Draymond Green
Golden State Warriors – No. 23 | |
Posición | Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 4 de marzo de 1990 (34 anos) Saginaw, Míchigan |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 104 kg (230 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Saginaw HS |
Universidade | Michigan State (2008−2012) |
NBA Draft | 2012 / Rolda: 2 / Elección: 35 Por Golden State Warriors |
Carreira | dende 2012 |
Historial de equipos | |
Golden State Warriors (2012-presente) | |
Premios e galardóns | |
3× Campión NBA (2015, 2017, 2018) 1× 1º Equipo Defensivo da NBA (2015) |
Draymond Jamal Green, nado o 4 de marzo de 1990 en Saginaw, Míchigan, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Golden State Warriors (2012-presente)[editar | editar a fonte]
Tempada 2012-2013[editar | editar a fonte]
Green foi seleccionado na 35ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Golden State Warriors, e asinou con eles un contrato de tres anos e 2.6 millóns de dólares. No primeiro partido da tempada, o 31 de outubro contra os Phoenix Suns, Green xogou un minuto, capturando un rebote defensivo e facendo unha falta.[1] Co paso dos partidos, foi aumentando o número de minutos de xogo, especialmente coas lesións de Brandon Rush e Richard Jefferson.[2] Green anotou o primeiro punto da súa carreira profesional ó anotar un tiro libre contra os Los Angeles Lakers, na derrota de Golden State por 101-77, o 9 de novembro de 2012.
Tras xogar uns poucos minutos ó comezo da tempada, a mediados de novembro Green tivo preto de 17 minutos por partido en 5 encontros.[3] O 12 de decembro de 2012, Green anotou a bandexa gañadora a 0.9 segundos do remate do partido na vitoria dos Warriors por 97-95 contra os campións da tempada anterior Miami Heat.[4][5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Draymond Green game log, 2012-2013". ESPN. Consultado o 1 de xaneiro de 2013.
- ↑ Simmons, Rusty (10 de decembro de 2012). "Warriors' Green makes big contribution". San Francisco Chronicle. Consultado o 1 de xaneiro de 2013.
- ↑ Thompson, Marcus II (23 de novembro de 2012). "Warriors rookie Draymond Green earning more minutes". The Oakland Tribune. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 23 de xaneiro de 2013.
- ↑ Associated Press. "Draymond Green's layup with 0.9 seconds left lifts Warriors past Heat". ESPN. Consultado o 12 de decembro de 2012.
- ↑ NBA (12 de decembro de 2012). "Draymond Green Helps the Warriors Sink the Heat". Youtube. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Nados en 1990
- Nados no condado de Saginaw, Míchigan
- Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos en baloncesto
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016