Joe Johnson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joe Johnson
Posición Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 29 de xuño de 1981 (42 anos)
Arcansas Little Rock, Arcansas
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Información da carreira
Instituto Little Rock Central (Arcansas)
Universidade Arkansas (1999–2001)
NBA Draft 2001 / Rolda: 1 / Elección: 10
Por Boston Celtics
Carreira 2001–2018
Historial de equipos
Boston Celtics (2001–2002)
Phoenix Suns (2002–2005)
Atlanta Hawks (2005–2012)
Brooklyn Nets (2012–2016)
Miami Heat (2016)
Utah Jazz (2016–2018)
Houston Rockets (2018)
Premios e galardóns
NBA All-Star (20072012, 2014)
3º Equipo All-NBA (2010)

Joe Marcus Johnson, nado o 29 de xuño de 1981 en Little Rock (Arcansas), é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogaba como escolta ou ala. Foi seleccionado no Draft da NBA polos Boston Celtics en 2001.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Little Rock (Arcansas), Joe Johnson estudou no Instituto Little Rock Central, onde xogou ao baloncesto. Grazas ao seu rendemento tivo varias ofertas de bolsas para estudar en prestixiosas universidades como Duke ou Connecticut; porén, finalmente decantouse pola Universidade de Arkansas. Na súa primeira tempada liderou ao seu equipo en anotación (16,0 puntos por partido) e en rebotes (5,7), chegando a ser o primeiro novato en conseguilo na historia da universidade. Nos dous anos que permaneceu alí fixo unha media de 15,0 puntos e 6,1 rebotes por partido.[1]

Tras pasar dous anos na universidade, declarouse elixíbel para o Draft da NBA de 2001, onde foi elixido no décimo posto polos Boston Celtics. Tras media temporada no equipo de Boston, foi traspasado aos Phoenix Suns onde permaneceu até 2005. A súa explosión de xogo chegaría na temporada 2003−04, onde aumente as súas estatísticas até o 16,7 puntos, 4,7 rebotes e 4,4 asistencias. Tras a súa estadía no equipo de Novo México, asina polos Atlanta Hawks, onde na temporada 2006−07 aumenta os seus números até conseguir unha media de 25,0 puntos por partido, sendo un dos máximos anotadores da liga. Ese mesmo ano é chamado para xogar por primeira vez o Partido do All-Star. En 2010 sería ademais incluído no Terceiro Equipo All-NBA. Tras varios anos en Atlanta cuns números destacábeis, en xullo de 2012 é traspasado aos Brooklyn Nets a cambio de Jordan Farmar, Anthony Morrow, Jordan Williams, Johan Petro, DeShawn Stevenson e unha elección de primeira rolda do Draft de 2013.[2]

O 25 de febreiro de 2016, Johnson e os Nets chegaron a un acordo para a rescisión do seu contrato.[3] O 27 de febreiro de 2016, Johnson asinou cos Miami Heat.[4] O día seguinte, fixo o seu debut cos Heat, na vitoria por 98-81 contra os New York Knicks, facendo 12 puntos, 3 rebotes e 3 asistencias en 30 minutos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Perfil de Johnson en TDR". The Draft Review (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  2. "Brooklyn Nets Acquire All-Star Joe Johnson". NBA.com (en inglés). 11 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  3. "Brooklyn Nets Waive Joe Johnson". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 25 de febreiro de 2016. Consultado o 25 de febreiro de 2016. 
  4. "HEAT Signs Joe Johnson". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 27 de febreiro de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2016. 
  5. "Wade scores 26, Heat beat Knicks in Joe Johnson's debut". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 28 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]