Ante Tomić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ante Tomić
Joventut Badalona  – No. 88
Información persoal
Nacemento 17 de febreiro de 1987 (37 anos)
Iugoslavia Dubrovnik, Iugoslavia
Nacionalidade Croacia Croacia
Altura 2,18 m (7 ft 1.5 in)
Peso oficial 119 kg (262 lb)
Posición Pivote
Liga Liga ACB
Información da carreira
Carreira 2004−presente
Historial de equipos
Zagreb (2004–2009)
Real Madrid (2009–2012)
FC Barcelona (2012–2020)
Joventut Badalona (2020–presente)

Ante Tomić, nado o 17 de febreiro de 1987 en Dubrovnik, RFS Iugoslavia, é un xogador croata de baloncesto profesional que xoga no Joventut Badalona da Liga ACB. Mide 2.18 metros[1] e xoga na posición de pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tomić comezou a xogar ó baloncesto na súa cidade natal, Dubrovnik, e no ano 2004 asinou co KK Zagreb. Alí gañou a copa croata en 2008, e foi elixido mellor xogador da Liga Adriática en 2009. En 2008, foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA polos Utah Jazz, pero o seu futuro estaba lonxe da NBA.

En xaneiro de 2010, Tomić fichou por tres tempadas polo Real Madrid. Na súa primeira tempada en Madrid, o croata xogou en 16 partidos da tempada regular Liga ACB, nos que acadou 8 puntos e 5.4 rebotes por encontro. Nos playoffs fixo 9.5 puntos e 5.9 rebotes en oito partidos. Na tempada seguinte, Tomić foi incluído no mellor quinteto da liga, tras facer 10 puntos e 4 rebotes por encontro. Na tempada 2011-12, conseguiu a súa primeira Copa do Rei, despois de que o Real Madrid derrotara na final ó FC Barcelona. Ó remate da tempada, o Real Madrid decidiu non renovar o contrato de Tomić.

O 5 de xullo de 2012, Tomić asinou un contrato de tres tempadas co FC Barcelona, con opción a un máis. Na súa primeira tempada foi incluído no mellor equipo da Euroliga,[2] e no mellor equipo da ACB.[3] En 2014 foi elixido de novo no mellor quinteto da Euroliga.[4]

O 27 de abril de 2015, asinou un novo contrato de tres anos co Barcelona.[5] En maio de 2015 foi incluído no segundo mellor quinteto da Euroliga, tras facer 11.5 puntos, 7.1 rebotes e 2.3 asistencias en 28 partidos.[6]

O 19 de xullo de 2020, Tomic asinou un contrato de dúas tempadas máis unha opcional co Joventut Badalona da Liga ACB.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]