Shelden Williams
Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 21 de outubro de 1983 (40 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 113 kg (250 lb) |
Información da carreira | |
Universidade | Duke |
NBA Draft | 2006 / Rolda: 1 / Elección: 5 Por Atlanta Hawks |
Carreira | dende 2006 |
Historial de equipos | |
Atlanta Hawks (2006–2008) Sacramento Kings (2008–2009) Minnesota Timberwolves (2009) Boston Celtics (2009–2010) Denver Nuggets (2010–2011) New York Knicks (2011) New Jersey Nets (2011–2012) Élan Chalon (2012–2013) Tianjin Ronggang (2013–2015) |
Shelden DeMar Williams, nado en Oklahome City, Oklahoma, o 21 de outubro de 1983, é un ex xogador estadounidense de baloncesto e actual adestrador asistente dos Erie BayHawks da NBA G League.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Instituto[editar | editar a fonte]
No instituto Midwest City obtivo todos estes galardóns:
- Seleccionado no EA Sports High School All-America de 2002.
- Xogador do ano Gatorade en Oklahoma (2001, 2002)
- Xogador do ano USA Today en Oklahoma (2001)
- Xogador do ano en Oklahoma polo Daily Oklahoman (2001)
- Mellor defensor de Oklahoma (2000, 2001)
- Elixido coma un dos 5 mellores xogadores que ían dar o salto á NCAA na 2001-02 por Future Stars, BlueChipHoops.com e College Basketball News e o mellor aleiro por Basketball News e Prepstars.
- Tres veces all-state, all-district e all-city (1999-2001)
- Parade All-America (2001)
Foi suspendido no equipo por un incidente nunha habitación dun hotel en Columbus, Ohio, no que foi acusado de violación.
Universidade[editar | editar a fonte]
Williams graduouse na Universidade de Duke, onde pasou 4 anos, dende 2002 ata 2006, licenciándose en álxebra. Cos Blue Devils foi toda unha estrela e deixou para a posteridade diferentes récords coma líder histórico en rebotes o tapóns. Os seus números foron moi destacados en cada unha das tempadas que pasou alí. Na 2003-04 comezou brillar con 12.6 puntos, 8.5 rebotes e 3 tapóns, en 2004-05 incrementou ata os 15.5 puntos, 11.2 rebotes e 3.7 tapóns e no seu último ano, na 2005-06 foise ata os 18.8 puntos, 10.7 rebotes e 3.8 tapóns. Esa tempada logrou ser o terceiro xogador de Duke en conseguir unha tripla dobre, ao asinar 19 puntos, 11 rebotes e 10 tapóns na vitoria sobre Maryland o 11 de xaneiro de 2006.
Outro dos seus logros non só a nivel de Duke, senón de toda a NCAA é o feito de converterse no terceiro xogador na historia do baloncesto universitario en anotar 1500 puntos, capturar 1000 rebotes, taponar 350 tiros e roubar 150 balóns durante a súa aventura na NCAA. Só Tim Duncan e Ralph Sampson foron capaces diso. A súa camiseta nº 23 foi retirada na universidade o 28 de xaneiro de 2007.
Algúns dos recoñecementos que tivo foron os seguintes:
- Defensor do ano, National Association of Basketball Coaches (2005, 2006)
- Primeiro quinteto All American, Associated Press (2006)
- Primeiro quinteto All American, John R. Wooden (2006)
- Senior CLASS All-Senior All American Team (2006)
- Finalista no xogador do ano, John R. Wooden (2006)
En Duke gañou o alcume de "The Landlord"; o seu tamaño, intensidade e estilo agresivo de xogo fixérono converterse en todo un dono da pintura.
NBA[editar | editar a fonte]
Shelden foi elixido polos Atlanta Hawks no posto nº 5 do draft de 2006. Comezou contando pouco, pero a medida que foi transcorrendo a tempada foi gañando minutos, confianza e xogo ata o punto de chegar a ser o mellor rookie do mes de abril na Conferencia Leste da NBA, promediando 11.6 puntos e 10.6 rebotes. Velaquí algunhas das súas actuacións máis salientables en dito mes:
- 6 de abril fronte aos Milwaukee Bucks: 12 puntos, 16 rebotes e 3 roubos.
- 13 de abril fronte aos Washington Wizards: 14 puntos, 10 rebotes, 3 tapones e 2 roubos.
- 16 de abril fronte aos Milwaukee Bucks: 16 puntos, 17 rebotes e 3 asistencias.
- 17 de abril fronte aos Indiana Pacers: 21 puntos e 10 rebotes.
O 16 de febreiro de 2008 foi traspasado aos Sacramento Kings xunto con Anthony Johnson, Tyronn Lue, Lorenzen Wright e unha segunda rolda do draft de 2008 a cambio do base Mike Bibby, mentres que un ano despois foi enviado aos Minnesota Timberwolves xunto con Bobby Brown por Rashad McCants e Calvin Booth. O 3 de agosto de 2009 asinou un contrato dun ano cos Boston Celtics.[1] E o 14 de xullo de 2010 asinou outro contrato dun ano, esta vez con Denver Nuggets.
O 13 de decembro de 2011 asinou un contrato cos New Jersey Nets.[2]
O 28 de agosto de 2012, asinou un contrato co campión da liga francesa, o Élan Chalon.[3][4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ boston.com Celtics, Shelden Williams agree to deal
- ↑ "Nets sign free agent foward Shelden Williams". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de decembro de 2011.
- ↑ "ELAN CHALON inks big man Williams". Euroleague. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2012.
- ↑ "Shelden Williams Signs With Elan Chalon". realgm.com. Consultado o 29 de agosto de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha en NBA.com de Shelden Williams (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 06 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1983
- Nados en Oklahoma
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks
- Pivotes de baloncesto
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos New Jersey Nets
- Xogadores do Élan Chalon