Brandon Rush

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brandon Rush
Axente libre
Posición Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 7 de xullo de 1985 (38 anos)
Kansas City, Missouri
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Información da carreira
Instituto Westport
(Kansas City)
Mount Zion Christian Academy
(Durham)
Universidade Kansas (2005–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 13
Por Portland Trail Blazers
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Indiana Pacers (2008–2011)
Golden State Warriors (2011–2013)
Utah Jazz (2013–2014)
Golden State Warriors (2014–2016)
Minnesota Timberwolves (2016–2017)
Larisa (2019–2021)
Premios e galardóns
Campión NBA (2015)

Brandon Leray Rush, nado o 7 de xullo de 1985 en Kansas City, Missouri é un xogador americano de baloncesto profesional.

NBA[editar | editar a fonte]

Rush foi seleccionado na 13ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Portland Trail Blazers. Foi traspasado aos Indiana Pacers xunto a Jarrett Jack e Josh McRoberts, a cambio de Jerryd Bayless e Ike Diogu.

O 19 de decembro de 2011, foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio de Louis Amundson.[1]

O 10 de xullo de 2013, os Warriors mandaron a Rush, xunto a Richard Jefferson, Andris Biedriņš e varias eleccións do Draft, ós Utah Jazz nun traspaso entre tres equipos que levou a Andre Iguodala e a Kevin Murphy a Golden State.[2]

O 22 de xullo de 2014, Rush asinou un contrato de dous anos cos Golden State Warriors.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Warriors Acquire Guard Brandon Rush From Indiana". NBA.com. 2011-12-19. Consultado o 2011-12-19. 
  2. "Warriors Acquire Andre Iguodala from Denver Nuggets as Part of Three-Team Trade". NBA. Consultado o 10 de xullo de 2013. 
  3. Warriors Sign Free Agent Brandon Rush to Contract
  4. "Rush signs two-year deal with Warriors". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 09 de decembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]