Marreese Speights

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marreese Speights
Marreese Speights, Marcin Gortat (16639608772) (cropped).jpg
Los Angeles Clippers – No. 5
Pivote / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 4 de agosto de 1987 (29 anos)
Flag of Florida.svg San Petersburgo, Florida
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 116 kg (255 lb)
Información da carreira
Instituto Gibbs (St. Petersburg, Florida)
Admiral Farragut Academy
(St. Petersburg, Florida)
Hargrave Military (Chatham, Virginia)
Universidade Florida (2006–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 16

Por Philadelphia 76ers

Carreira dende 2008
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2008–2012)
Memphis Grizzlies (2012–2013)
Cleveland Cavaliers (2013)
Golden State Warriors (2013–2016)
Los Angeles Clippers (2016–presente)
Premios e galardóns
Campión NBA (2015)
Información en nba.com

Marreese Akeem Speights, nado o 4 de agosto de 1987 en San Petersburgo, Florida, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Speights foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Philadelphia 76ers. Asinou cos Sixers o 18 de xullo de 2008.[1] Esa tempada foi a mellor para Speights nos 76ers, cun 50.2% de anotación en tiros de campo, xogando 79 partidos, un 20.5% en triplas, e un 77.3% dende a liña de tiros libres.

O 4 de xaneiro de 2012, Speights foi traspasados aos Memphis Grizzlies nun traspaso a tres bandas, que levou ademais a Xavier Henry aos New Orleans Hornets.[2] Os Grizzlies adquiriron a Speights para cubrir a baixa por lesión de Zach Randolph.[3]

O 22 de xaneiro de 2013, Speights foi traspasado ós Cleveland Cavaliers xunto a Wayne Ellington, Josh Selby e unha futura elección de primeira rolda do Draft a cambio de Jon Leuer.[4]

O 12 de xullo de 2013, Speights asinou cos Golden State Warriors.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]