Adam Morrison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adam Morrison
Adam Morrison.jpg
Axente libre – No. 6
Aleiro
Información persoal
Nacemento 19 de xullo de 1984 (29 anos)
Flag of Montana.svg Glendive, Montana
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso 93 kg (205 lb)
Instituto Mead Senior High School
Información da carreira
Universidade Gonzaga
NBA Draft 2006 / Rolda: 1 / Elección: 3

Escollido por Charlotte Bobcats

Carreira dende 2006
Historial de equipos
Charlotte Bobcats (2006-2009)
Los Angeles Lakers (2009-2010)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2009, 2010)
Información en nba.com

Adam Morrison, nado o 19 de xullo de 1984 en Glendive, Montana, é un xogador norteamericano de baloncesto que actualmente non milita en ningún equipo. Foi dúas veces campión da NBA con Los Angeles Lakers.

Carreira[editar | editar a fonte]

Instituto[editar | editar a fonte]

O pai de Adam Morrison é o ex adestrador de baloncesto John Morrison, e a súa familia tivo que estar a se mudar con el durante a súa carreira como técnico. Estivo en Casper College de Casper, Wyoming, na Universidade Dakota Wesleyan en Mitchell, Dacota do Sur e en Dawson Community College en Glendive, Montana. Cando Adam estaba en cuarto grao, o seu pai deixou de adestrar e a familia mudouse a Spokane, Washington. En oitavo, Adam perdeu catorce quilos e nun dos campus de baloncesto de Gonzaga comezou a sentirse enfermo. En palabras súas, non podía facer nada. Morrison estaba no correcto, despois disto, diagnosticáronlle diabetes tipo 1. Morrison encaixou o seu diagnostico de maneira moi optimista e positiva, o cal lle axudou moito. A súa enfermidade non supuxo ningún tipo de impedimento no seu camiño por converterse nunha estrela no mundo do baloncesto, e xa empezaba a dar acenos diso no Instituto Mead, en Spokane.

Na súa tempada senior, bateu os records de anotación tanto nunha campaña como na historia total do instituto, liderándoos, ademais, á final estatal. A pesar de xogar a final con hipoglucemia foi capaz de anotar 37 puntos que non valeron para dar a vitoria ao seu equipo. Esa foi a única derrota de Mead na tempada. Desde o final da súa tempada junior xa estaba apalabrado coa Universidade de Gonzaga.

Diabetes[editar | editar a fonte]

Adam padece diabetes tipo 1, que provoca o cesamento da produción de insulina no corpo. É unha disfunción do sistema inmunolóxico que desactiva as células beta do páncreas, as produtoras de insulina; a hormona que axuda a converter a glicosa en enerxía. Cunha dieta sa e revisións periódicas, a cousa irá como unha seda. Ademais a súa boa mentalización e o practicar deporte, supoñen a mellor cura para a enfermidade.

Universidade[editar | editar a fonte]

Morrison chegou á Universidade de Gonzaga en 2003, aquela tempada (2003-04) como "freshman" presentouse alentadora, 11.4 puntos por encontro facían caber moitas esperanzas ao redor deste xogador. Foi incluído no Mellor Quinteto Freshman da West Coast Conference. Como "sophomore" mellorou, como era previsible, as súas prestacións. Do quinteto freshman pasou ao quinteto da WCC, ademais da honorable mención All-American. Todo isto, mercé aos seus 19 puntos, 5.5 rebotes e 2.8 asistencias por encontro cos que deleitou. Con todo, ao equipo faltáballe un hervor para chegar máis lonxe na NCAA. Caeron en 2ª rolda ante a Universidade de Texas Tech.

