Ligat ha'Al

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ligat Winner Sal
Hapoel Jerusalem Basketball.jpg
Fundación1953
PaísFlag of Israel.svg Israel
ConfederaciónEuropa FIBA Europa
ComisionadoShmuel Frenkel
Equipos12
CopaCopa de Israel
DescensoLiga Leumit
Actual campiónMaccabi Tel Aviv (52º título)
Máis laureadoMaccabi Tel Aviv (52 títulos)
TelevisiónSport 5
Sitio webbasket.co.il

A Ligat ha'Al ou Ligat HaAl (en hebreo: ליגת העל‎, en galego: Super Liga) é a máxima cateogoría do baloncesto de Israel. Actualmente é coñecida por motivos de patrocinio como Ligat Winner Sal (en hebreo: ליגת ווינר סל‎), sendo "Winner" o nome dun xogo ofertado pola compañía de apostas Sports Betting Board.[1] Ás veces tamén se coñece ao campionato como a Israeli Premier League, á veces abreviado BSL (Basketball Super League) ou ISBL (Israeli Basketball Super League). A competición está organizada pola Israeli Basketball Super League Administration Ltd.

Formato[editar | editar a fonte]

Na Ligat Winner compiten cada ano os doce principais clubs de baloncesto de Israel. Fundada en 1954, a liga é coñecida en Europa debido ao éxito dos equipos israelís nas competicións europeas como a Euroliga, a ULEB Eurocup (antiga Copa ULEB) e o EuroChallenge (antes Eurocopa). Moitos xogadores que non son elixidos no Draft da NBA deciden probar sorte nesta liga.

A competición é a primeira división no baloncesto israelí: os catro equipos que acaban últimos na liga xogan unha eliminatorias para evitar o descenso á Segunda División, mentres que oito da segunda categoría (Liga Leumit) xogan un playoff de ascenso para poder competir ao ano seguinte na HaAl. Para decidir ao campión da liga, os oito primeiros clasificados xogan unha eliminatoria de playoff que da acceso a unha "Final a Catro" na que se decide o título mediante unhas semifinais e unha final a partido único.

Ligazóns coa NBA[editar | editar a fonte]

A liga israelí foi unha das pioneiras en Europa en tomar contacto con equipos da NBA para a disputa de amigables entre equipos de ambas as ligas. Así, nos anos 1980 foi frecuente ver en Israel a equipos como os Phoenix Suns, os Cleveland Cavaliers e Orlando Magic. En outubro de 2005, o Maccabi Tel Aviv derrotou aos Toronto Raptors nun partido amigable de pretempada en Toronto, Canadá, por 103-105, sendo a primeira vitoria dun equipo europeo sobre un norteamericano na súa casa.[2] A pesar de que varios xogadores israelís foron seleccionados no Draft da NBA nos últimos anos, non foi até 2009 cando Omri Casspi se converteu no primeiro xogador nado en Israel na NBA, xogando para os Sacramento Kings. Antes del foran "drafteados" Doron Sheffer, Yotam Halperin e Lior Eliyahu.

Equipos[editar | editar a fonte]

Ligat Winner Sal 2018–19.

Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2018−19 da Ligat Winner Sal.

Equipo Cidade Pavillón Capacidade
Bnei Herzliya Herzliya Herzliya HaYovel Herzliya 1.500
Hapoel Be'er Sheva Kiryat Gat Bersebá Conch Arena 3.000
Hapoel Eilat Eilat Eilat Begin Arena 1.490
Hapoel Gilboa Galil Haifa Gilboa Gan Ner Sports Hall 2.057
Hapoel Holon Holon Holon Holon Toto Hall 5.500
Hapoel Jerusalem Xerusalén Xerusalén Pais Arena Jerusalem 11.600
Hapoel Tel Aviv Tel Aviv Tel Aviv Drive in Arena 3.504
Ironi Nahariya Nahariya Nahariya Ein Sarah 2.500
Ironi Nes Ziona Nes Ziona Nes Ziona Lev Hamoshava 1.200
Maccabi Ashdod Ashdod Ashdod HaKiriya Arena 2.200
Maccabi Rishon LeZion Rishon LeZion Rishon LeZion Beit Maccabi Rishon 2.200
Maccabi Tel Aviv Tel Aviv Tel Aviv Menora Mivtachim Arena 11.060

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos por equipo[editar | editar a fonte]

Bet Maccabi.
Equipo Campionatos Subcampionatos
Maccabi Tel Aviv 52 8
Hapoel Tel Aviv 5 20
Hapoel Jerusalem 2 6
Hapoel Gilboa Galil 2 3
Hapoel Holon 1 3
Maccabi Haifa 1 2
Maccabi Rishon LeZion 1 1
Hapoel Ramat Gan 0 6
Ironi Ramat Gan 0 3
Hapoel Gevat/Yagur 0 3
Hapoel Haifa 0 2
Hapoel Eilat 0 2
Elitzur Netanya 0 1
Maccabi Ironi Ra'anana 0 1
Ironi Nahariya 0 1
Maccabi Ashdod 0 1

Finais[editar | editar a fonte]

