Eric Gordon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eric Gordon
Phoenix Suns – No. 23
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 25 de decembro de 1988 (35 anos)
Indianápolis, Indiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Información da carreira
Instituto North Central (Indianapolis, Indiana)
Universidade Indiana (2007–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 7
Por Los Angeles Clippers
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Los Angeles Clippers (2008–2011)
New Orleans Hornets / Pelicans (2011–2016)
Houston Rockets (2016–2023)
Los Angeles Clippers (2023)
Phoenix Suns (2023–presente)
Premios e galardóns

Eric Ambrose Gordon Jr., nado o 25 de decembro de 1988 en Indianápolis, Indiana, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Gordon foi seleccionado na 7ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Los Angeles Clippers. Ó remate da súa tempada coma rookie, Gordon foi incluído no segundo mellor equipo de rookies da tempada, e rematou en quinta posición na votación para o Rookie do Ano da NBA.

O 14 de decembro de 2011, os Clippers traspasaron a Gordon, Chris Kaman, Al-Farouq Aminu e unha elección da primeira rolda do Draft de 2012 ós New Orleans Hornets, a cambio de Chris Paul e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.[1] O 11 de xullo de 2012, Gordon asinou unha oferta dos Phoenix Suns por catro anos e 58 millóns de dólares.[2] O 14 de xullo de 2012, os Hornets decidiron igualar a oferta e Gordon quedou en Nova Orleáns.[3]

O 9 de xullo de 2016, Gordon asinou cos Houston Rockets.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hornets acquire Gordon, Aminu, Kaman and first round pick". NBA.com. 14 de decembro de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2011. 
  2. "Suns Sign Gordon to Offer Sheet, Trade Nash". NBA.com. 11 de xullo de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2012. 
  3. "Hornets match offer for Eric Gordon". NBA.com. 14 de xullo de 2012. Consultado o 14 de xullo de 2012. 
  4. "Rockets Sign Free Agents Ryan Anderson and Eric Gordon". NBA.com. 9 de xullo de 2016. Consultado o 9 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]