Steve Kerr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Steve Kerr
Posición Base
Dorsal 2, 4, 5, 25
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 79 kg (175 lb)
Nacemento 27 de setembro de 1965
(53 anos)
Líbano Beirut, Líbano
Carreira
Universidade Arizona
NBA Draft 1988 / Rolda: 2 / Elección: 50
Por Phoenix Suns
Tempadas 19882003
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     5 437 (6,0 pp)
Rebotes     1 060 (1,2 pp)
Roubos     1 658 (1,8 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Como xogador:
Como adestrador:
Adestrador

Stephen Douglas "Steve" Kerr, nado o 27 de setembro de 1965 en Beirut, Líbano, é un ex-xogador e adestrador profesional estadounidense de baloncesto, que actualmente é adestra aos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA). Como xogador, tras formarse na Universidade de Arizona, formou parte dos Phoenix Suns, Cleveland Cavaliers, Orlando Magic, Chicago Bulls, San Antonio Spurs e Portland Trail Blazers, conseguindo un total de cinco aneis de campión, tres cos Bulls e dous cos Spurs, nas súas quince temporadas como profesional. Kerr, xunto con Frank Saul, son os únicos xogadores da historia da NBA en gañar dous títulos de forma consecutiva con diferentes equipos. Actualmente é o xogador con mellor porcentaxe de acerto en lanzamentos de 3 da historia da NBA cun 45,4%. Como adestrador é o único da historia de competición en conseguir un balance de "30-5" no seu primeiro ano ao cargo, levándose ese mesmo ano ademais o anel de campión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Kerr comezou a súa carreira universitaria en 1984, na Universidade de Arizona. En 1986 foi incluído na selección de baloncesto dos Estados Unidos que participaría no Mundial de baloncesto de España, onde conseguiron levar a medalla de ouro tras derrotar á Unión Soviética nunha apertada final. Coa súa universidade conseguiu chegar á Final Four en 1988. Acabou os seus estudos cunhas medias de 11,2 puntos e 3,4 rebotes por partido.

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido no Draft de 1988 polos Phoenix Suns nunha posición moi baixa, a 25 da segunda rolda. Kerr foi un xogador de banco, que se converteu nun auténtico especialista nos lanzamentos de 3 puntos, aproveitando ao máximo os poucos minutos dos que dispuña con frecuencia na cancha. Só estivo unha tempada en Arizona, sendo traspasado ao ano seguinte a Cleveland, onde comezou a demostrar ao mundo as súas calidades como lanzador de longa distancia, roldando ou superando desde entón o 50% de acerto desde a liña de 3, algo que acadaron moi poucos xogadores en toda a historia da liga. Estivo en Ohio tres tempadas e media, terminando a última delas nas filas dos Orlando Magic. Ao ano seguinte, na tempada 1993-94, asinou polos Chicago Bulls, onde coincidiría con Michael Jordan, Scottie Pippen, Dennis Rodman ou Toni Kukoč. Con eles logrou 3 campionatos da NBA consecutivos.

Tras o campionato co equipo de Illinois, foi traspasado aos San Antonio Spurs onde, curiosamente, gañou un novo anel de campión na súa primeira tempada en terras texanas, converténdose no segundo xogador da historia en gañar dous aneis consecutivos en dous equipos diferentes. Tras tres tempadas foi traspasado a Portland Trail Blazers, onde só xogou unha tempada. Ao ano seguinte regresa de novo a San Antonio, no que foi o seu último ano como profesional, poñendo fin a súa carreira cun novo anel de campión. En 1997, gañou o concurso de tripla do All-Star Game.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Sen experiencia como asistente, sendo analista televisivo desde a súa retirada, os Golden State Warriors ofrécenlle o posto de "adestrador xefe", gañando a batalla a outros equipos interesados nel como eran os New York Knicks. O 3 de xaneiro, Steve Kerr convértese no primeiro adestrador "rookie" en lograr un balance de 30-5 no seu inicio en toda a historia da NBA. O seu éximo como adestrador no seu primeiro ano levouno a ser noameado adestrador do equipo da Conferencia Oeste do All-Star de 2015.

Logros[editar | editar a fonte]

  • Cinco veces Campión da NBA (1996–1999, 2003).
  • Unha vez Campión do Mundo (1986).
  • Unha vez Campión do Concurso de Triplas do All-Star (1997).
  • Unha vez campión do concurso Shooting Stars do All-Star (2008).
  • Dúas veces no primeiro equipo da Pac-10 da NCAA (1986, 1988).
  • Número 25 retirado pola Universidade de Arizona.
  • Unha vez adestrador do All-Star (2015).
  • Un dos únicos dous xogadores en gañar dous campionatos da NBA consecutivos en diferentes equipos.
  • Mellor porcentaxe de triplas en toda unha carreira da historia da NBA (con máis de 2000 lanzamentos) co 45,4%.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Steve Kerr e Robert Horry alternáronse gañando campionatos da NBA durante unha década, combinando 11 en 12 anos. Ben Kerr ou ben Horry formaban parte do cadro de xogadores do equipo gañador da liga entre as tempadas 1993-94 e 2002-03. Os equipos nos que xogou Kerr gañaron títulos en 1996, 1997, 1998, 1999 e 2003, mentres que os equipos de Horry fixérono en 1994, 1995, 2000, 2001, 2002 , 2005 e 2007. Cada un deles gañou 3 títulos xogando nun equipo dirixido por Phil Jackson (Lakers e Bulls), e cada un deles gañou campionatos en equipos de Texas (Spurs e Rockets).
  • Outro xogador ao que lle unen varias similitudeses é Rony Seikaly, os dous naceron no mesmo ano en Beirut, Líbano, representaron cando eran xogadores universitarios a Estados Unidos no mundial de España 1986 e tamén foron drafteados no mesmo ano (1988).
  • O pai de Steve, Malcolm Kerr, profesor universitario, morreu asasinado en Beirut, Líbano. Dous homes seguiron os seus pasos na Univesidad e un deles disparou de socato dúas balas que atravesaron a cabeza do pai de Steve. A única pegada do asasino era a traza que as balas deixaran na parede das escaleiras. Ao cabo dunhas horas unha chamada ao centro en nome de Hesbulá atribuíuse a autoría do atentado. Pero nunca sería descuberta a identidade do terrorista. Tan só a certeza de que un extremista pretendía así causar dano ao inimigo americano. Malcolm Kerr contaba entón con 52 anos. Steve, no momento da morte do seu pai contaba con 18 anos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]