Markieff Morris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Markieff Morris
Markieff Morris 2017.jpg
Miami Heat – No. 8
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 2 de setembro de 1989 (32 anos)
Pensilvania Filadelfia, Pensilvania
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
Instituto Prep Charter
(Philadelphia, Pennsylvania)
APEX Academy
(Pennsauken, New Jersey)
Universidade Kansas (2008–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 1 / Elección: 13

Por Phoenix Suns

Carreira dende 2011
Historial de equipos
Phoenix Suns (2011–2016)
Washington Wizards (2016–2019)
Oklahoma City Thunder (2019)
Detroit Pistons (2019–2020)
Los Angeles Lakers (2020–2021)
Miami Heat (2021–presente)

Markieff Morris, nado o 2 de setembro de 1989 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga para os Miami Heat da National Basketball Association (NBA). Antes de ser profesional xogou na Universidade para os Kansas Jayhawks.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2011, Morris foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Phoenix Suns.[1] O 29 de setembro de 2014, Morris e os Suns asinaron unha extensión do seu contrato.[2]

O 18 de febreiro de 2016, Morris foi traspasado ós Washington Wizards a cambio de DeJuan Blair, Kris Humphries e unha elección da primeira rolda do Draft de 2016.[3]

O 7 de febreiro de 2019, Morris foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós New Orleans Pelicans, a cambio de Wesley Johnson.[4] Ó día seguinte foi cortado polos Pelicans.[5]

O 20 de febreiro de 2019, Morris asinou cos Oklahoma City Thunder.[6]

O 6 de xullo de 2019, Morris asinou cos Detroit Pistons.[7] O 21 de febreiro de 2020, Morris e os Pistons chegaron a un acordo para a rescisión do seu contrato.[8]

O 23 de febreiro de 2020, Morris asinou cos Los Angeles Lakers.[9] Na tempada 2019-20, Morris conseguiu cos Lakers o seu primeiro anel de campión da NBA, despois da vitoria por 4-1 nas Finais da NBA contra os Miami Heat.

O 6 de agosto de 2021, Morris asinou cos Miami Heat.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Devine, Dan (23 de xuño de 2011). "Twins Markieff and Marcus Morris go back-to-back in NBA draft". Sports.Yahoo.com. Consultado o 20 de febreiro de 2016. 
  2. "Suns Sign Marcus and Markieff Morris to Extensions". NBA.com. 29 de setembro de 2014. Consultado o 25 de decembro de 2015. 
  3. "Wizards acquire Markieff Morris". MonumentalNetwork.com. 18 de febreiro de 2016. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 
  4. "Wizards acquire Johnson from Pelicans". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  5. "Pelicans waive Markieff Morris". NBA.com. 8 de febreiro de 2019. Consultado o 8 de febreiro de 2019. 
  6. "Thunder Signs Markieff Morris". NBA.com. 20 de febreiro de 2019. Consultado o 20 de febreiro de 2019. 
  7. "Detroit Pistons Sign Free Agent Markieff Morris". NBA.com. 6 de xullo de 2019. 
  8. "Detroit Pistons and Markieff Morris Reach Buyout Agreement". NBA.com. 21 de febreiro de 2020. Consultado o 22 de febreiro de 2020. 
  9. "Lakers Sign Markieff Morris". NBA.com. 23 de febreiro de 2020. Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  10. "Heat signs Markieff Morris". NBA.com. 6 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]