UCLA Bruins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
UCLA Bruins
División División I de la NCAA
Subdivisión no fútbol americano Football Bowl Subdivision (FBS)
Conferencia Pacific Ten Conference
Alcume Bruins
Mascota Joe Bruin
Estadio de fútbol americano Rose Bowl
(92.452 espectadores)
Pavillón de baloncesto Pauley Pavilion
(12.829 espectadores)

Os UCLA Bruins son o equipo deportivo da Universidade de California, Os Ánxeles. Os Bruins en categoría masculina e feminina participan na División I da NCAA como parte da Pacific Ten Conference.

UCLA dispón de excelentes instalacións. O equipo de fútbol americano xoga os seus encontros no Rose Bowl dende 1982, mentres que o de baloncesto o fai no Pauley Pavilion, un pavillón con capacidade para 12.829 espectadores que foi inaugurado en 1965. Deportistas de elite coma Cade McNown, Kareem Abdul-Jabbar, Reggie Miller, Jimmy Connors, Bill Walton ou Jackie Robinson proceden de UCLA.

O equipo feminino de waterpolo deulle á universidade, en 2007, o seu título nacional número 100, un record absoluto na NCAA.

Deportes[editar | editar a fonte]

Os Bruins participan nas seguintes modalidades deportivas:

Baloncesto[editar | editar a fonte]

Os Bruins, cuxas orixes se remontan a 1920, posúen o récord de 11 campionatos da NCAA gañados. O equipo de UCLA adestrado por John Wooden gañou 10 títulos en 12 tempadas, entre 1964 e 1975, incluídos 7 consecutivos entre 1967 e 1973. O actual adestrador dos Bruins, Ben Howland, semella devolver ao equipo á elite nacional, presentándose na Final Four nas tempadas de 2006 e 2007.

Un total de 70 xogadores dos Bruins chegaron á NBA[1]

Records da NCAA[editar | editar a fonte]

O equipo de baloncesto de UCLA posúe varios récords da NCAA:[2]

  • 11 títulos da NCAA.
  • 7 títulos consecutivos da NCAA (1967-1973).
  • 13 aparicións na final da NCAA.
  • 17 aparicións na Final Four.
  • 10 Final Four consecutivas (1967-1976).
  • 26 vitorias en Final Four.
  • 38 vitorias consecutivas en partidos do torneo da NCAA (1964-1974).
  • 134 semanas coma número 1 na lista AP Top 25 dos mellores equipos universitarios.
  • 221 semanas consecutivas na lista AP Top 25 (1966-1980).
  • 54 tempadas consecutivas con porcentaxe de vitorias superior ao 50% (1949-2002).
  • 88 partidos consecutivos gañados na fase regular (1971-1974).

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]