Saltar ao contido

Robin Lopez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobin Lopez

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de abril de 1988 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
North Hollywood Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford
San Joaquin Memorial High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura213 cm Editar o valor en Wikidata
Peso116 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto
baloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Número deportivo8 Editar o valor en Wikidata
Convocado porPhoenix Suns Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
– New Orleans Pelicans
– Chicago Bulls
– Milwaukee Bucks
– Portland Trail Blazers
– Phoenix Suns
– New York Knicks
2006–2008 Stanford Cardinal men's basketball
Familia
IrmánsBrook Lopez Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm6438049 Twitter: rolopez42 Editar o valor en Wikidata

Robin Byron Lopez, nado o 1 de abril de 1988 no barrio de North Hollywood da cidade dos Ánxeles (California), é un xogador de baloncesto estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). Mide 2,13 metros, e xoga na posición de pivote. É irmán xemelgo de Brook Lopez, elixido polos New Jersey Nets no mesmo draft, e actual xogador dos Brooklyn Nets. Ambos os dous son fillos dun emigrante cubano, Heriberto Lopez, e da estadounidense Deborah Ledford, que foi olímpica en natación.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Xogou durante dúas tempadas xunto co seu irmán nos "Cardinals" da Universidade de Stanford. Na súa primeira tempada fixo 7,5 puntos, 5,5 rebotes e 2,2 tapóns, liderando a Pacific Ten Conference nese apartado. Xunto co seu irmán, puxeron máis tapóns nunha tempada que 7 equipos da súa mesma conferencia.[2] Na súa segunda tempada fixo 10,2 puntos, 5,7 rebotes e 2,3 tapóns (2º da Pac-10). Foi elixido no mellor quinteto defensivo da súa conferencia.

En marzo de 2008, tanto el coma o seu irmán anunciaron a súa intención de presentarse ao Draft da NBA.[3] No total da súa traxectoria universitaria fixo 8,9 puntos e 5,6 rebotes por partido.[4]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Ano Idade P MIN PTS REB ASIS PER A/P ROUB TAP FP %TC %TL %3P
2006-2007 18 31 24.0 7.5 5.5 0.9 1.5 0.63 0.2 2.4 2.3 .480 .545 0.00
2007-2008 19 36 24.5 10.2 5.7 0.6 1.8 0.33 0.5 2.3 2.6 .534 .652 1.000

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido na 15ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos Phoenix Suns, equipo polo que asinou contrato en xullo de 2008.[5]

O 27 de xullo de 2012, os New Orleans Hornets adquiriron a Lopez dos Suns mediante un sign-and-trade.[6]

O 10 de xullo de 2013, New Orleans traspasou a Lopez ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre tres equipos que tamén incluía ós Sacramento Kings.[7]

O 9 de xullo de 2015, Lopez asinou cos New York Knicks.[8]

O 22 de xuño de 2016, Lopez foi traspasado xunto a José Manuel Calderón e Jerian Grant ós Chicago Bulls, a cambio de Derrick Rose, Justin Holiday e unha elección da segunda rolda do Draft de 2017.[9]

O 12 de xullo de 2019, Lopez asinou cos Milwaukee Bucks.[10]

O 22 de novembro de 2020, Lopez asinou cos Washington Wizards.[11]

  1. ↑ "Brook Lopez Porspect Profile". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2009. Consultado o 15 de abril de 2010.
  2. ↑ "2006-07 Pac-10 Men's Basketball Wrap-Up". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 09 de outubro de 2009.
  3. ↑ "Brook Lopez, Robin Lopez Announce Intent To Enter 2008 NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2008. Consultado o 09 de outubro de 2009.
  4. ↑ Ficha de Brook Lopez en TDR
  5. ↑ Suns Sign Robin Lopez
  6. ↑ Hornets acquire Lopez and Warrick from Phoenix
  7. ↑ "TRADE BLAZERS ACQUIRE ROBIN LOPEZ FROM NEW ORLEANS". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 10 de xullo de 2013.
  8. ↑ "Knicks Acquire Four Free Agents: Afflalo, R. Lopez, Williams, O'Quinn". NBA.com. 9 de xullo de 2015. Consultado o 10 de xullo de 2015.
  9. ↑ "Bulls send Derrick Rose to New York in five-player deal". NBA.com. 22 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 01 de agosto de 2019.
  10. ↑ "Bucks Sign Robin Lopez and Wes Matthews". NBA.com. 12 de xullo de 2019. Consultado o 12 de xullo de 2019.
  11. ↑ Wizards sign Robin Lopez

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]