Metta World Peace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metta World Peace
Ron Artest 2011.jpg
Axente libre
Aleiro
Información persoal
Nacemento 6 de novembro de 1979 (35 anos)
Flag of New York.svg Queensbridge, NY
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso 118 kg (260 lb)
Información da carreira
Instituto La Salle Academy
Universidade St. John's University
NBA Draft 1999 / Rolda: 1 / Elección: 16

Por Chicago Bulls

Carreira dende 1999
Historial de equipos
Chicago Bulls (1999–2002)
Indiana Pacers (2002–2006)
Sacramento Kings (2006–2008)
Houston Rockets (2008–2009)
Los Angeles Lakers (2009–2013)
New York Knicks (2013–2014)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2010)
1× Mellor defensor da NBA (2004)
NBA All-Star (2004)
Información en nba.com

Metta World Peace, nado o 13 de novembro de 1979 como Ronald William Artest, Jr., en Queensbridge, Nova York, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente é axente libre. Mide 2,01 metros e pesa 118 kg, a súa posición natural é a de aleiro, aínda que tamén pode xogar de escolta. Leva nas súas costas o número 37.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Seleccionado por Chicago Bulls na 16ª posición da primeira rolda no Draft de 1999 procedente de St. John's, onde xogou até o 2001, cando foi traspasado aos Indiana Pacers, e posteriormente, no 2006, foi traspasado a Sacramento Kings. O 14 de agosto de 2008 foi traspasado xunto con Sean Singletary e Patrick Ewing, Jr. a Houston Rockets, a cambio de Donté Greene, Bobby Jackson, unha futura rolda do draft de 2009. O 2 de xullo de 2009 alcanzou un acordo para xogar con Los Angeles Lakers. É un xogador conflitivo, pois chegou a agredir ao público nunha pelexa entre varios xogadores. Yao Ming declarou que "espera que non se tire a pegar a ninguén na bancada".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]