Sasha Vujačić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sasha Vujačić
SashaVujacic 20060409.jpg
Los Angeles Clippers – No. 18
Escolta
Información persoal
Nacemento 8 de marzo de 1984 (30 anos)
Flag of Styria (state).svg Maribor, Estiria
Nacionalidade Flag of Slovenia.svg Eslovenia
Altura 2,01 m (6 ft 1 in)
Peso 93 kg (210 lb)
Información da carreira
Pre-draft club Snaidero Udine
NBA Draft 2004 / Rolda: 1 / Elección: 27

Escollido por Los Angeles Lakers

Carreira dende 2004
Historial de equipos
Snaidero Udine (2001–2004)
Los Angeles Lakers (2004–2010)
New Jersey Nets (2010-2011)
Anadolu Efes S.K. (2011-2013)
Los Angeles Clippers (2014-presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2009, 2010)
Información en nba.com

Aleksandar "Saša" Vujačić (en cirílico: Александар »Саша« Вујачић) é un xogador de baloncesto esloveno que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA). Naceu o 8 de marzo de 1984 en Maribor, Eslovenia. Mide 2,01 metros, e xoga de base e escolta. O seu pai é adestrador de baloncesto de Serbia Vaso Vujačić.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

A súa carreira profesional comezou moi pronto, cando só tiña 16 anos, idade coa que fichou polo Snaidero Udine, da Lega italiana. Alí xogou até 2004.

En xullo de 2011, asinou un contrato dun ano con opción a un máis co Anadolu Efes S.K. de Turquía.[1][2]

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido no Draft da NBA de 2004 no posto 27 por Los Angeles Lakers, onde na actualidade completa a súa cuarta tempada. Ao longo destes anos, xogando dende o banco, tivo unha media de 9,9 puntos e 1,3 asistencias en apenas 15 minutos por partido que xoga. Na actualidade pasou a xogar de escolta onde pode explotar o seu gran lanzamento de longa distancia. O 25 de xullo de 2008 renovou o seu contrato cos Lakers por 15 millóns de dólares en tres anos. Despois de asinar ese contrato por tres anos cos Lakers, a súa achega e os seus números descenderon.

O 15 de decembro de 2010, Vujačić foi traspasado aos New Jersey Nets nun traspaso entre tres equipos, os Nets, os Lakers e os Houston Rockets. Nos Nets, Vujačić encontrouse co seu antigo compañeiro nos Lakers, Jordan Farmar.[3] Ao levar Ben Uzoh o dorsal 18, Vujačić cambiou o seu número polo 20.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]