Temporada Campión Subcampión Resultado Formato
1953–54 Maccabi Tel Aviv Hapoel Holon Só liga regular
1954–55 Maccabi Tel Aviv Hapoel Holon Só liga regular
1955–56 Cancelado debido á Guerra de Suez
1956–57 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv Só liga regular
1957–58 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv Só liga regular
1958–59 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv Só liga regular
1959–60 Hapoel Tel Aviv Maccabi Tel Aviv Só liga regular
1960–61 Hapoel Tel Aviv Maccabi Tel Aviv Só liga regular
1961–62 Maccabi Tel Aviv Hapoel Haifa Só liga regular
1962–63 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv Só liga regular
1963–64 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv Só liga regular
1964–65 Hapoel Tel Aviv Hapoel Haifa Só liga regular
1965–66 Hapoel Tel Aviv Maccabi Tel Aviv Só liga regular
1966–67 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv Só liga regular
1967–68 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv Só liga regular
1968–69 Hapoel Tel Aviv Maccabi Tel Aviv Só liga regular
1969–70 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv Só liga regular
1970–71 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv Só liga regular
1971–72 Maccabi Tel Aviv Hapoel Gvat/Yagur Só liga regular
1972–73 Maccabi Tel Aviv Ironi Ramat Gan Só liga regular
1973–74 Maccabi Tel Aviv Ironi Ramat Gan Só liga regular
1974–75 Maccabi Tel Aviv Hapoel Ramat Gan Só liga regular
1975–76 Maccabi Tel Aviv Hapoel Gvat/Yagur Só liga regular
1976–77 Maccabi Tel Aviv Hapoel Ramat Gan Só liga regular
1977–78 Maccabi Tel Aviv Hapoel Gvat/Yagur Miniliga entre os 6 mellores clasificados
1978–79 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv 2:0 Eliminatorias ao mellor de 3
1979–80 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv Só liga regular
1980–81 Maccabi Tel Aviv Hapoel Ramat Gan Só liga regular
1981–82 Maccabi Tel Aviv Hapoel Ramat Gan Miniliga entre os 3 mellores clasificados
1982–83 Maccabi Tel Aviv Hapoel Ramat Gan 2:0 Eliminatorias ao mellor de 3
1983–84 Maccabi Tel Aviv Hapoel Ramat Gan 2:0 Eliminatorias ao mellor de 3
1984–85 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv 2:1 Eliminatorias ao mellor de 3
1985–86 Maccabi Tel Aviv Maccabi Elitzur Netanya 2:0 Eliminatorias ao mellor de 3
1986–87 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv 2:1 Eliminatorias ao mellor de 3
1987–88 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv 2:1 Eliminatorias ao mellor de 3
1988–89 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv 2:0 Eliminatorias ao mellor de 3
1989–90 Maccabi Tel Aviv Hapoel Galil Elyon 3:0 Eliminatorias ao mellor de 5
1990–91 Maccabi Tel Aviv Maccabi Rishon LeZion 3:1 Eliminatorias ao mellor de 5
1991–92 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv 3:2 Eliminatorias ao mellor de 5
1992–93 Hapoel Galil Elyon Hapoel Tel Aviv 3:1 Eliminatorias ao mellor de 5
1993–94 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv 3:0 Eliminatorias ao mellor de 5
1994–95 Maccabi Tel Aviv Hapoel Galil Elyon 3:0 Eliminatorias ao mellor de 5
1995–96 Maccabi Tel Aviv Hapoel Jerusalem 3:0 Eliminatorias ao mellor de 5
1996–97 Maccabi Tel Aviv Hapoel Jerusalem 3:0 Eliminatorias ao mellor de 5
1997–98 Maccabi Tel Aviv Hapoel Eilat 3:0 Eliminatorias ao mellor de 5
1998–99 Maccabi Tel Aviv Hapoel Jerusalem 3:1 Eliminatorias ao mellor de 5
1999–00 Maccabi Tel Aviv Maccabi Ironi Ra'anana 3:1 Eliminatorias ao mellor de 5
2000–01 Maccabi Tel Aviv Hapoel Jerusalem 3:0 Eliminatorias ao mellor de 5
2001–02 Maccabi Tel Aviv Ironi Ramat Gan 3:0 Eliminatorias ao mellor de 5
2002–03 Maccabi Tel Aviv Ironi Naharia 3:0 Eliminatorias ao mellor de 5
2003–04 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv 3:0 Eliminatorias ao mellor de 5
2004–05 Maccabi Tel Aviv Hapoel Tel Aviv 3:0 Eliminatorias ao mellor de 5
2005–06 Maccabi Tel Aviv Hapoel Jerusalem 96–66 Formato Final Four
2006–07 Maccabi Tel Aviv Hapoel Jerusalem 80–78 Formato Final Four
2007–08 Hapoel Holon Maccabi Tel Aviv 73–72 Formato Final Four
2008–09 Maccabi Tel Aviv Maccabi Haifa 85–72 Formato Final Four
2009–10 Gilboa/Galil Maccabi Tel Aviv 90–77 Formato Final Four
2010–11 Maccabi Tel Aviv Gilboa/Galil 91–64 Formato Final Four
2011–12 Maccabi Tel Aviv Maccabi Ashdod 83–63 Formato Final Four
2012–13 Maccabi Haifa Maccabi Tel Aviv 86–79 Single game format
2013–14 Maccabi Tel Aviv Maccabi Haifa 81–77 ; 82–84 Formato de ida e volta
2014–15 Hapoel Jerusalem Hapoel Eilat 80–65 ; 88–68 Formato de ida e volta
2015–16 Maccabi Rishon LeZion Hapoel Jerusalem 83–77 Formato Final Four
2016–17 Hapoel Jerusalem Maccabi Haifa 83–76 Formato Final Four
2017–18 Maccabi Tel Aviv Hapoel Holon 95–75 Formato Final Four

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BSL Sponsors
  2. "Os Toronto Raptors caen ante o Maccabi de Tel Aviv". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 25 de maio de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]