Kurt Rambis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kurt Rambis
Posición Ala-pivote
Dorsal 31, 30, 18
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 97 kg (213 lb)
Nacemento 25 de febreiro de 1958 (66 anos)
Estado de Indiana Terre Haute, Indiana
Carreira
Universidade Santa Clara
NBA Draft 1980 / Rolda: 3 / Elección: 58
Por New York Knicks
Tempadas 19801995
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     4 603 (5,2 pp)
Rebotes     4 961 (5,6 pp)
Asistencias     931 (1,1 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Como xogador:
Como adestrador asistente:
Adestrador

Darrell Kurt Rambis, nado o 25 de febreiro de 1958 en Terre Haute, Indiana, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense que xogou para Los Angeles Lakers, Charlotte Hornets, Phoenix Suns e Sacramento Kings na National Basketball Association (NBA) así como no A.E.K. Atenas da Liga Grega. Actualmente, tras ser adestrador principal dos Lakers e dos Minnesota Timberwolves, traballa como adestrador asistente nos New York Knicks. Destacan no seu palmarés os seus catro aneis de campión da NBA conseguidos durante nove temporadas cos Lakers do Showtime, e os seus dous aneis como adestrador asistente, tamén cos Lakers, en 2002 e 2009. Era facilmente recoñecíbel polos lentes de pasta negra cos que xogaba por problemas de visión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Rambis xogou nos Broncos da Universidade de Santa Clara, onde aínda permanece a plusmarca de ser o máximo anotador histórico do equipo con 1.725 puntos.

Profesional[editar | editar a fonte]

Entrou no Draft da NBA de 1980, onde foi elixido polos New York Knicks nunha posición moi baixa, o posto 12 da terceira rolda (58º total). No equipo neoiorquino foi cortado xa na pretemporada. Tivo que facer as maletas e desprazarse a Europa, concretamente á liga grega, onde fichou polo AEK Atenas. Alí gañou, no seu único ano, a Copa. Durante esa tempada chegou a asinar un contrato de dez días cos Knicks, sen chegar a debutar.

Volveu aos Estados Unidos na seguinte temporada seguinte e tivo a gran sorte de fihar polos Lakers do Showtime, onde coincidiría con xente como Magic Johnson, Kareem Abdul-Jabbar ou James Worthy entre outros. Alí onde destacou pola súa ruda defensa e o seu gran poder de intimidación, sendo habitual velo en pelexas con xogadores rivais. Os seus duelos co celtic Kevin McHale foron moi destacados. A súa escasa achega ofensiva suplíaa co seu carisma dentro do grupo, no cal se integrou á perfección, e colaborou a que gañasen os aneis de campión dos anos 1982, 1985, 1987 e 1988. Aos poucos A.C. Green foille quitando minutos, polo que cando terminou contrato non lle ofreceron a renovación.

Fichou como axente libre na tempada 1988-89 cos Charlotte Hornets. Alí volveu gozar de minutos de xogo, promediando na súa primeira campaña 11,1 puntos e 9,4 rebotes, o máximo da súa carreira profesional. Con todo, a mediados da seguinte tempada foi traspasado a Phoenix Suns, onde a súa achega ao equipo foi aos poucos decaendo. Pasou por Sacramento Kings antes de regresar de novo ao equipo que lle deu a fama, os Lakers, xa no ocaso da súa carreira. Retirouse en 1995, aos 36 anos, tras 14 tempadas, despois de facer unha media 5,2 puntos e 5,6 rebotes por partido.

Equipos[editar | editar a fonte]

Adestrador[editar | editar a fonte]

En 1999 chegou a ser o adestrador principal do seu equipo de sempre, os Lakers, aínda que tan só durante media tempada. Na fase regular gañou 24 partidos e perdeu 13, cunha porcentaxe de vitorias do 64,9%, e con 3 de 8 partidos gañados en Play-offs. Pasou a ser asistente nos Lakers, posto que xa ocupara entre 1994 e 1999, e na tempada 2009-10 fíxose cargo do banco dos Minnesota Timberwolves, posto que ocupou dúas tempadas para volver aos Angeles como asistente. En 2014 fichou como asistente de Derek Fisher nos New York Knicks.[1]

Equipos[editar | editar a fonte]

Logros[editar | editar a fonte]

  • Catro veces Campión da NBA como xogador (1982, 1985, 1987–1988).
  • Dúas veces Campión da NBA como adestrador asistente (2002, 2009).
  • Xogador do ano da West Coast Conference da NCAA (1980).
  • Número 34 retirado pola Universidade de Santa Clara.
  • Campión da Copa de Grecia (1981).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Roche, Jorge (7 de xullo de 2014). NBA Maniacs, ed. "Los New York Knicks oficializan la llegada de Kurt Rambis" (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]