J.R. Giddens
![]() | |
Asseco Prokom Gdyna – No. 4 | |
Escolta | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1985 (37 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | John Marshall, Oklahoma City |
Universidade | Kansas New Mexico |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 30
Por Boston Celtics |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
Boston Celtics (2008–2010) New York Knicks (2010) |
Justin Ray Giddens, nado o 13 de febreiro de 1985 en Oklahoma City, Oklahoma, máis coñecido coma J.R. Giddens, é un xogador de baloncesto estadounidense que dende a tempada 2010-11 pertence ao cadro de xogadores do Asseco Prokom Gdynia da Polska Liga Koszykówki (Polonia). Mide 1,96 metros de altura e xoga na posición de escolta.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
Tras a súa etapa de instituto, aceptou unha bolsa escolar para xogar cos Jayhawks da Universidade de Kansas. Na súa primeira tempada conseguiu unha media de 11,3 puntos e 3,6 rebotes, rematando na sexta posición da Big 12 Conference en porcentaxe de tiros de 3 puntos (40,7%). Foi elixido no mellor quinteto de novatos da conferencia.[1] Na súa segunda tempada os seus números non melloraron, promediando 10,8 puntos e 3,8 rebotes. Unha vez rematada a tempada, en maio de 2005, protagonizou un grave incidente ao verse involucrado nunha liorta nun bar e recibir unha coitelada na súa perna dereita, que requiriu 30 puntos de sutura.[2]
Tras ese incidente, foi transferido á Universidade de New Mexico. Tras pasar un ano en branco, debido á norma da NCAA que non permite xogar a un xogador traspasado durante unha tempada, regresou en 2006 cos Lobos, o seu novo equipo. No seu primeiro ano liderou á súa universidade en anotación (15,8 puntos por partido) e foi segundo en rebotes (6,5 por partido), anotando 20 puntos ou máis en 7 ocasións. O seu mellor partido da tempada disputouno ante Nevada-Las Vegas, onde, saíndo dende o banco, conseguiu 28 puntos e 8 rebotes.[3]
Xa na súa tempada sénior conseguiu unha media 16,3 puntos e 8,8 rebotes, sendo o mellor nesta faceta de toda a Mountain West Conference, sendo elixido co-mellor xogador da conferencia e recibindo unha mención honorífica do All-American. No total da súa traxectoria universitaria promediou 13,3 puntos e 5,7 rebotes por partido.[4]
Profesional[editar | editar a fonte]
Foi elixido na trixésima posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos Boston Celtics, cos que estivo traballando durante tres días no verán, recibindo eloxios por parte do adestrador Doc Rivers.[5] Coma non firmara o contrato aínda, declinou o participar nas Ligas de Verán por consello do seu axente.[6] Finalmente, o 14 de agosto asinou un contrato por dous anos garantidos con opción doutros dous.[7]
O 18 de febreiro de 2010 foi traspasado aos New York Knicks xunto con Bill Walker e Eddie House a cambio de Nate Robinson e Marcus Landry.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ NBA.com J.R. Giddens Prospect Profile Arquivado 02 de decembro de 2009 en Wayback Machine., consultado agosto de 2008
- ↑ usatoday.com Kansas transfer J.R. Giddens becomes team player at New Mexico, consultado agosto de 2008
- ↑ ESPN.com UNLV vs. New Mexico - Box Score - February 28, 2007, consultado agosto de 2008
- ↑ thedraftreview.com Ficha de Giddens en TDR, consultado agosto de 2008
- ↑ bostonherald.com For Celts, future is now. Giddens pick nice present for Doc, consultado agosto de 2008
- ↑ boston.com This year, Davis not one of the babies in camp, consultado agosto de 2008
- ↑ boston.com Giddens agrees to Celtics deal, consultado agosto de 2008