O seu ano "junior" foi a consagración dun aleiro que apuntaba moi alto. Empezou a 2005-06 de maneira impresionante. Nos dous primeiros partidos de Gonzaga no Maui Invitational, un dos torneos universitarios máis prestixiosos que se disputa en pretemporada. En 1ª rolda, Morrison anotou 25 puntos fronte a Maryland. En semifinais fíxolles 43 puntos a Michigan State. Na final perderon 65-63 fronte a UConn e Adam levou o MVP. En liga regular fixo 13 partidos de 30 ou máis puntos, con 5 encontros por encima dos 40. O 18 de febreiro Morrison callou o seu mellor partido en anotación, facendo 44 puntos a Loyola Marymount Lions con 37 na 2ª parte. Tivo unha media de 28,1 puntos (1º), 5.5 rebotes e 1.8 asistencias por partido. Pero o maior pau sufriuno no torneo NCAA, onde caeron en semifinais no cadro de Oakland, despois de desperdiciar unha vantaxe de 17 puntos ante UCLA nun encontro que pasará á historia da Universidade. Con 3:26 para o final, Gonzaga vencía de 9 puntos. Adam Morrison levou, xunto co seu amigo J.J. Redick, o trofeo Óscar Robertson Trophy ao Xogador do Ano, ademais de levar outro galardón similar patrocinado por Chevrolet. Foi finalista do Premio Naismith e do Premio John R. Wooden, ambos os conseguidos por J.J. Reddick. Era o momento de dar o salto á NBA.

NBA[editar | editar a fonte]

Morrison foi elixido por Charlotte Bobcats (cuxo manager de operacións é Michael Jordan, é máis, esta foi a súa primeira decisión) no posto 3 do draft de 2006, por detrás de Andrea Bargnani (Toronto Raptors) e de LaMarcus Aldridge (Chicago Bulls). O 6 de xullo de 2006, os Bobcats asinaron un contrato de 2 anos a Morrison. O 1 de novembro de 2006 fixo o seu debut na liga fronte a Indiana Pacers asinando 14 puntos, 3 rebotes e 2 asistencias. O seu tope en puntos conseguiuno o 30 de decembro de 2006 con 30 fronte aos Pacers.

A tempada de Morrison foi de máis a menos, empezou o primeiro mes de competición cunha media de 15,3 puntos (con malas porcentaxes, iso foi a tónica da tempada), 2,9 rebotes e 2,1 asistencias e levándose o premio de rookie do mes. En decembro, xaneiro e febreiro mantívose ao redor dos 12 puntos, pero aos poucos perdendo protagonismo en detrimento de Walter Herrmann. Acabou o seu ano rookie con 11,8 puntos, 2,9 rebotes e 2,1 asistencias. Foi incluído no 2º quinteto e participou no Rookie Challenge do All Star 2007 en Las Vegas. O 7 de febreiro de 2009 foi traspasado xunto con Shannon Brown a Los Angeles Lakers a cambio de Vladimir Radmanović.[1] No verán de 2010 asinou cos Washington Wizards, aínda que foi despedido antes de debutar.

USA Basketball[editar | editar a fonte]

Morrison acumula catro internacionalidades con equipos junior da selección de baloncesto dos Estados Unidos, mais aínda non debutou coa absoluta. Foi seleccionado para a preparación do Mundial de Xapón 2006, pero foi un dos descartes do equipo.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • O mostacho de Morrison ten a súa orixe nunha aposta co seu antigo compañeiro de Gonzaga David Pendergraft. Desde entón, ese bigote converteuse en todo un fenómeno.
  • Entre os seus gustos musicais destacan Rage Against the Machine, X-Raided e Metallica.
  • É un gran amigo do agora xogador de Orlando Magic e ex Duke, J.J. Redick.
  • Observa vídeos do seu ídolo Larry Bird para perfeccionar o seu xogo. Ten un poster na súa habitación que dicía "DETERMINATION".
  • De ideal político comunista, o seu ídolo fora do deporte é o Che Guevara. Ten un poster na súa habitación que di "Hasta la victoria siempre". Tamén tiña outro de Karl Marx.
  • Normalmente come bistec e patacas ao forno dúas horas antes de cada encontro.
  • Gústanlle os videoxogos, especialmente o "Halo 2". Foi portada do xogo de EA Sports NCAA Basketball 2007.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adam Morrison