JaVale McGee
![]() | |
Cleveland Cavaliers – No. 6 | |
Pivote | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1988 (33 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
Peso oficial | 114 kg (252 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Detroit Country Day Providence Christian Hales Franciscan |
Universidade | Nevada (2006-2008) |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 18 |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
Washington Wizards (2008−2012) Denver Nuggets (2012−2015) Philadelphia 76ers (2015) Dallas Mavericks (2015−2016) Golden State Warriors (2016−2018) Los Angeles Lakers (2018−2020) Cleveland Cavaliers (2020−presente) |
JaVale Lindy McGee, nado en Flint (Míchigan) o 19 de xaneiro de 1988, é un xogador estadounidense de baloncesto que actualmente xoga para os Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA). No Draft da NBA do 2008 foi seleccionado no posto 18 da primeira rolda polos Washington Wizards.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Instituto e universidade[editar | editar a fonte]
McGee asistiu a dúas escolas universitarias en Míchigan: Detroit Country Day e Providence Christian, antes de ser trasladado á Hales Franciscan High School en Chicago.[1] O adestrador da Universidade Hales Franciscan de Nevada, Gary London, dicía que a posición natural ideal de McGee na Universidade foi ala, e que incluso podería chegar a xogar nesa posición.[1] Despois da súa campaña como sophomore, ou "estudante de segundo ano", na cal realizou un total de 14,3 puntos e 7,3 rebotes, un 53% en tiros de campo e un 33% en tiros de tres, McGee decidiu presentarse ao Draft do 2008.[2]
Profesional[editar | editar a fonte]
Despois de ser seleccionado no Draft do 2008 polos Wizards, asinou un contrato co equipo de Washington o 9 de xullo nese mesmo ano de 2,4 millóns de dólares estadounidenses por dous anos.[3] O 9 de xaneiro de 2010, os Wizards multaron a McGee con 10.000 dólares estadounidenses por participar nas tolerías de Gilbert Arenas antes dun partido o 5 de xaneiro de 2012 contra os Philadelphia 76ers; sucedeu no vestiario dos Wizards, cando Arenas xogaba a apuntar cos dedos aos seus compañeiros coma se estes foran armas. Os implicados foron fotografados sorrindo e rindo xunto con Arenas.[4]
O 6 de xaneiro de 2011, McGee foi seleccionado para participar no concurso de mates ou Slam Dunk Contest, sendo o primeiro Wizard en participar no concurso.[5] Quedou en segundo lugar, por debaixo de Blake Griffin. JaVale foi o primeiro xogador en conseguir aparecer no Libro Guinness dos Records grazas ao mate que fixo con tres balóns nunha mesma canastra. O terceiro balón foi pasado polo seu ex-compañeiro de equipo John Wall.
O 15 de marzo de 2012, McGee foi traspasado xunto a Ronny Turiaf ós Denver Nuggets nun acordo que mandou a Nenê ós Wizards.[6]
O 19 de febreiro de 2015, McGee foi traspasado xunto ós dereitos de Chukwudiebere Maduabum e unha elección da primeira rolda do Draft de 2015 ós Philadelphia 76ers, a cambio dos dereitos de Cenk Akyol.[7] Tras xogar en seis partidos con Philadelphia, foi cortado o 1 de marzo de 2015.[8]
O 13 de agosto de 2015, McGee asinou cos Dallas Mavericks.[9] Tras perderse os primeiros 13 partidos da tempada debido a unha lesión, debutou cos Mavs o 22 de novembro de 2015 contra os Oklahoma City Thunder.[10] O 8 de xullo de 2016, McGee foi cortado polos Mavericks.[11]
O 16 de setembro de 2016, McGee asinou cos Golden State Warriors,[12] cos que conseguiu o seu primeiro campionato da NBA, despois da vitoria por 4-1 nas Finais da NBA contra os Cleveland Cavaliers. O 1 de agosto de 2017, McGee renovou o seu contrato cos Warriors unha tempada máis.[13] En xuño de 2018, gañou a NBA por segunda vez consecutiva despois de que Golden State gañase por 4-0 ós Cavaliers. McGee xogou de titular nos tres últimos partidos das Finais, acadando 8.0 puntos por encontro en toda a serie.[14]
O 10 de xullo de 2018, McGee asinou cos Los Angeles Lakers.[15] Cos Lakers conseguiu o seu terceiro campionato da NBA na tempada 2019-20, despois da vitoria por 4-2 nas Finais fronte os Miami Heat.
O 23 de novembro de 2020, McGee foi traspasado ós Cleveland Cavaliers a cambio de Alfonzo McKinnie e Jordan Bell.[16]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Nevada lands recruit McGee, son of former WNBA star (en inglés)
- ↑ 'Big Secret' out at Nevada; McGee declares for draft (en inglés)
- ↑ Rookie McGee signs contract with Wizards (en inglés)
- ↑ The Washington Wizards have fined four players for participating in Arenas' antics (en inglés)
- ↑ Griffin, Ibaka, Jennings and McGee set for Sprite Slam Dunk Arquivado 10 de novembro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Wizards trade JaVale McGee and Nick Young
- ↑ "Sixers Acquire Two First-round Picks, A 2015 Second-round Pick, Isaiah Canaan, And JaVale McGee". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
- ↑ Sixers Waive JaVale McGee
- ↑ "Mavericks sign center Javale Mcgee". mavs.com. 13 de agosto de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2015.
- ↑ "Westbrook helps Thunder snap Mavericks' 6-game win streak". NBA.com. 22 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2015.
- ↑ "Mavericks waive JaVale McGee". InsideHoops.com. 8 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2016. Consultado o 8 de xullo de 2016.
- ↑ Letourneau, Connor (14 de setembro de 2016). "Warriors sign four players ahead of training camp". SFGate.com. Consultado o 14 de setembro de 2016.
- ↑ "Warriors Re-Sign Center JaVale McGee". NBA.com. 1 de agosto de 2017. Consultado o 1 de agosto de 2017.
- ↑ "JaVale McGee 2017–18 Game Log". Basketball-Reference.com. Consultado o 9 de xuño de 2018.
- ↑ "Lakers Sign JaVale McGee". NBA.com. 10 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Lakers Acquire Jordan Bell and Alfonzo McKinnie". NBA.com. Consultado o 23 de novembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1988
- Nados no condado de Genesee, Míchigan
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Washington Wizards
- Xogadores dos Washington Wizards
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers