George Hill (baloncestista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «George Jesse Hill»)
Para outros artigos de persoas chamadas George Hill, véxase a páxina de homónimos George Hill
George Hill
Axente libre
Posición Base
Información persoal
Nacemento 4 de maio de 1986 (37 anos)
Indianapolis, Indiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 85 kg (188 lb)
Información da carreira
Instituto Broad Ripple (Indianapolis, Indiana)
Universidade IUPUI (2004–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 26
Por San Antonio Spurs
Carreira dende 2008
Historial de equipos
San Antonio Spurs (2008–2011)
Indiana Pacers (2011–2016)
Utah Jazz (2016–2017)
Sacramento Kings (2017–2018)
Cleveland Cavaliers (2018)
Milwaukee Bucks (2018–2020)
Oklahoma City Thunder (2020–2021)
Philadelphia 76ers (2021)
Milwaukee Bucks (2021–2023)
Indiana Pacers (2023)

George Jesse Hill, Jr., nado o 4 de maio de 1986 en Indianápolis, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional.

NBA[editar | editar a fonte]

2008-09[editar | editar a fonte]

Hill foi escollido na 26ª posición do Draft da NBA de 2008. Fixo o seu debut o 4 de novembro de 2008 contra os Dallas Mavericks, no terceiro partido da tempada regular. Xogou 15 minutos, onde anotou 11 puntos, con 1 roubo de balón e 1 asistencia.[1] Rematou a súa tempada coma rookie con 5.7 puntos, 2.1 rebotes e 1.8 asistencias por partido.

2009-10[editar | editar a fonte]

Hill mellorou o seu rendemento na súa segunda tempada na liga. O seu número de minutos incrementou de 16.5 a 29 minutos de xogo por partido, xogando 43 de titular, a maioría debidos á lesión de Tony Parker. O 1 de abril de 2010, Hill conseguiu 30 puntos, a mellor marca da súa carreira en anotación, xunto con 5 roubos e 7 asistencias na vitoria sobre os Houston Rockets.[2] Rematou a tempada empatado con Kevin Durant e Marc Gasol na segunda praza do xogador máis mellorado da NBA. Os tres conseguiron 101 puntos.[3]

Nos playoffs de 2010, Hill xogou unha gran serie contra os Dallas Mavericks na primeira rolda. Comezou mal no primeiro partido, con 0 puntos en 17 minutos de xogo, tras volver dunha lesión de nocello. Mellorou nos seguintes partidos, con 7 e 17 puntos no segundo e terceiro partido respectivamente. No 4º partido, Hill liderou aos Spurs á vitoria, nunha noite moi frouxa de Parker, Ginóbili e Duncan, que anotaron 9 de 34 tiros entre os tres. Hill anotou 29 puntos, a súa mellor marca en playoffs, con 11 de 16 tiros de campo, e 5 de 6 triplas.[4] Hill acadou 22.3 puntos nas series, axudando aos Spurs a gañar a serie en seis partidos.

2010-11[editar | editar a fonte]

O 28 de marzo de 2011, Hill igualou a súa mellor marca de anotación, 30 puntos, na vitoria por 114-119 na casa dos Houston Rockets.

2011-12[editar | editar a fonte]

O 24 de xuño de 2011, na noite do Draft da NBA de 2011, Hill foi traspasado aos Indiana Pacers, a cambio da 15ª elección (Kawhi Leonard), a 42ª elección (Davis Bertans) e a 45ª elección do Draft de 2005, Erazem Lorbek.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. NBA Mavericks at Spurs Boxscore Arquivado 05 de novembro de 2012 en Wayback Machine., NBA.com, 4 de novembro de 2008.
  2. McDonald, Jeff "Hill leads Spurs past Rockets" MySA.com, 1 de abril de 2010.
  3. Duncan, Chris "Rockets G Brooks NBA's most improved player" Arquivado 26 de abril de 2010 en Wayback Machine. Yahoo! Sports, 22 de abril de 2010
  4. "Spurs vs. Mavs, Game 4 boxscore"[Ligazón morta] Yahoo! Sports

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]