Frank Vogel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frank Vogel
Frank Vogel at NBA Cares charity event February 14 2014 cropped.jpg
Indiana Pacers
Adestrador
Información persoal
Nacemento 21 de xuño de 1973 (42 anos)
Nova York Waterford, Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Información da carreira
Instituto Wildwood (Nova Jersey)
Universidade Juniata (1991–1994)
Kentucky (1995–1996)
Historial de equipos
Indiana Pacers (2011–presente)
Premios e galardóns
Adestrador do All-Star (2014)

Frank Vogel, nado o 21 de xuño de 1973, é o adestrador principal dos Indiana Pacers da NBA.[1] Vogel fixo anteriormente de ollador para os Los Angeles Lakers e os Washington Wizards. Vogel ademais foi adestrador asistente dos Philadelphia 76ers e dos Boston Celtics.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vogal comezou a súa carreira coma coordinador de vídeo dos Boston Celtics para o adestrador Rick Pitino. Estivo nese posto durante cinco anos ata que ascendeu a adestrador asistente.[1] Tras a súa etapa en Boston, convertiuse en adestrador asistente dos Philadelphia 76ers. Vogel deixou os 76ers para ser ollador dos Los Angeles Lakers na tempada 2005-06 e dos Washington Wizards na tempada 2006-07. Despois, Vogel fíxose co posto de asistente nos Indiana Pacers, con Jim O'Brien de adestrador. En 2011, tras ser despedido O'Brien, Vogel foi nomeado adestrador provisional.[2] Coma adestrador, Vogel liderou aos Pacers á súa primeira participación en playoffs dende o ano 2006. Vogel foi nomeado oficialmente adestrador principal dos Pacers o 6 de xullo de 2011.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 «Frank Vogel». NBA. Consultado o 31 January 2011. 
  2. «Pacers relieve O'Brien of coaching duties». NBA.com. 30 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2011.