Shawne Williams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shawne Williams
Axente libre
Posición Ala / Ala-pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 16 de febreiro de 1986 (38 anos)
Memphis, Tennessee
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Información da carreira
Instituto Laurinburg Institute
Universidade Memphis (2005–2006)
NBA Draft 2006 / Rolda: 1 / Elección: 17
Por Indiana Pacers
Carreira dende 2006
Historial de equipos
Indiana Pacers (2006-2008)
Dallas Mavericks (2008-2010)
New York Knicks (2010-2011)
New Jersey Nets (2011-2012)
Guangzhou Liu Sui (2013)
Los Angeles Lakers (2013-2014)
Los Angeles D-Fenders (2014)
Los Angeles Lakers (2014)
Miami Heat (2014-2015)
Detroit Pistons (2015)
Información en nba.com

Shawne Brian Williams, nado o 16 de febreiro de 1986 en Memphis, Tennessee, é un xogador americano de baloncesto profesional actualmente axente libre.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Williams foi seleccionado na 17ª posición do Draft da NBA de 2006 polos Indiana Pacers, e asinou o seu contrato o 6 de xullo. Anotou 13 puntos no seu debut na NBA contra os Chicago Bulls o 11 de decembro de 2006.

O 10 de outubro de 2008, Williams foi traspasado aos Dallas Mavericks a cambio de Eddie Jones, dúas eleccións de segunda rolda do Draft e diñeiro.[1]

O 11 de xaneiro de 2010, os Mavericks traspasaron a Williams e a Kris Humphries aos New Jersey Nets a cambio de Eduardo Nájera.[2] Catro días despois, os Nets o despediron.[3]

O 23 de setembro de 2010, asinou un contrato dun ano cos New York Knicks.[4]

O 15 de decembro de 2011, asinou cos New Jersey Nets un contrato por dous anos, que superaron a oferta realizada polos Knicks.[5]

O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Portland Trail Blazers xunto a Mehmet Okur e unha eleccións de primeira rolda do Draft a cambio de Gerald Wallace,[6] pero nunca chegou a xogar cos Blazers.

O 3 de setembro de 2013, asinou cos Los Angeles Lakers.[7]

O 1 de agosto de 2014, Williams asinou cos Miami Heat.[8] O 19 de febreiro de 2015, Williams foi traspasado ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre os Heat, os Pelicans e os Phoenix Suns.[9] Tres días máis tarde, foi cortado polos Pelicans.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mavericks Acquire Forward Shawne Williams". NBA.com. 2008-10-10. Consultado o 2010-12-04. 
  2. "Nets Acquire Kris Humphries and Shawne Williams from Dallas". NBA.com. 2010-01-11. Consultado o 2010-01-12. 
  3. "Nets Waive Shawne Williams". NBA.com. 2010-01-15. Consultado o 2010-12-04. 
  4. "Knicks Sign Shawne Williams". NBA.com. 2010-09-23. Consultado o 2010-12-04. 
  5. "Shawne Williams passes on re-signing with Knicks, will join Nets". nydailynews.com. 2011-12-17. Consultado o 2011-12-17. 
  6. "Nets Get Wallace From Blazers". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012. 
  7. Lakers Sign Shawne Williams
  8. "HEAT Signs Shawne Williams". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 1 de agosto de 2014. Consultado o 1 de agosto de 2014. 
  9. "Pelicans Complete Three-Team Trade with Miami, Phoenix". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. 
  10. Pelicans Waive Shawne Williams

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]