistiu ao Proviso East High School en Maywood, onde compartiu equipo con Dee Brown, xogador de Utah Jazz. En 2003, Brown foi nomeado "Illinois Mr. Basketball" e foi incluído no McDonald's All-American.

Universidade[editar | editar a fonte]

Brown xogou ao baloncesto universitario con Michigan State Spartans. Foi incluído no segundo equipo do All-Big Ten na súa etapa junior e no All-Big Ten defensivo. No seu ano junior tivo unha media de 17,2 puntos por partido e 4,4 rebotes.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado por Cleveland Cavaliers na 25ª posición do Draft de 2006. No seu primeiro ano na liga xogou pouco, aparecendo en cancha en só 23 encontros, 5 deles de titular, e cunha media de 3,2 puntos por partido. Xa na súa segunda tempada as súas medias chegaron case aos 10 puntos por partido, duplicando en número de minutos.

O 21 de febreiro de 2008 foi traspasado a Chicago Bulls nun traspaso a tres bandas entre os Bulls, os Cavaliers e Seattle Sonics. Xunto con el, chegaba ao equipo Cedric Simmons, Drew Gooden e Larry Hughes. O 6 de agosto de 2008 asinou un contrato dun ano con Charlotte Bobcats.

O 7 de febreiro de 2009 foi traspasado xunto con Adam Morrison a Los Angeles Lakers a cambio de Vladimir Radmanović.[1]

O 9 de decembro de 2011 foi fichado polos Phoenix Suns coma axente libre. Foi traspasado o 25 de outubro de 2013, xunto a Marcin Gortat, Malcolm Lee e Kendall Marshall ós Washington Wizards a cambio de Emeka Okafor e unha elección de primeira rolda do Draft de 2014.[2] Tres días máis tarde, Brown, Lee e Marshall foron cortados polos Wizards.[3]

O 1 de febreiro de 2014, asinou un contrato de dez días cos San Antonio Spurs.[4] O 12 de febreiro de 2014, asinou un segundo contrato de dez días cos Spurs,[5] pero unha vez rematado este segundo contrato, San Antonio decidiu non renovar a Brown para o resto da tempada.

O 27 de febreiro de 2014, Brown asinou un contrato de dez días cos New York Knicks.[6] O 10 de marzo de 2014, asinou un segundo contrato de dez días cos Knicks.[7] O 20 de marzode 2014, asinou cos Knicks para o resto da tempada.[8] O 23 de xullo de 2014, foi cortado polos Knicks.[9][10]

O 27 de agosto de 2014, Brown asinou cos Miami Heat.[11] O 24 de novembro de 2014, foi cortado polos Heat.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Radmanovic traded for Morrison, Brown
  2. "Wizards Acquire Gortat From Suns". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 25 de outubro de 2013. Consultado o 25 de outubro de 2013. 
  3. "Wizards Waive Brown, Lee and Marshall". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 28 de outubro de 2013. Consultado o 28 de outubro de 2013. 
  4. Spurs Sign Shannon Brown to 10-day Contract
  5. Spurs Sign Shannon Brown to Second 10-day Contract
  6. "Knicks Sign Shannon Brown, Earl Clark To 10-Day Contracts". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2014. Consultado o 27 de febreiro de 2014. 
  7. "Knicks Sign Earl Clark And Shannon Brown To 2nd 10-Day Contracts". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  8. Knicks sign Shannon Brown for rest of season
  9. Knicks waive Shannon Brown
  10. New York Knicks Cut Shannon Brown
  11. HEAT Signs Shannon Brown
  12. HEAT Signs Hassan Whiteside

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]