Darrell Arthur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Darrell Arthur
Darrell Arthur.jpg
Phoenix Suns – No. 00
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 25 de marzo de 1988 (31 anos)
Flag of Texas.svg Dallas, Texas
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 104 kg (230 lb)
Información da carreira
Universidade Kansas (2006–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 27

Por New Orleans Hornets

Carreira dende 2008
Historial de equipos
Memphis Grizzlies (2008–2013)
Denver Nuggets (2013–2018)
Phoenix Suns (2018–presente)
Información en nba.com

Darrell Antwonne Arthur, nado o 25 de marzo de 1988 en Dallas (Texas), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para oa Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).. Mide 2,06 metros de altura, e xoga na posición de ala-pivote. Foi campión da NCAA coa Universidade de Kansas en 2008. É curmán do aleiro Quinton Ross.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante dúas tempadas cos Jayhawks da Universidade de Kansas. Na súa primeira tempada, xogando ao carón do que sería primeira rolda do Draft da NBA de 2007 Julian Wright, fixo 9,8 puntos e 4,7 rebotes en 19,0 minutos de xogo, sendo ademais o líder do equipo en tapóns, conseguindo 1,5 por partido. Foi elixido no mellor quinteto freshman da Big 12 Conference.

Na súa segunda e derradeira tempada foi o segundo máximo anotador do equipo (12,8 puntos por partido) e o segundo máximo reboteador (6,3), rematando na cuarta posición da Big-12 en porcentaxe de tiros de campo (54,3%). Chegou co seu equipo á final da NCAA, na cal erixiuse coma líder dos Jayhawks ante a Universidade de Memphis, conseguindo 20 puntos e 10 rebotes, anotando 9 de 13 en tiros de campo.[2] Foi elixido no mellor quinteto da Big 12. Durante a súa traxectoria en Kansas levou na camiseta o número 00 (dobre 0), que non levara ninguén dende Greg Ostertag. No total da súa traxectoria coma universitario fixo 11,3 puntos e 5,5 rebotes por partido, cunha porcentaxe de tiro do 54,1%.[3]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi elixido para representar ao seu país coa selección dos Estados Unidos nos Campionatos do Mundo sub-19 celebrados en Novi Sad (Serbia), pero non puido xogar por unha rotura na súa perna esquerda.

Profesional[editar | editar a fonte]

Arthur foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 2008 por New Orleans Hornets, pero foi inmediatamente traspasado aos Portland Trail Blazers a cambio de diñeiro, os cales o traspasaron á súa vez aos Houston Rockets a cambio dos dereitos do francés Nicolas Batum, elixido no posto 25. Pouco despois, os Rockets o traspasaron de novo, desta vez aos Memphis Grizzlies a cambio de Donte' Greene, elixido no mesmo draft no posto 28.[4] O 8 de xullo dese mesmo ano asinou un contrato polos Grizzlies.[5]

O 27 de xuño de 2013, Arthur foi traspasado xunto a Joffrey Lauvergne ós Denver Nuggets a cambio de Kosta Koufos.[6]

O 13 de xullo de 2018, Arthur foi traspasado xunto a Kenneth Faried e dúas futuras eleccións do Draft ós Brooklyn Nets, a cambio de Isaiah Whitehead.[7] Sete días máis tarde foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio de Jared Dudley e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Darrell Arthur Prospect Profile". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2009. Consultado o 20 de setembro de 2009. 
  2. Kansas 75, (1) Memphis 68
  3. Ficha de Arthur en TDR
  4. Arthur's wild night: inaccurate rumors, a long wait, three trades
  5. Grizzlies sign first round draft picks O.J. Mayo and Darrell Arthur
  6. "Nuggets Acquire F Darrell Arthur From Memphis Grizzlies". NBA.com. 27 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2013. Consultado o 28 de xuño de 2013. 
  7. "Brooklyn Nets acquire Kenneth Faried, Darrell Arthur from Denver Nugget". NBA.com. 13 de xullo de 2018. Consultado o 13 de xullo de 2018. 
  8. "Brooklyn Nets Complete Trade With Phoenix Suns". NBA.com. 20 de xullo de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]