Matt Barnes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matt Barnes
Posición Ala
Información persoal
Nacemento 9 de marzo de 1980 (44 anos)
Santa Clara, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 103 kg (226 lb)
Información da carreira
Instituto Del Campo (Fair Oaks, California)
Universidade UCLA (1998–2002)
NBA Draft 2002 / Rolda: 2 / Elección: 46
Por Memphis Grizzlies
Carreira 2002–2017
Historial de equipos
Fayetteville Patriots (2002–03) NBDL
Los Angeles Clippers (2004)
Sacramento Kings (2004–2005)
New York Knicks (2005)
Philadelphia 76ers (2005–2006)
Golden State Warriors (2006–2008)
Phoenix Suns (2008–2009)
Orlando Magic (2009–2010)
Los Angeles Lakers (2010–2012)
Los Angeles Clippers (2012–2015)
Memphis Grizzlies (2015–2016)
Sacramento Kings (2016–2017)
Golden State Warriors (2017)

Matt Kelly Barnes, nado o 9 de marzo de 1980 en Santa Clara, California é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou 14 tempadas na National Basketball Association (NBA). Mide 2,01 metros e xogaba na posición de ala.

Carreira[editar | editar a fonte]

Instituto e universidade[editar | editar a fonte]

Barnes asistiu ao Instituto Do Campo en Fair Oaks, California, onde xogou ao baloncesto e ao fútbol americano, sendo neste último deporte All-American. Tras deixar o instituto, xogou catro anos en UCLA, facendo 13,5 puntos e 6,2 rebotes por partido na súa última campaña.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

En Phoenix.

Foi seleccionado por Memphis Grizzlies en segunda rolda do Draft de 2002. Xogou en Los Angeles Clippers, Sacramento Kings, New York Knicks e Philadelphia 76ers, cunha media de 4,1 puntos por encontro. Foi traspasado dos Kings aos 76ers a metade de tempada 2004-05 no intercambio que mandaba a Chris Webber a Filadelfia. Ao pouco tempo foi cortado e fichou polos Knicks, equipo que tamén lle cortou tras xogar soamente seis partidos. Finalizou a tempada xogando novamente nos 76ers.

En outubro de 2006, Barnes asinou con Golden State Warriors. O 26 de decembro de 2006, anotou 7 triplos nun partido, marca da franquía. Meses máis tarde, Jason Richardson rompeu devandita marca, anotando unha canastra de tres máis. Despois de ser case desprezado por moitos equipos da NBA, Barnes fíxose un sitio na liga facendo 9,8 puntos, 4,6 rebotes e un 36,6% en triplas na tempada 2006-07, ademais de axudar ao equipo a entrar en playoffs. Barnes, antigo xogador de fútbol americano no instituto, chegou a dicir que se os Warriors non lle ficharan, probaría na NFL.

O 20 de xullo de 2008 fichou por Phoenix Suns e o 23 de xullo de 2009 asinou cun contrato de dous anos con Orlando Magic.[1] Con todo non cumpriu o contrato e o 23 de xullo de 2010 asinou cos Los Angeles Lakers.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Magic Sign Matt Barnes". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2012. Consultado o 13 de abril de 2010. 
  2. "Veteran Barnes signs with Lakers". ESPN. 23 de xullo de 2010. Consultado o 5 de agosto de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]