Brook Lopez
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 1 de abril de 1988 North Hollywood, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | Universidade Stanford San Joaquin Memorial High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 213 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 118 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 11 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Convocado por | Brooklyn Nets | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2019 | Campionato do Mundo de Baloncesto de 2019 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Irmáns | Robin Lopez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Brook Robert Lopez, nado no barrio de North Hollywood, nos Ánxeles, o 1 de abril de 1988, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). Mide 2,13 metros e xoga na posición de pivote.
É irmán xemelgo de Robin Lopez, elixido polos Phoenix Suns no mesmo draft. Ambos os dous son fillos dun emigrante cubano, Heriberto Lopez, e da estadounidense Deborah Ledford, que foi olímpica en natación.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Xogou durante dúas tempadas xunto co seu irmán cos Cardinals da Universidade de Stanford. Na súa primeira tempada fixo 12,6 puntos, 6,0 rebotes e 1,7 tapóns, o que lle valeu para ser incluído no mellor quinteto de novatos da Pacific Ten Conference. Na súa segunda tempada liderou ao seu equipo en puntos (19,3 por partido), e rebotes (8,2), sendo o terceiro da liga en tapóns (2,1). En marzo de 2008, tanto el coma o seu irmán anunciaron a súa intención de presentarse ao Draft da NBA.[2] No total da súa traxectoria universitaria fixo 16,0 puntos e 7,1 rebotes por partido.[3]
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido na décima posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos New Jersey Nets, equipo polo que asinou contrato por dúas tempadas, con opción a outras dúas, por 1,7 e 1,8 millóns de dólares respetivamente as dúas primeiras campañas.[4] Na súa primeira campaña na liga disputou o Rookie Challenge e foi incluído no mellor quinteto de rookies da liga tras facer 13 puntos, 8.1 rebotes e 1.9 tapóns, xogando os 82 partidos de liga regular. Rematou terceiro na votación do Rookie do ano da NBA.
O 22 de xuño de 2017, Lopez foi traspasado ós Los Angeles Lakers xunto os dereitos de Kyle Kuzma, a cambio de D'Angelo Russell e Timofey Mozgov.[5]
O 17 de xullo de 2018, Lopez asinou cos Milwaukee Bucks.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Brook Lopez Porspect Profile". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2009. Consultado o 09 de outubro de 2009.
- ↑ "Brook Lopez, Robin Lopez Announce Intent To Enter 2008 NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2008. Consultado o 09 de outubro de 2009.
- ↑ Ficha de Brook Lopez en TDR
- ↑ "Nets sign first-round draft picks Brook Lopez and Ryan Anderson". Arquivado dende o orixinal o 31/10/2008. Consultado o 09/10/2009.
- ↑ "Brooklyn Nets acquire D’Angelo Russell and Timofey Mozgov from L.A. Lakers". NBA.com. 22 de xuño de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2017.
- ↑ "Milwaukee Bucks Sign Brook Lopez". NBA.com. 17 de xullo de 2018. Consultado o 17 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 15 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)