Thabo Sefolosha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thabo Sefolosha
Posición Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 2 de maio de 1984 (39 anos)
Suíza Vevey
Nacionalidade Suíza Suíza
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2006 / Rolda: 1 / Elección: 13
Por Philadelphia 76ers
Carreira 2001–2020
Historial de equipos
Vevey Riviera Basket (2001–2002)
Élan Chalon (2002–2005)
Angelico Biella (2005–2006)
Chicago Bulls (2006–2009)
Oklahoma City Thunder (2009–2014)
Fenerbahçe (2011)
Atlanta Hawks (2014–2017)
Utah Jazz (2017–2019)
Houston Rockets (2019–2020)

Thabo Patrick Sefolosha, nado o 2 de maio de 1984 en Vevey, é un ex xogador suízo de baloncesto profesional que pasou a meirande parte da súa traxectoria coma xogador na National Basketball Association (NBA). En 2006 converteuse no primeiro xogador suízo en xogar na NBA.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

NBA[editar | editar a fonte]

Sefolosha foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2006 polos Philadelphia 76ers, e foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio de Rodney Carney.[1]

O 19 de febreiro de 2009, Sefolosha foi traspasado ós Oklahoma City Thunder a cambio dunha elección da primeira rolda do Draft de 2009.[2] Na tempada 2009-10, foi escollido no segundo mellor equipo defensivo da NBA.

En outubro de 2011, durante o lockout da NBA, Sefolosha asinou co Fenerbahçe SK turco, pero tan só para partidos da Euroliga. O acordo co Fenerbahçe permitía ao xogador volver ós Thunder unha vez rematase o lockout.[3] Durante a Euroliga 2011-12 disputou sete partidos co equipo turco. Ó remate desa mesma tempada, Sefolosha e os Thunder disputaron as Finais da NBA, onde perderon contra os Miami Heat.

O 15 de xullo de 2014, Sefolosha foi traspasado xunto os dereitos de Giorgos Printezis ós Atlanta Hawks, a cambio dos dereitos de Sofoklis Schortsanitis.[4]

O 18 de xullo de 2017, Sefolosha acordou cos Utah Jazz un contrato por varios anos.[5]

O 23 de setembro de 2019, Sefolosha asinou un contrato dun ano cos Houston Rockets.[6]

O 31 de marzo de 2021, Sefolosha anunciou a súa retirada coma xogador profesional.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ESPN article on the 2006 NBA Draft
  2. "Thunder Acquires Thabo Sefolosha". NBA.com. 19 de febreiro de 2009. Consultado o 9 de marzo de 2013. 
  3. "Thabo Sefolosha signs With a Turkish Club". Boston.com. 12 de outubro de 2011. Consultado o 9 de marzo de 2013. 
  4. "Hawks Acquire Thabo Sefolosha in Sign-And-Trade Transaction". Atlanta Hawks. Consultado o 8 de abril de 2015. 
  5. "Jazz Sign Thabo Sefolosha". NBA.com. 18 de xullo de 2017. Consultado o 18 de xullo de 2017. 
  6. "Rockets Sign Free Agent Thabo Sefolosha". NBA.com. 23 de setembro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  7. "Thabo Sefolosha retires after 14 NBA seasons". supersport.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2021. Consultado o 2021-05-03. 
  8. "Report: Former Bull Thabo Sefolosha retires". RSN. Consultado o 2021-05-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]