Dion Waiters
![]() | |
Axente libre | |
Posición | Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 10 de decembro de 1991 (31 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Life Center Academy (Burlington, Nova Jersey) |
Universidade | Syracuse (2010–2012) |
NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 4 Por Cleveland Cavaliers |
Carreira | dende 2012 |
Historial de equipos | |
Cleveland Cavaliers (2012–2015) Oklahoma City Thunder (2015–2016) Miami Heat (2016–2020) Los Angeles Lakers (2020) | |
Premios e galardóns | |
Campión da NBA (2020) 1º Equipo de Rookies NBA (2013) |
Dion Waiters, nado o 10 de decembro de 1991 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador americano de baloncesto profesional.
Instituto[editar | editar a fonte]
Waiters matriculouse no Bartram High School, pero trasladouse ó sur no seu primeiro ano. Non xogou ó baloncesto en ningún dos dous institutos. No seu segundo ano de instituto, Waiters foi ao South Kent School, onde si que xogou ó baloncesto na Life Center Academy. Tras o seu derradeiro ano de instituto, Waiters foi clasificado coma o 15º mellor xogador segundo ESPNU, e coma o 29º en Rivals.com.
Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]
Na súa primeira tempada en Syracuse, Waiters fixo 6.6 puntos, 1.5 asistencias e 1.6 rebotes por partido.[1] Na derrota en segunda rolda contra Marquette no Torneo da NCAA, Waiters anotou 18 puntos, con 8 de 10 tiros de campo anotados.[2]
Na tempada coma sophomore, Waiters aumentou os seus números ata 12.6 puntos, 2.5 asistencias e 2.3 rebotes por partido.[1] Ademais foi incluído coma mención especial no equipo All-American Associated Press da tempada 2011-12.[3]
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 28 de xuño de 2012, Waiters foi elixido na 4ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Cleveland Cavaliers. Na súa tempada coma rookie, foi elixido para xogar o Rising Stars Challenge do NBA All-Star Weekend de 2013 xunto ós seus compañeiros Kyrie Irving, Tristan Thompson e Tyler Zeller.[4] Waiters anotou 23 puntos saíndo dende o banco para o equipo de Shaquille O'Neal. Ó remate da súa primeira tempada, foi elixido na quinta posición na votación ó Rookie do Ano da NBA de 2013, con 21 puntos.
O 14 de febreiro de 2014, Waiters participou de novo no Rising Stars Challenge, onde fixo 31 puntos e 7 asistencias e foi candidato a gañar o premio ó mellor xogador do partido, pero finalmente gañouno Andre Drummond.
O 5 de xaneiro de 2015, Waiters foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre os Cavaliers, os Thunder e os New York Knicks.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Dion Waiters Stats". espn.go.com. Consultado o 19 de xuño de 2012.
- ↑ "Dion Waiters profile". syracuseathletics.com. Consultado o 19 de xuño de 2012.
- ↑ "Lamb named AP Honorable Mention All-America". uconnhuskies.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2012. Consultado o 19 de xuño de 2012.
- ↑ "NBA Rising Stars Challenge 2013 rosters: Get ready to run like mad, Team Shaq".
- ↑ "Thunder Acquires Dion Waiters". Consultado o 5 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Biografía en Syracuse Orange (en inglés)
- Nados en 1991
- Nados en Filadelfia, Pensilvania
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos Oklahoma City Thunder
- Xogadores dos Miami Heat
- Xogadores dos Los Angeles Lakers