Luke Walton
![]() | |
Sacramento Kings | |
Adestrador | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1980 (40 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | University of San Diego High School |
Universidade | Arizona (1999–2003) |
NBA Draft | 2006 / Rolda: 2 / Elección: 32 |
Carreira | 2003–2013 |
Historial de equipos | |
Los Angeles Lakers (2003–2012) Cleveland Cavaliers (2012–2013) | |
Premios e galardóns | |
Como xogador: 2× Campión da NBA (2009, 2010) Como adestrador: 1× Campión da NBA (2015) | |
Información en nba.com |
Luke Theodore Walton, nado o 28 de marzo de 1980 en San Diego (California) é un ex xogador de baloncesto estadounidense que actualmente é o adestrador dos Sacramento Kings. É fillo do mítico xogador dos 80 Bill Walton. Mide 2,03 metros e xogaba de ala.
Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
Walton xogou durante catro tempadas nos Wildcats da Universidade de Arizona. A súa mellor tempada foi a terceira, como júnior, que conseguiu unhas estatísticas de 15,7 puntos, 7,3 rebotes, 6,3 asistencias e 1,6 roubos de balón. se graduou en 2002.
Profesional[editar | editar a fonte]
Foi elixido no Draft da NBA de 2003, no posto 32 da segunda rolda, por Los Angeles Lakers. Durante as súas tres primeiras tempadas, apenas dispuxo de minutos para demostrar a súa valía. Está considerado como un xogador dun enorme potencial de recursos técnicos, polivalente e áxil, e por fin na tempada 2006-07 conseguiu dispor de minutos e unha media de 11,6 puntos, 4,8 rebotes e 4,3 asistencias. Na tempada 2007/08 gañou co seu equipo as finais de conferencia fronte a San Antonio, aínda que perderon as finais fronte aos Boston Celtics.
Na tempada 2008/09, coa saída do equipo de Vladimir Radmanović, recuperou a titularidade, sumou máis minutos e colaborou en lograr o anel para a franquía de California.
O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Cleveland Cavaliers xunto a unha elección de primeira rolda do Draft de 2012 a cambio de Ramon Sessions, Christian Eyenga.[1]
Curiosidades[editar | editar a fonte]
![]() | As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
- No brazo dereito loce unha tatuaxe, the dancing skeletons, así rende tributo á mítica banda californiana: The Grateful Dead.
- O seu nome, aínda que haxa xente que pense que provén do personaxe de Star Wars Luke Skywalker xa que ao seu pai púñanlle a música da película cada vez que anotaba unha canastra, en realidade é unha homenaxe de Bill Walton ao seu amigo e compañeiro de equipo Maurice Lucas.
- A persoa que máis admira é a súa nai por coidar del e os seus irmáns.
- Goza escoitando a Grateful Dead, Bob Dylan e Rolling Stones.
- É fillo de Susie e Bill Walton.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Lakers Shore Up Backcourt". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1980
- Nados en San Diego
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Alas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers
- Adestradores asistentes dos Golden State Warriors
- Adestradores dos Los Angeles Lakers